retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

sábado, 21 de junio de 2008

sabedoría popular

esquirol: crebafolgas

crebafolgas: persoa que traballa cando hai folga ou substitúe a outra persoa en folga

sectario: que se organiza ou procede ó xeito dunha secta. / que segue cegamente unha crenza, ideoloxía, etc., xeralmente minoritarias.


din por aí que a xente que emprega moitos refrans é inculta, porque recurre a frases do pobo chá para expresar significados que unha persoa culta pode expoñer empregando recursos máis sofisticados. recurrir con frecuencia ó refraneiro popular ven a ser coma exercitar a "política de bares".... iso é: falar a xente vulgar de temas para os que só están capacitados uns poucos....


pero mira, 'ande yo caliente, ríase la gente', así que eu voume a arriscar a seguir no bando do vulgo, nesta aventura de lembrar os grandes momentos do último pleno do concello de Teo.... e para que non se me tache de nacionalista empregarei nos "meus" refrans tanto o galego coma o español ( é que non fun a unha galescola , e desenvólvome igual de mal nun idioma que no outro.... teño que dicir -non sei en favor de quen- que non fun tampouco a ningún outro tipo de gardería.... 'a buen entendedor....' ).


como non podía ser doutro xeito, teño que comezar coa gran entrada do señor Parajó no pleno: " esta parte do tridente" .... se os plenos foran televisados, diría que pretendía aparecer nalgún zapping.... e se os plenos foran radiados, o grupo socialista de Teo non se tería que "ver na obriga" de facer público o que alí acontece (palabras doutros concelleiros, non miñas).... ou máis ben, non se tería que ver obrigado a publicar o seu punto de vista sobre o que alí acontece (intencións, que non palabras consolidadas, doutro concelleiro, e tamén miñas).... ou quizais o farían de tódolos xeitos.... xa se sabe que unha opinión nada ten que ver NUNCA cun dato meramente informativo....

chamoume a atención o comentario do 'tridente', que se non me trabuco fai referencia a unha 'ferramenta-arma' e a 'tres partes', (cadaquen que saque as súas conclusións), cando ó remate do pleno dúas das partes dese 'tridente' case reprenderon á terceira parte.... non entendín moi ben o 'xogo' .... deberase a unha especie de truco para despistar, e facer coma que non se levan entre si, e alonxar das mentes perversas coma a miña aquilo da moción da censura, ou será que realmente hai feridas abertas entre as tres puntas do tridente, quizais porque unha se sente soa ('o que chega tarde, nen oe misa nen come carne') e as outras dúas non se dan aclarado sobre que vale máis, se a cantidade ou a calidade??? (4 concelleiros valen máis que 6 concelleiros á hora de reclamar alcaldía en caso de moción de censura??) porque din que 'a unión fai a forza', pero tamén se di moito iso de 'amiguiño si, pero o porquiño polo que vale....'
o caso é , que a gaceta do psoe de Teo semella non ter pasado inadvertida.... pero iso é normal.... ningunha ensinanza deste grupo pasa inadvertida.... é máis, todas elas teñen como resultado unha mellora do mundo mundial, e 'para proba un botón': é a eles, e só a eles, que lle debemos agradecer que a capacidade de diálogo (si, lestes ben, o psoe impartindo clases de 'diálogo', non de 'monólogo') do grupo municipal aumentara.... porque só gracias a que eles veñen botando abaixo punto por punto o grupo municipal se ve na obriga de volver levar a pleno unha e outra vez os mesmos puntos (e polo tanto, a seguir falando sobre eles).

nesta ocasión foron dous puntos: garderías e pabillóns....

sobre as garderías.... como se lle pode facer entender ó vulgo que os raparigos de 0 a 3 anos son altamente influenciables en asuntos políticos?? claro, empézanselles a meter ideas nos miolos ós 3 anos e despois pasa o que pasa, que nos saen pequenos 'abertzales'.... falarlle en galego a un meniño ten un perigo espantoso.... despois pódenselle crear transtornos infantís, e vai ser despreciado polos compañeiros que falen en español, e seguramente terá menos posibilidades de conquerir un traballo que estes útimos.... a xente que vale non fala en galego, e se o fai, é en ocasións determinadas para quedar ben.... digo, para facerse entender por aqueles que 'non dan máis de si', e iso seino eu e sabémolo todos!!! é máis, vista a proxección internacional de China e a súa expansión económica polo mundo adiante, eu contrataría mestras de infantil licenciadas en filoloxía chinesa, para que os nosos meniños sexan xente de ben o día de mañá.... é moito, pero moitísimo máis preocupante o galego nas garderías que as chapas nas chaquetas dos mestres de adolescentes, eses seres tan pouco influenciables.... é máis que comprensible que os grupos da oposición se uniran aquí en prol do inglés, 'quien a buen árbol se arrima buena sombra le cobija', e o inglés ten ramas ben longas....

pero ben, mellor cambiemos de tema.... son moito máis produtivos os pabillóns.... o malo é que o grupo municipal segue na teima das taxas.... das ordenanzas.... e de onde se vai quitar xente para facer cumprir tanta ordenanza??

cando un vota en contra dun punto porque considera que está mal plantexado, e máis tarde lle volven traer ese punto correxido, o lóxico é que se absteña: volver votar en contra sería incoherente, xa que o punto se cambiou conforme ás esixencias; votar a favor sería incoherente, porque.... ben, o por que dá un pouco igual....

o importante é non ser incoherentes.... aínda que para algúns a prioridade reside máis ben niso de 'haz lo que yo diga, y no lo que yo haga' . por exemplo, non fales nas exposicións dos demais aínda que eu o faga; ou, non te levantes da mesa nas exposicións dos demais aínda que eu o faga.... esa é a vena rebelde dos socialistas de Teo, debe ser herdanza daquel espíritu do 68 ..... levantarse da mesa cando os demais falan, e, nin máis nin menos: "porque se eles o fan nós tamén" (!!!).... si señor, ese é un espíritu rebelde, o porque si, .... o espíritu que moverá ó mundo en prol da salvación humana, e non aquela outra manía de 'non porque os demais fagan o incorrecto o vou facer eu tamén'....

este dito poderíaselle aplicar a tantos aspectos.... porque non me digades que non vos resulta cando menos curioso que cada vez que algún membro do grupo do psoe de Teo solta iso de "mentireiro" (no seu defecto, algunha expresión que teña de fondo dito significado), ou "filla de puta", ou "esquirol".... sexa sempre de "buen rollito", e lle resulte extraño e ata insultante que aquela persoa á que dirixe tales calificativos se sinta agredida ou afectada.... cando eles son os máis sentidos e agraviados polas verbas dos demais....

pero volvemos 'ós temas'.... que me estou 'indo polas ramas'....

como era aquilo....? ah, si!! o asunto este de que non hai xente abondo para controlar que se cumpran as normas establecidas para o uso dos pabillóns, e que xa está ben de tanta ordenanza.... a única ordenanza realmente necesaria é unha que faga referencia á 'convivencia cidadá', que ademais, non creo que requira de moitos efectivos para poñela en práctica, e xa a teñen en moitísimos concellos de toda España (se non me credes, preguntádelle ó señor Jano Leis, que axiña tira de hemeroteca).... eu penso que esa ordenanza debería comenzar por un 'os teenses son iguais ante a Lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social', e seguir por un 'a bandeira española está formada por tres franxas horizontais, vermello, amarelo e vermello....'.... a que me quedou ben?? eu non sei como non se lle ocorreu a ninguén antes que a min cousa semellante.... deberíamos crear unha ordenanza chea de valores e fotocopiala, e exportala incluso.... ben, a Getafe non, que creo que xa teñen unha, e se eles a teñen debe ser porque hai que tela.... e se mañá ós de Getafe lles dá por tirarse ó Manzanares.... fixo que é o correcto e nós teremos que facer o correspondente nos nosos ríos (por sorte o que máis preto me colle a min é o das Pontes.....).

hai outros sitios cos que non sei se deberíamos compartir as nosas ordenanzas.... porque en Cataluña, por exemplo, son guais, que xa fixeron unha para Barna, pero tamén son un pouco chungos porque nas súas escolas falan catalán, e seguro que nas garderías tamén!!!

en fin, 'nunca chove a gusto de todos'....

para organizar un bo listado de que concellos son merecedores de compartir a nosa sabedoría, poderíamos contratar a un investigador privado que recorra o mapa controlando ás xentes doutros lugares.... deberíamos falar co señor Jano Leis e que nos pase o número do que traballa para el, ese que lle investiga con quen se reúne ou se deixa de reunir o señor alcalde, con quen mantén encontros oficiais, oficiosos, informais, casuais ou planeados; con quen vai de cañas, con quen bromea e con quen fala en serio.... deberíamoslle estar agradecidos ó señor Jano Leis pola labor informativa que fai ó dicirlle en público ó señor alcalde que NON se reuniu con quen di terse reunido (e outras mentiras máis....)....'díxolle a pota ó caldeiro: aparta de aí que me tiznas'..... (ó mellor gústavos máis aqueloutro de 'cre o ladrón que son todos da súa condición').

bueno, mellor vou rematando, que 'lo bueno, si breve, dos veces bueno', e eu xa me parezo máis a Jano que a lo bueno.... só dicir que a mellor parte do pleno, incluso a máis productiva, foi a de "rogos e preguntas".... xa se sabe, 'o que non chora, non mama'....




por petición popular*:


adquirir: comprar [unha cousa], converterse en dono de [algo]./ chegar a ter [unha cousa]


atender: ocuparse de [algo ou alguén]. / atende-los enfermos. / escoitar e satisface-las demandas de [un cliente]. / satisfacer [unha demanda, unha petición, etc.]. / prestar atención [a algo ou alguén]. / ter en conta ou tomar en consideración.


se mal non lembro, había unha canción que dicía algo así como.... "intelectuais, onde estades mentras morre a xente do pobo??"

*se non estiveches no pleno pode ser que non entendas esta "petición popular"; para o próximo vas e xa non tes que ler gaceta ningunha


sábado, 14 de junio de 2008

manipular: "Realizar diversas operacións ou manobras de forma oculta para alterar ou falsear [unha cousa]. /Tratar [un asunto] da maneira que máis convén ós propios intereses, sen ter en conta os dereitos dos demais./ Facer [alguén] actuar [a unha persoa] da maneira que máis lle interesa a el. SIN. manexar, mangonear (fam.) "

cabeza: "Parte superior do corpo humano, separada do tronco polo pescozo, ou superior ou anterior dos animais, onde se atopan os principais centros nerviosos e os órganos dos sentidos. / Cada animal contado nun rabaño. / Mente. / Intelixencia./ Xuízo, tino. / Cousa ou persoa máis importante entre outras. / Líder, xefe. / Parte superior de algo. / Cabeza de allo.(....) "

citar: "Comunicar a [alguén] que acuda a unha reunión, xulgado, etc., en determinado lugar e hora./ Dicir ou escribir palabras de [outra persoa, dun texto, etc.] para apoiar ou ilustra-las dun mesmo. / Acordar encontrarse [dúas ou máis persoas] nun determinado sitio e hora. "

para explica-lo primeiro parragrafo desta entrada decidín informarme sobre o significado do que ía facer: citar. como non teño especial interese en encontrarme co señor Jano Leis, nen en comunicarlle cales son ou deixan de ser as súas vindeiras reunións, o que vou facer é "escribir palabras de outra persoa, (grupo no que se inclúe JAno Leis] para apoiar ou ilustrar" as miñas propias palabras........ velaquí a cita seleccionada: "en el despacho de Martiñi no hay ni bandera española ni retrato del Rey" (e dio -repítome tanto!- un declarado antimonárquico).

últimamente estou tendo algún que outro dilema con respecto ó meu xentilicio......... voume a empadroar noutro concello, porque neste non se celebra o "Día da Constitución", esa cousa intocable, invariable, que nen se destrúe nen se transforma........ porque neste non se celebra, así que os que mandan deben estar en contra do rei, e en contra de España, e en contra da paz mundial, e a min iso de que estén en contra do rei non che me gusta nadiña........

o mundo precisa de determinadas "figuras sociais" que nos eduquen no apaixonante negocio das diferencias......... porque o que está claro, por riba de todo, é que non todos somos iguais........ nen tódalas cousas se poden considerar "boas" ou "malas" de xeito absoluto, moi pola contra, as valoracións sobre os actos das persoas baseadas na bipolaridade do ben e do mal adoitan depender, máis que do acto en si mesmo, da persoa que o comete. deste xeito unha páxina web, por exemplo, non vai ser boa-mala en función da calidade do seu deseño, da súa claridade á hora de informar, da relación resultado/custo....., senón de quen sexa o que encarga dita páxina. é así como o acto de contratar á mesma empresa deseñadora da conflictiva páxina ten a peculiaridade de ser un 'un bo acto' se quen o realiza é o Psoe (lease concello de Ames) e un 'mal acto' se quen o realiza é o Bng (lease concello de Teo); sen dúbida, os diferentes grupos movíanse por intencións diferentes ó contratar á mesma empresa: uns pretendían invertir de xeito eficaz os seus cartos, e os outros, darlle traballiño e un grupo de ideoloxía afín á súa (por certo, unha ideoloxía próxima ó comunismo antimonárquico).

esta diferencia débese á nobreza que caracteriza ó primeiro dos grupos políticos, teñamos en conta que "Segue sendo o unico partido politico que non defraudou a ninguen e segue currando pola mellora de Teo e os teenses,ese patido e o PSOE e Jano Leis a cabeza ".... iso que quede ben claro: Jano Leis, a cabeza, e máis Jano Leis á cabeza.... dubido que haxa no mundo un obxeto-persoa-lugar que adopte tantas acepcións de entre todas as que lle son posibles.... porque Jano ten esa "parte superior do corpo humano onde se atopan os principais centros nerviosos", pero ademais, el mesmo é cabeza, líder, xefe, parte superior de algo, e non se pode dicir que lle falte intelixencia, ou xuízo (ben, ó mellor quédanlle unhas acepcións mellor que outras....), e é listo coma un allo (pero non coma un dente de allo, senón como a cabeza enteira).... Leis e a cabeza....

.... vin no blog de tamensomossocialistas un comentario que poñía algo así como: 'cando Leis lava a cabeza, lávaa a conciencia'....... eu máis ben escribiría: "cando Leis lava a cabeza, lava a conciencia" (e outra cousa non, pero limpiño vese); non creo que, de decatarse do mal que lle fai ó concello a súa conciencia tan desgastada, chegase a baixa-la cabeza e disculparse cambiando,como debería, de pés a cabeza, a súa actitude en canto a político.... e todo porque se lle subiu á cabeza iso de ser importante e poderoso, aspiraba a gobernar o mundo e ós 38.000 por cabeza, non ós 38.000 a repartir.... debe ser por esa frustración cos soldos e as promesas que non puido cumprir que agora prentende cuestiona-los soldos dos que si chegaron á alcaldía....

e de recortarse ditos soldos, a onde irían para-los excedentes? porque a unha gardería non, que os veciños non a queren.... que queren un campo de futbol, e se volvemos a empregar a lóxica, que queiran un campo de futbol implica de xeito obrigatorio que non queren unha gardería, posto que son dúas instalacións e dúas actividas (educación e deporte) completamente opostas e hostís entre elas; poderían ir para cultura, a ver se se poden empezar a contratar e convidar a artistas que representen a pluralidade ideolóxica dos teenses, non sei, con tanto excedente igual poderían vir Ana Belén e Victor Manuel a amenizar os 'bailoteos' e Concha Velasco a presentar á reina das festas do San Xoán, que está ó caer.... tamén se poderían convocar máis plenos adicionais para tentar chegar a acordos se no pleno de cada mes non se acadase solución para os asuntos máis urxentes, porque habería máis cartos a repartir entre os concelleiros todos, e cobrar dúas veces sempre sabe mellor que cobrar unha (aínda que haxa que cobrar dúas veces polo mesmo traballo).... invertir nunha continua campaña electoral chea de entrevistas nas radios e televisións....

hai tantas e tantas posibilidades de atoparlle utilidade a eses cartiños!!! e se non llas atoparan no concello, que me chamen a min, que lles dou algunha idea......

coma os políticos de Teo non muden as súas actitudes, alguén vai a rematar perdendo a cabeza.

nota: as partes en laranxa están cortadas e copiadas doutros blogs