retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

jueves, 30 de diciembre de 2010

caza de bruxas

como estamos en "datas sinaladas" en vez de comezar acudindo ó diccionario, nesta entrada prefiro empezar cun conto....

había unha vez unha aldea perdida entre montes de eucalipto e piñeiros na que habitaba, entre outros, un home que quería ser rei. de pequeno contáranlle tódolos contos do mundo para durmilo. como era de sono doado, casi sempre aparecía Morfeo antes de que, tan sequera, o príncipe soubera da existencia de princesa algunha; pero o narrador, por medo a que os personaxes non descansaran se deixaba a historia a medias, remataba tódalas noites o conto, de xeito que o home que quería ser rei, de neno, vía como os seus soños eran guiados por unha voz en off que o incitaba a pelexar con dragóns, escalar montes nos fríos invernos e acadar as torres máis altas dos castelos máis poderosos para, ó fin, sentarse no trono real como máximo mandatario.

foi así como naquel pequeno corpo se foron forxando as ansias de poder: a través dos contos que outros lle contaran.

chegada a idade adulta, pouco lle importou que a aldea na que vivía carecese de monarquía: el quería ser rei e había ser rei!

para acadar o seu soño houbo de rodearse dun pequeno exército que lle valera de escudo e de lanza á vez, e comezou a súa conquista sen sentir remorso cada vez que, para facerse cunha pequena parte da poboación, tiña que enganar, actuar cal déspota ou mentir.

houbo un tempo de paz no que, non vendo xeito de apropiarse de máis terreos, decidiu convencer ó pobo da existencia dunha raza enmeigada á que había que eliminar da aladea, e preparouse para comezar unha caza de bruxas valéndose do seu pequeno exército.... neste había homes e mulleres, estudiosos e traballadores, rapaces e vellos....

ó primeiro comezaron a caza de bruxas dende a escuridade, con pequenas tentativas de sabotaxe e inxurias sobre as vidas daquelas ás que etiquetaron como bruxas.... e foi unha das rapazas do exército a encargada de facer pública a caza....

-foi a rapaza que quería un piso e lle dixeron dende o partido no que militaba que o mercase, que ían gañar as eleccións e que tería un soldo para pagalo.... alomenos durante catro aniños
-a rapaza que por orde y mandato "doutro" denunciou e acudiu a xuízo

-a rapaza que se ten que conformar con desafogarse coas amizades dicíndolles o cansa que está do titiriteiro, e que cada vez o atura menos, ó tempo que debe seguir obedecendo as ordes das cordas

- a rapaza que non parece saber como funcionan os turnos de palabra nun pleno municipal a pesares de, ó fin, cobrar unha dedicación exclusiva das arcas municipais.......

primeiro foron cara a que traballa no concello (Portela A) -que seica está aí posta por Martiño...será que Martiño ten poderes retrospectivos-; despois foi a puta, zafia, lerda e neurótica que non lle bota mascarilla ó pelo, esta que vos escrebe (Portela B); tamén houbo para Portela (G, de García) e as dúbidas sobre a súa labor voluntaria en distintas asociacións do concello; e agora tócalle á Portela C , por traballar (nos tempos que corren eso está considerado un luxo pecañento)

resulta que se achegan as eleccións e hai que cuestionarse públicamente a labor feita polo goberno actual, para restarlle posibles votos no futuro. e se de paso se pode intentar desprestixar ás persoas que, pola súa banda, se cuestionan a labor do "sector politicucho opositor" , e a parte da súas familias, pois mellor....


algo nos cheirábamos que farían cando un día, coma quen non quere a cousa, case coma por accidente, o señor Jano Leis se presenta no concello e ve a miña irmá (a terceira bruxa) e a outra rapaza traballando no concello "codo a codo" con Carme Hermida.... Jano non visita tódolos días o concello, pero algún ou algunha das súas espías se encargaría e dicirlle que "había xente nova" para que, xusto no segundo día de traballo desa "xente nova" aparecese EL por alí.... e xusto ó terceiro día, chamada do sindicato para preguntar se as novas traballadoras cumprían coas condicións legais..., que ben que se preocupa polo benestar laboral dos que traballan para o concello!!!
non podía rematar aí.... tiñan que levar o tema a pleno.... pedindo explicacións dos actos celebrados polo departamento de cultura e deporte (e déronllas), pedindo facturas (que xa tiñan á súa disposición se querían velas onde teñen que ir a velas, pero queda máis bonito "facéndose ver" nun pleno), pedindo información sobre a formación da "xente que contrata o concello" (esto seguramente se deba á importancia que lle dá o señor Jano ó asunto dos títulos.... aínda que non se entende que os papeliños eses lle resulten tan imprescindibles e ó final se rodee de quen se rodea....)

pois o "persoal contratado polo concello" do que quixeron dar nome e apelido ten tamén os seus papeliños (esto é igual a "estudios rematados") e, ademais, máis anos de experiencia profesional no ámbito da producción musical e cultural (asunto polo que ese "persoal" foi contratado) dos anos de experiencia que ten a rapaza que cobra unha dedicación exclusiva do concello como "cobradora dunha dedicación exclusiva". en resumo: que fixo moito máis ese persoal laboral en moito menos tempo e cobrando moitísimo menos..... porque aparecen comentarios nos blogues e xornais sobre unha factura que presentou esta terceira bruxa por un importe de 3000 euros: VOLVEN A MENTIR. a cantidade exacta da factura (que non contrato, xa que a persoa que pasa a factura é unha autónoma que ofrece un servicio a unha entidade pública) era de 2718,45€ (menos o 15% de IRPF e máis o 18% de IVE, que veñen sendo 2800€ -con eses 200 que faltan para os 3000 eu, sendo atea, fago milagres-). poden os "comentaristas" comparar as grandes obras sociais realizadas polo mal chamado partido socialista de Teo coa súa dedicación exclusiva (léase: propaganda e contrapropaganda, xuízo procensura,.... a quen se lle ocorran máis ideas que as vaia soltando) cos servicios prestados con esta cantidade, que se corresponde a o soldo e os seguros de músicos (9 músicos en total) e producción completa (cea de músicos e técnicos, montaxe e preparación da carpa de cameríns, montaxe de escenario, desprazamentos, xestión e coordinación) de 3 concertos organizados nos Tilos....; a ver quen sae beneficiado na comparación servizos/prezo

no fondo penso que os case-3000 euros á rapaza e ó home pequeno que quería ser rei lles importan ben pouco...; o que seguramente lles preocupe será que dende o Concello de Teo se organice nos Tilos calquera acto (social, cultural, deportivo,...) que poidan precisar/disfrutar os veciños tilenses.... non vaia ser que lles quiten votos "no seu terreo"....

non teño ningunha dúbida de que a caza vai seguir. e ó tempo que saen escopeta en man intentarán facerse as víctimas lamentándose de todo aquilo do que os acusan (como non, dicindo que se trata sempre de mentiras) e crendo que son eles os perseguidos....

continuarán afirmando que "lle teño manía a Jano" e farán coma que non saben por que escribo sempre referíndome ó "partido socialista" de Teo.... xa expliquei unha vez que comecei a escribir nos blogues (e posteriormente creei o meu) en "defensa propia", tras enterarnos de que "as bruxas" estábamos sendo acusadas de crear un blogue e unha chea de comentarios noutros (e nalgún xornal dixital) dos que, daquela, nen sequera tiñamos coñecemento....

pero hai outro motivo para a miña crítica constante; e é un motivo moito máis poderoso que o anterior: nas últimas eleccións municipais, esta á que chaman nacionalista (a pesares de ter dito en varias ocasións que non promulgo con ningún partido político e que son completamente libre de votar ou non votar, e de, no primeiro caso, votar a quen queira), esta que escrebe, votou ó "partido socialista" de Teo, e se hai alguén con TODO o dereito a criticar as malas actuacións dun político (e este en concreto, nos últimos 4 anos, non ten unha acción política ás súas costas que poida ser considerada doutro xeito) son todas e cada unha das persoas que o votaron.

é por iso que repito que o partido socialista de Teo, co seu secretario local á cabeza, dá tanta pena coma o señor Armando Blanco falando (bébedo ou non) nun pleno municipal.

ata hai pouco lamentábame ó pensar que o meu voto foi inútil, ou máis ben, perxudicial para o concello de Teo. pero neste mundo estamos catro días e non vale a pena vivilos amargados.... así é que agora opto pola "versión optimista" dos meus pensamentos sobre aquela papeleta: e alégrame pensar que se daquela o señor Jano conseguiu 4 concelleiros contando cos votos de tanta e tanta xente que agora está na súa contra, nas vindeiras eleccións, sen o apoio de toda esta xente, e de xeito irremediable (a non ser que teña o poder de resucitar a mortos e/ou empadroar a miles de seareiros seus na súa casa) irá a menos. e esta idea xa fai, por si soa, augurar un "bo 2011" (alomenos nalgún aspecto)

[nota: admítense apostas sobre cantos concelleiros sacará cada grupo político nas propias eleccións.... e cantos quedarán do partido socialista? e quen? repetirá alguén? Sandra a cuasixeógrafa "hipotecada"? Carlos o portavoz sen palabras? Jano o "lisensiado"?.....]
é no seu victimismo esaxerado que o partido socialista intenta sacar rédito do que outros considerarían unha desgracia; dun feito que realmente perxudicou a demasiada xente.... como xa escribín comentando unha entrada doutro blogue, asociar "nacionalismo" a "bomba", a "terrorismo" ou a termos similares é propio de mentes moi limitadas. pero tampouco nos imos sorprender, porque xa o teñen feito máis veces (lembremos algunhas entradas do desaparecido blogue dos socialistas de Teo, no que aparecían fotografías moi explícitas -resulta curioso que no xuízo o señor Jano se fixera o ofendido-doído-afectado porque o tiveran asociado cos talibáns, cando eles mesmos fixeran esa comparación ó referirse ós que agora gobernan....-). pasan a vida ameazando con xuízos e culpando ós demais de acusacións falsas ó tempo que alegan públicamente, coma se non se tratara dun tema serio, que os do equipo de goberno son responsables da bomba posta na sede do seu partido!

este conto nen é de nenos nen ten fin.... aínda que agardo que alguén llo poña nos vindeiros meses; no tocante á moralexa.... digamos que abonda dicir que sacarlle rentabilidade política a un acto terrorista é tan pouco ético como cometer o acto terrorista

sábado, 4 de diciembre de 2010

ficcións que superan a realidade

vergonza: sentimento de quen fixo unha cousa que non debía ou de quen sofre unha humillación / sentimento de inferioridade e humillación que alguén sente ante outros e que lle impide desenvolverse con normalidade;rubor/ valoración da propia dignidade/ acción ou suceso que causa indignación, escándalo, etc./ aquilo que constitúe un motivo de humillación ou de deshonra para alguén


título: designación coa que se identifica unha obra (como un libro, un capítulo, unha conferencia ou calquera obra literaria ou artística) xeralmente describindo o seu contido/ nome dunha profesión, grao ou categoría que unha persoa pode desempeñar despois de ter realizados e superados os correspondentes estudios, así como o documento que acredita tal dereito/ tratamento de honra co que un rei distingue a unha persoa, o cal se transmite ós seus sucesivos herdeiros máis directos/ documento que acredita un dereito, en particular a posesión dun ben/ escritura/ a título de.loc. prep. en calidade de, a maneira de
mentira: aquilo que unha persoa presenta como verdadeiro sabendo que é falso
moral: que se refire ás regras de conducta e ós costumes que se consideran bos e que son admitidos e practicados por unha sociedade/ que é conforme a eses costumes e a esa maneira de comportarse/ conxunto de regras de conducta que se consideran boas nunha sociedade e que son seguidas por esta/ estado de ánimo para enfrontarse ás dificultades ou ós perigos


favor: servicio que se lle presta a alguén para axudalo/ apoio, protección ou preferencia que se lle concede a alguén/ de favor.loc. adx. como favor, que contén favor / en favor de. loc. prep. para favorecer ou beneficiar a, para proveito de



son consciente de que o señor Alejandro Leis Carlés, "Secretario General de la Agrupación Socialista de Teo, Catedrático de Enseñanza Secundaria de Lengua y Literatura Española en el Instituto de Enseñanza Secundaria de Teo, padre de Abogado del Banco Mundial en los EEUU y participante de la vida política, hijo de Corresponsal del Faro de Vigo, yerno de Catedrático de Universidad muy conocido en Santiago y en Galicia"... e a esta que escrebe, cónstalle que parente de outras persoas ás que non menta perante a xuíza... lerá este comentario (e quizais o fotocopie para ir acumulando). é por iso que me permito o luxo de presentar o significado dalgunhas palabras que empregou e/ou ás que fixo alusión na súa declaración ante a xuíza para axudarlle a entender o seu significado.... terame que perdoar o meu atrevemento, por ousarme a tentar ensinarlle algo sobre a lingua a un Catedrático de Lengua y Literatura....


os títulos nobiliarios deberíanse considerar xa anacrónicos; sen embargo, nesta sociedade aburguesada na que importa máis levar un abrigo de pelexos que ter pan na mesa, aínda buscamos a amizade (que non ser "amigos" e "amigas ") de don, de doña e de ilustrísimo, esperando que dita relación nos traia algún beneficio "de honra", de posición ou material. incluso xentes declaradas antimonárquicas, outros comunistas, outros anarquistas... adoitan presumir de ser amigos de, parentes de....
por outra banda están os títulos académicos. e todos e todas, pero de xeito especial alguén tan preparado coma un Catedrático, debería saber que o único para o que valen ditos títulos son para encher currículums e optar a determinados postos de traballo: nunca para ser máis, nen mellor, e dende logo neste sistema educativo, nunca para ter máis educación
mostra de que a educación e a cultura pouco teñen que ver coas titulacións é o feito de que un Catedrático de Lengua y Literatura non saiba estar nun lugar público do carácter dun xulgado (recostándose no banco coma se estivese tomando unhas copas no sofá dun pub), non poña en práctica o protocolo de respeto a quen fala(que como profesor-orador debería coñecer) e por ilo a xuíza lle teña que chamar a atención, ou non saiba distinguir a linguaxe axeitada para cada un deses dous lugares e solte participios partidos ó asegurar que os seus alumnos "le han comentao" a temática dos blogues de Teo....

por certo, se pretendía manter separadas a súa función política e a súa función como profesor, quizais non debera ter feito propaganda do seu partido no Instituto -portando, por exemplo, pins do Partido Socialista- nen falar da "política municipal" na aula como opositor do goberno

outras mostras da distancia que hai entre ser posuidor dun título académico e "ter educación" son todos os "puta", "zafia", "lerda" e demais glorias saídas de xentes que, a pesares de non ser analfabetas no tocante á lingua escrita nen a nivel tecnolóxico, mostran que os seus estudios pouca educación lles outorgaron... e que dicir dos verbos compostos no galego, ou das carencias no desenrolo psicolóxico reflexadas no recurrente recurso ó anonimato ou no disfraz da propia personalidade tras "voces de diferente nivel cultural" (do latín ó mercadillo en menos de 5 minutos)

para o que non fai falla ter un título é para dicir a verdade. ou pódese dicir doutro xeito: ser portador dun título non implica "per se" ser portador da verdade. e tamén dan probas desto no xuízo os demandantes de xeito continuado, tanto ó referirse ós asuntos do PXOM coma a algúns dos "acusados e parentes", asegurando que só os viron "dos o tres veces de manera tangencial"....

supoño que se no xulgado lles preguntaran por calquera outro membro do Partido Socialista Obrero Español (estas siglas son de risa) de Teo que estea en desacordo coa política do señor Aejandro Leis Carlés, Secretario General de la Agrupación Socialista de Teo, Catedrático de Enseñanza Secundaria de Lengua .... bla bla bla.... tamén dirían que os viron tanxencialmente, que non os viron en asamblea ningunha ou que non colaboraban activamente co partido. destes "socialistas desconformes" só saben soltar mentiras (pensei que só nos blogues, pero tamén nos xulgados), como están a facer agora, por exemplo, con meu pai (mira por onde! eu tamén son hija de!!!), .... será outra vez a impotencia?

supoño que a señora Sandra, diante dun xuíz ou xuíza que lle preguntara se me coñece respondería que non. se lle preguntara se algunha vez estivo na casa na que vivo diría que non. e se lle preguntaran algo sobre brochas, pegamento, carteis, campaña electoral, taboeiros.... diría que non

evidentemente, se todos e todas as "grupis" do señor Alejandro Leis Carlés, Secretario General de la Agrupación Socialista de Teo, Catedrático de Enseñanza.... bla bla bla... tiveran que declarar perante un xuíz ou unha xuíza e lles preguntaran se algunha vez escribiron nalgún blogue insultando e/ou calumniando a alguén da miña familia, ou a min mesma, dirían que non.....


e digo eu: para que unha persoa, Catedrática, filla da Correspondal, pai de Avogado, xenro de Catedráticos Superfamosísimos decide acudir a un xulgado se ten pensado mentir? para que vai se se pasa a xustiza por partes do corpo que non vou a nomear?

porque está claro que este personaxe non cre na xustiza (lembremos que este termo leva implícito o de equidade). no que cre é en que uns homes (non homes e mulleres: uns homes) teñen máis dereitos que outras persoas. que un ten máis dereito á honra por ser fillo de-pai de-casado con- que o resto das persoas. que un catedrático ten máis dereito á honra que un ou unha -por exemplo- auxiliar administrativa.... debe ser por iso que no xuízo se adica a relatar a ringleira de títulos académicos e honoríficos de parte da súa familia, supoñendo que a xuíza, "ó saber con quen falaba" se vería obrigada a darlle a razón e a posicionarse no seu favor....

favor....oh! que gran palabra! e que ben a coñecen os que buscan aliados a base de defender o indefendible, e os que se gañan ós votantes e ós confidentes a base de favores (=política de esquerdas).... o que non saben estas xentes "de esquerdas" é que os que se deixan mercar por eles carecen de determinados valores e que, polo tanto, non só se deixarían mercar tamén por calquera outro ou outra, senón que ademais intentarán gañar o favor dese "outro ou outra" adiantándose, sendo tamén os seus confidentes.... é o que nas pelis americanas chaman "espía dobre". mentras esas "xentes de esquerdas" cren sabelo todo sobre a autoría doutros blogs, sobre a condición política das persoas de Teo que opinan libremente, sobre o funcionamento do concello.... a aqueles que consideran "inimigos" chégalles información sobre quen e como administraba o "autodestruído" blog dos socialistas de Teo, sobre as condicións dos políticos e afiliados do PSOE de Teo, sobre o funcionamento de dito partido....

e pretenden ser os donos da verdade asegurando que "azotan" as mentiras, cando nos intres nos que non as están creando se adican a espallalas.... e empregan "fontes tan fidedignas" que non dan pé con bóla (estarei sendo demasiado benevolente ó atribuir as mentiras desta "xente de esquerdas" a un erro na información e/ou nos informantes?)

aseguran, por exemplo, que unha asociación dos Tilos desaparecerá porque dende o Concello de Teo se lle nega unha subvención, cando dita asociación recibía tres subvencións de tres institucións (Concello, Deputación e Xunta de Galicia), e deixou de percibir tan só a que viña da Xunta de Galicia, pero, por ser a máis cuantiosa (e probablemente da que dependían) a súa actividade sociocultural se verá, evidente e desgraciadamente, afectada ....
.... ou cren saber que "se cesou" a alguén doutra asociación, cando ese "cese" foi un abandono voluntario da actividade.... (claro que non contan nada máis.... será porque detrás das acusacións falsas están os que realmente se beneficiaron dos cartos de dita asociación.... "y otros amigos".... digo eu que ese "confidente fidedigno" non saberá nada desta segunda parte do asunto....)

en resume, que me lío.... política de esquerdas é:

  • -gastar os cartos públicos en xuízos en contra da liberdade de expresión
  • -mentir diante de quen faga falla e polos medios que faga falla (xuíces, xuízas, afiliados, afiliadas, verba oral, blogues, "correveidiles",....)
  • -antepoñer os intereses políticos e económicos persoais ó benestar do pobo (cuando mi papá gane las elecciones nos mudamos a una casa más grande)
  • -defender e practicar o amiguismo: a política dos favores sempre antes que a dos dereitos
  • -considerar que neste mundo non todos somos iguais: estamos os da plebe e están os Catedráticos de Enseñanza Secundaria de Lengua y Literatura.... bla bla bla
  • -considerar que neste mundo uns só teñen dereitos (de honra, ó respeto, á intimidade, a esbardallar,....) e outros só temos obrigas (de gardar silencio)
  • -actuar e permitir que outros e outras actúen de maneira machista e misóxena, (iso si: asegurándose de dar a imaxe oposta ó "ser machista" , a través da involucración pública nalgunha "asociación de mulleres" e botando man das "arrobas"): soltar insultos machistas cada dous por tres; pretender que a muller que ten que estar na parte alta da lista electoral (puta lei de igualdade!) sexa loira e de ollos axuis (que vende máis) ou, no seu defecto, manipulable....

.......acéptanse suxerencias sobre a definición e características da "xente de esquerdas" (decidín posicionarme dunha vez e preciso axuda para aclararme a min mesma se son de dereitas ou de esquerdas)

domingo, 14 de noviembre de 2010

calumnadiores e calumniadoras do mundo....

calumnia: acusación falsa feita contra alguén para danar de maneira intencionada a súa reputación

ó feito de que alguén acuse a unha persoa de ser autora ou coautora dun blogue do que non é nen nunca foi autora nen coautora pódese considerar calumnia??
que lle chamen puta, zafia, lerda, porca, lagarta, neurótica (e un longo etc) sen probas que demostren que é puta, zafia, lerda, porca, lagarta, neurótica (e un longo etc) pódese considerar calumnia?? e as ameazas, entran na categoría de "calumnia" ou han de analizarse aparte??

os seguintes exemplos poderíanse considerar calumnia???
anónimo dijo...SOIS UNAS PUTAS DE MIERDA JANO LEIS NO SEMERECE ESTO GUARRAS15 de febrero de 2008 13:32
anónimo dijo...Sodes unhas toliñas e nada mais15 de febrero de 2008 16:56
anónimo dijo...GUARRAS!!!!!!!!!!!!!!!!!15 de febrero de 2008 16:57
anónimo dijo...Insisto: por moita carraxe que vos dea, non lleentredes ao xogo a esas persoas entolecidasque todos sabemos.O que máis desexa un neurótico é que se llefaga caso: con eles non hai razoamento quevalla, sempre irán saltando dun tema a outro,dunha barbaridade á seguinte, sen lóxica ninconcerto, salvo, claro está, o de facer o maiordano posible aos seus imaxinarios inimigos.Calquera que lea as estupideces que din,decátse enseguida diante de quen está.O desprezo é a mellor resposta para eles.14/02/08 14:56
anónimo dijo...O de esta rapasa non ten nome. O seuproblema é que está namorada de Jano Leis enon sabe xa que facer para chamar a súaatención, entón busca en todas partes paraintervir. Xa non lle queda outra. ¿Por qué nonliscas dunha vez e te perdes? no fondo daspena......Veña muller, non te preocupes quealgo has de atopar por ahí para desfogarte.Saudiños10 de febrero de 2008 1:20
anónimo dijo...Rapasa, deixa a Jano Leis tranquilo.Ao mellor se intentas desfogar as túas irasdoutro xeito, ao mellor así, cálmaste unpouquiño. E si o problema e que te sintesatraída por él, entón faille unha declaraciónde amor, e listo. Problema resolto. Non hainada peor para atraer a atención dun home,que insultalo a miudo. Veña! Lisca!Saudiños10 de febrero de 2008 1:15
Anónimo dijo...
RECORDAIS AQUELLA CANCIÓN QUE DICE:"MARGARITA SE LLAMA MI AMOR, UNO, DOS..."DICEN QUE ES EL HIMNO EXTRAOFICIAL DE LOS HOOLIGANS DEL BNG DE TEO
6/01/08 14:29

Anónimo dijo...
AO MELLOR ALGUEN DE " asuntos sociais" DO CONCELLO DEBERÍA ACONSELLALA BEN

Anónimo dijo...
para os que escriben con seudonimos.... unha canción....." Margarita se llama mi amor, margarita pgarces...que pouco chollo tes... para estar todo o día escribindo chorradas, mentras os teus compañeiros deixan o pelexo no chollo.dendo logo hay postos de traballo que sobran.. habera que miralo
Carallo! hoxe lle deberon pagar un plus á tola do concello que escribe non sei cantos comentarios no Correo Gallego. Vaia coa pobre mulleriña, vender a súa saúde mental para que lle consoliden o choio no que traballa...OPOSITA, MULLER, OPOSITA E DEMOSTRA SE VALES PARA ALGO MÁIS QUE PARA O INSULTO E A DIFAMACIÓN!
30/01/08 11:15

AGARDO, DE VERDADE, QUE TE POÑAS BEN PRONTO
MARGARITUS 02.02.2008 16.11
POIS SINTO DE VERDADE, FILLA, QUE HOXE ADOPTARAS A PERSONALIDADE DE LUISITO E NON UNHA MÁIS ACORDE COA TÚA CONDICIÓN FEMININA.
TEENSE OU ASPIRIANA, POR EXEMPLO, QUIZAIS CHE FORAN MELLOR.
TEN COIDADO, PORQUE ESTE TIPO DE TRASTORNOS DE PERSONALIDADE MÚLTIPLE VAN ACOMPAÑADOS EN XERAL DE EPISOSDIOS DE VIOLENCIA, SÓ QUE COMO CADA UNHA DAS PERSONALIDADES VAI POR LIBRE, NON SE ENTERA DO QUE FAN AS OUTRAS.
INSÍSTOCHE. NON PAGA A PENA POÑER EN PERIGO A SAÚDE MENTAL SÓ POR TENTAR ASEGURAR O CHOIO.
COÍDATE, FILLA, COÍDATE, QUE ME TES MOI PREOCUPADO

Anónimo dijo...
O último rumor e que esta toliña ten soños eróticos con Jano Leis, e está tan obsesionada con él que xa non sabe como facer para chamar a súa atención........ no fondo, morre porque Jano lle chosque un olliño......Rapasa, ¡lisca muller! xa todo o mundo te coñece. Intenta limpar un pouco a túa imaxe e fainos un favor a todos liscando do concello! por favor!
10 de febrero de 2008 1:27


realmente alguén pode ter soños eróticos con Jano Leis?

se eu fose unha muller morena de ollos escuros e o "meu superior" quixera nalgún momento quitarme do meu posto e poñer a outra loira e de ollos axuis porque esta segunda "vende unha mellor imaxe" (e aínda se esta idea viñera dun Adonis, pero non é o caso precisamente), estou segurísima de que o trato que pasaría a ter co "meu superior" non sería o de obediencia absoluta, o de seguirlle o xogo, o de facerlle favores aínda a risco de saír máis perxudicada....
se eu fose unha muller feminista non me adicaría a defender a ultranza a unha persoa que dixo/escribeu/permiteu no seu blogue oficial tantos comentarios e insultos machistas e misóxenos....
pero como dixen na miña entrada anterior.... xa somos maiorciños e tócalle a cadaquen elexir quen é, e actuar en consecuencia


pd.: todo o que afecta ós individuos nesta vida é subxectivo. toda mirada, por ser persoal, é subxectiva. un xuízo, como acción que afecta ós individuos é subxectivo. podo asegurar e aseguro que non teño nada que ver co caso malaya, e que non vou formar parte do xuízo nen como parte acusadora nen como parte acusada; podo asegurar e aseguro que, malia non formar parte dos feitos nen do proceso xudicial, o asunto non me resulta indiferente e teño opinión sobre el
ante o "non saber sair" do que nalgún día se dixo/fixo todo son escusas: contos chineses

martes, 9 de noviembre de 2010

desenferruxando

xuízo facultade mental que permite entende--las cousas, xulgalas e actuar en consecuencia/ entendemento, razón, sentido / raciocinio / capacidade mental para actuar de maneira razoable e correcta / asentamento, cordura, entendemento, sensatez, sentido, siso / maneira que unha persoa ten de xulgar unha cousa, e conclusión que saca / criterio / opinión, parecer / apreciación.OBS. téñase en conta que opinión e xuízo aínda que teñen o mesmo significado non se utilizan sempre nos mesmos contextos / acción xudicial para resolver un asunto
mal aquilo que prexudica, material ou moralmente e o seu efecto / dano / o que se opón ás regras da moral e da virtude / alteración da saúde, tanto física como mental / doenza, enfermidade / forma reducida do adxectivo malo cando vai antes dun nome masculino / de modo que non responde ó que convén ou ó que se desexa / de maneira incorrecta, ou equivocada, que non é como debe de ser / de modo que prexudica, que dana


malicia actitude da persoa que encobre as súas verdadeiras intencións ós demais, prexudicándoos por iso, e que, ó mesmo tempo, desconfía e dubida da honradez dos outros, vendo mala intención no que fan ou no que din

xuízo non é só aquel que se realiza perante un xuíz.... malia que só este teña determinada validez lexislativa
durante moitos meses xulgóusenos á xente que mantíñamos uns blogues abertos, sentenciando a nosa tendencia política en base a suposicións; sen embargo, as e os "sinaladores" non admiten que se fagan as mesmas suposicións sobre eles e elas
igual que fumos sinalados coma culpables en máis dunha ocasión, sen probas (é difícil atopalas sobre aquelo que non existe), sen dúbidas (a mentira case nunca dá opción ó "depende", sempre se sitúa nos extremos), sen remorso (termo asociado á con(s)ciencia, á responsabilidade, polo que a súa ausencia non me sorprende); do mesmo xeito poderíamos (ou deberíamos) recibir agora a palabra da "desculpa". e non fai falla que sexa con pancartas coma as que engalanan as estradas con novas de casamento....
quizais sexa moito pedir.... unha desculpa de fronte!!! e pedirllo a quen non sabe falar mirando ós ollos (o medo a que nos desenmascaren é potente), a quen só sabe esbardallar escudándose nos alcumes do anonimato....
os cobardes non piden desculpas; os cobardes non recoñecen erros (aínda que dubido de que todo o dito se debera a "erros"). os cobardes só saben enxuizar o valor alleo


agora fálase "da volta" dalgúns blogues (entre eles este), coma se a marcha fose cuestión de capricho.... a deste en particular debeuse a dous motivos: o respeto pola situación inxusta que estaba a vivir TSSDT (ou temos todos o mesmo dereito á expresarnos, ou calemos todos) e o cansancio ante unha situación ridícula como era a do insulto constante e a mentira. mais hai algún outro blogue que desapareceu (casualidades da vida, pouco antes do comezo do proceso xudicial) e do que non se fala tanto, a pesares de ter o peso do seu carácter oficial.....

hai quen di que non se pode ou non se debe opinar sobre cousas tan serias como son os "xuízos". dende cando? imposto por quen? non podemos ter sentimentos, por exemplo, cara o feito de que se xulgue/se poida xulgar a Julián Muñoz, ou a Camps, ou a Fraga.....? nesa excusa de "non poder opinar" só se escudan aqueles ós que a realidade lles fai bater coas mentiras coas que levan convivido e ás que levan defendido durante moito tempo

o sinxelo feito de facer unha denuncia a un blogue por inxurias, cando todos coñecemos a dinámica destes blogues (coa participación e comentarios de ámbolos dous lados, os insultos e prexuízos de ámbolos dous lados), cando todos coñecemos a posición política dos "oficialmente e xurídicamente ofendidos" (unha persoa que ten un cargo político ha de saber que está en situación de ser criticada polas súas actuacións; se non sabe/quere/acepta recibir críticas negativas ten dúas opcións: non facer as cousas mal, ou deixar a política),.... como dicía, o sinxelo feito de denunciar un medio de expresión nun suposto estado democrático dá noxo (de xeito moi especial cando o que leva a cabo a denuncia se describe a si mesmo como persoa democrática, e de esquerdas, e....) -e que non vendan o feito de que quen interpón a denuncia é Sandra, porque xa nos quedou claro quen move os fíos nese "partido" e que se as cousas se fan ou se deixan de facer é por orde e mandato dun único personaxe; outra cousa é que en cada acto se poña outro nome propio.... polo que poida sair mal.... a imaxe que hai que gardar é, como non, á da "portada", á do "grandísimo".... os outros están aí para facer de escudo-

é tan grandioso escudarse nos subordinados coma escudarse no anonimato.... claro está, facendo puntuais "excepcións de DNI" á hora de vender a imaxe de "compañeiro", de "defensor", de "alma caritativa que o dá todo porque non ofendan ós 'seus'"..... teatro, lo tuyo es puro teatrooo; pena que Sandra non sexa loira e de ollos azuis.... vendería máis, non? (me encanta esta generación de "progres")

xa somos maiorciños; isto ben a significar que somos (ou debéramos ser) responsables dos nosos actos. cando un fai algo mal pode ser por equivocación, por falta de experiencia, por falta de medios, de coñecementos,.... cando un fai algo con maldade a explicación é única e inequívoca: non hai máis voltas que darlle. despois pódese escudar en mil explicacións inventadas, pódese apoiar en culpas alleas ou intentar argumentar con sofismos cando os demais se decatan, ou alomenos sospeitan do mal causado.... pero explicación certa: unha única é inequívoca.
e cando alguén está a facer as cousas con maldade e outro alguén o apoia pódese deber a que non estea capacitado intelectualmente para "recoñecer ese mal" ou pódese deber a que, recoñecendo tanto o mal como a malicia, sexa partícipe das consecuencias daqueles.... é decisón de cada quen decidir a cal dos dous bandos pertence.... e actuar en consecuecia