retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

miércoles, 31 de diciembre de 2008

na práctica non


democracias: forma de goberno na que a soberanía pertence ó pobo, que elixe os seus representantes mediante eleccións libres. / estado organizado segundo esta forma de goberno (JA, JA, JA)





este mes non fun ó pleno (aclaro isto para que non se me acuse de acusadora sen probas -perdón por repetirme tanto, tanto, tanto-, para deixar claro que vou a falar en base a suposicións e opinións persoais), sen embargo, voume a atrever a dicir que o señor representante do partido socialista obrero español de Teo (e tendo en conta os asuntos levados a pleno, en particular unha 'moción por duplicado', e os resultados sinalados na prensa -esa grande inimiga-) se apropiou da palabra DEMOCRACIA unhas 15 veces (considerando que se tratou dun pleno de curta duración)

e eu pregúntome se non debera ser ilegal a perversa práctica sacerdotal de "haz lo que yo diga,y no lo que yo haga"


de tódolos xeitos, pouco importa que non poña en práctica esa democracia á que tanto recurre, porque democracia non é un bo sistema (agora veñen os comentarios de "estas tías son unas zorras comunistas" -sempre en plural, é que debo valer por dúas, por tres, por seis....-, "estas tías son unas rojas hijas de puta"..... etc. etc. etc.; ben, pois cando acabedes coa ringleira de delicadezas podedes seguir lendo se queredes)

a democracia, coma tódolos demais sistemas políticos, é un mal sistema. na práctica aínda ningún funcionou

proba delo (da democracia práctica) é a guerra de Irak, por exemplo, onde as urnas deron lexitimidade e onde a maioría foi tratada como minoría, é dicir, como aquilo que non se ten en conta

iso de "a soberanía pertence ó pobo" é mentira (falo de realidades, non de desexos). e proba delo en Teo é que a dereita pretende mandar cando o pobo votou na dirección contraria, ou alomenos, iso pensaba o pobo que votaba cando metía na caixiña "transparente" papeletas do bloque nacionalista galego de Teo e do partido socialista obrero español de Teo

{-de partido ten pouco, xa que un partido supón a participación de tódolos seus membros

-de socialista ten menos, porque a igualdade require, para empezar, os mesmos dereitos e as mesmas obrigas para todos; e a actitude dos últimos tempos da cabeza pensante deste grupo ó que me refiro deixa claro que o dereito a opinar só o ten el e a obriga á verdade, tódolos demais

-de obrero, nen a funda: para non mancharse, o mellor é non facer nada

-de Teo, ten o nome

-por sorte, para salva-lo nome, é moi español, moi monárquico (polo menos dende que deixou de ser 'antimonárquico declarado' para requerir a presencia sinalada do rei no cuarto dos plenos), e quizais moi románico tamén.... nada me sorprende xa....}


como dicía, en Teo a xente votou por un lado, pero nos plenos os concelleiros demostran ser na súa maioría do outro lado.... como é isto posible nunha democracia na que a "soberanía reside no pobo"?? a quen debo votar nas próximas eleccións se quero que goberne un grupo de esquerda?? á falange española??



seica volveu a haber ameazas de "moción de censura".... esto comeza a ser coma o conto de "pedroochosco" ou do "apalpabarrigas". en política, na miña opinión, fálase moito e faise moi pouco.

está moi ben que protesten porque o grupo de goberno decidira levar adiante o seu plan de proxectos para invertir os "cartos de Zapatero" (porque son de Zapatero, non?) e non permitir a votación de "a" proposta dos grupos maioritarios da oposición (digo "a" non referíndome a unha proposta singular por parte de cada un deses dous partidos, senón referíndome "á" única proposta, a mesma, presentada dúas veces, unha por parte de cada un deses partidos); está moi ben que protesten porque no concello de Teo se actúe dese xeito, e deberían extender a súa palabra cual discípulos del "señor" ós outros concellos, nos que resulta que o mesmo tema vai ser decidido polo goberno do mesmo xeito: sen levalo a pleno.... todos ilegais! todos ilegais! todos ó xulgado!

falar está moi ben, pero en política deberíase empezar a facer: eses dous partidos que duplican mocións, que "soñan cos mesmos proxectos para Teo", deberían face-la moción esa dunha vez e deixarse de contos de nenos, deberían facer o que xa fan, pero de xeito "oficial"..... ai, espera, agora teñen que agardar a que pase marzo....



temos que aguantar que nos vendan a legalidade dos bombardeos; temos que aguantar que o rei nos chame bestas coa escusa de que hai que tirar do carro; temos que aguantar que os nosos votos sexan interpretados, e non lidos; temos que aguantar abstencións ante a violencia; temos que calar e obedecer para ser considerados boas persoas e bos cidadáns: como carallo imos ter un feliz ano novo?