retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

jueves, 26 de febrero de 2009

parajó presidente!!

recuperar: volver ter [algo que se perdera]/ volver pór en servicio ou en condicións de ser utilizada [unha cousa estragada]/ compensar [o tempo que se perdera nunha actividade] dedicándolle con posterioridade máis tempo ou máis esforzo do habitual/ aprobar [unha materia que se suspendeu nunha convocatoria anterior]/ volver ó seu estado de normalidade despois de sufrir unha situación desfavorable ou prexudicial [unha persoa ou cousa]
o título de hoxe, máis que con retranca, está escrito con abraio.... ó lembrar tódalas veces que no pleno de onte o señor Parajó foi nomeado de xeito exemplar: foi o único que no debate dos presupostos se referiu ó que se tiña que referir: ós presupostos; foi citado polo señor Armando en varias ocasións; e ata o mesmísimo Jano Leis chegou a abrir algunha das súas intervencións facendo referencia ás aportacións do concelleiro de inteo, coma se dun autor clásico se tratara....
.... se por ter papel importante tivo o que máis: foi o voto decisivo na resolución da moción dos presupostos: un voto que resumiu o desexo de toda a oposición, desexo que se reflexou no cambio das caras dos membros do psoe de Teo, que do enfurruñamento habitual pasaron á máis expresiva das alegrías.... non era para menos, despois de verse obrigados á abstención, unha alma caritativa veu a cumprirlles o seu desexo.... claro que dita alma non corre o risco de non ser presidente da Xunta pasado o vindeiro 1 de marzo, polo que viña a ser o único con liberdade de actuación
poidera ser que me crera iso de qe o señor Jano Leis se abstía non porque el quixera (iso si que o creo), senon porque así o decidira o seu grupo en asamblea.... pero como aínda teño poder de decidir qué mentiras creo e cales non, vou obtar por supoñer que foi dende un escano máis arriba (de feito, atribuíuselle a decisión ó mesmísimo Zapatero) dende onde se lles obrigou a levantar a man en determinado momento.... quizais se a asamblea socialista tivera poder de decisión nun asunto tal, acabasen rexeitando de forma directa os presupostos.... e aínda máis: quizais se a asamblea socialista de Teo tivese poder de decisión sobre tal tema, acabasen votando a favor....
eu sigo elexindo as mentiras que creo, coma a de que nas asambleas do partido socialista de Teo non se vota.... e non, non fai falla que me convidedes a ir a unha asamblea a ver o que se coce, que en máis dunha ocasión dixen que non son socialista -nen ningún outro "ista"- (aínda que insistades en atribuirme cousas que non dixen), e quizais nunca chegue a selo, porque polo papel que está a facer a agrupación dese partido neste concello, semella que, ó contrario que os do "xabarín club", cada vez queiran ser menos....
cando un quere ser xefe supremo dun grupo debería ter conta de dúas cousas: ou ben coida a tódolos membros do grupo por igual para tentar mantelos ó seu lado, ou, de face-lo contrario, ha de "facer que fai" as cousas ben para evitar que, cando algún se lle descarrile, vaia falando das cousas que pasan "dentro"....
cando un insiste unha e outra vez, e outra vez, e outra vez, que fala en representación dun grupo sona a que tenta xustificarse; e cando un fala realmente en representación dun grupo non ten motivo algún polo que xustificarse
o que acontece é que resulta moi útil iso de "formar parte dun grupo", porque o podemos usar cando nos interesa, ben sexa para culpalo dos nosos erros, ben sexa para leva-los méritos dos seus éxitos....
formar parte dun grupo debera, ademais, sacarnos traballo de enriba, sobre todo se dentro do grupo hai alguén que cobra por elo.... e traduzo: de pouco lle vale a un partido da oposición unha dedicación exclusiva se a persoa que cobra dita dedicación non fai (ben porque non está capacitada, ben porque o maior entendido non confía na súa capacitación) traballo algún....
cobran máis de 30000 euros pero non están dispoñibles para ir a recoller os documentos sobre os presupostos (ou sobre calquera outro asunto que se vaia levar a pleno); cobran máis de 30000 euros, pero abandonan a comisión, dicindo despois que non se conta con eles para dialogar dos temas que lle afectan ó concello....
para o próximo pleno, dádeme a min os 60000 e xa vos fago eu un resume escrito para o dous grupos.... por ese precio, ata o deixo a dobre espacio e imprimo unha copia para cada concelleiro, si, si, lestedes ben: unha por concelleiro!!! e non vos cobro plus!!!
a pena é que non van querer.... dáme a min que a lectura que importa é, igual que a única falta de disposición que importa, a do señor Jano Leis....
o feito de ter que exercer de profesor quítalle tempo pola semana para poder asistir ben documentado a unha comisión un venres; pero cunha fin de semana polo medio, esa "falta de tempo para ler a documentación dos presupotos", transfórmase nunha chea de post-it de cores....
.... e iso que quixo enganarnos, facéndonos crer tras a súa primeira intervención que realmente non tivera tempo para informarse sobre o asunto, e que por iso lle tiña que adicar a súa media hora longa de exposición ó proceso de convocatoria para a comisión que "sufriron" os diferentes grupos.... por sorte, tal capacidade de narrativa, xa se estendeu nunha segunda rolda ó tema en cuestión.... outra media horiña-coarenta minutos.... o raro é escoitarlle a unha persoa así eixirlle ós demais diálogo: cos monologuistas, tarefa difícil a do diálogo....
e por se fora pouco coas dúas horas de presupostos, aínda houbo máis temas.... houbo de todo: clase de gramática; defensa da actuación do goberno anterior, no referente ás convocatorias a plenos, por exemplo, ou coma cando Parajó xustificou o grandísimo traballo que supoxo nas anteriores lexislaturas elaborar uns presupostos debido a que non contaban con secretario (e cando o tiveron, tiña de secretario o que eu de xeque árabe.... iso non o dixeron); acusacións variadas de tentativa de apropiacionismo de obras, en concreto, aludindo á inauguración dos centros de Rarís e de Oza: así e todo, algo de mérito debe ter rematar en dous anos o que outros non fixeron en doce.... a pesar de ter mercado unhas leiras carísimas e de ter pedido (e perdido) subvención tras subvención.... tanto carto durante tanto tempo para só dous centros, xa poden ter a estructura bañada en ouro.... ou iso, ou ofertaban para os sábados pola noite a "barra libre" da que alardea o señor Armando Blanco....
en fin, foi tan intenso o pleno, que non sei como poñerlle fin.... así que me vou a apropiar tamén eu da sabedoría allea.... déixovos cun decálogo que non atenta contra a liberdade do bilingüismo....
DECÁLOGO DO APROVEITADO (por Juan Carlos Vicente Casado: non o busquedes no censo, non é de Teo)
1. atribuirás a outros as túas intencións ou desexos, para que sexan satisfeitos
2. nunca te enfrentarás ós problemas. que o fagan os que te queren
3. darás por suposto que as cousas se han de facer como ti queres e esixirás o seu escrupuloso cumprimento
4. esforzaráste por crear, detectar, publicar e ridiculizar os erros de todos aqueles que te rodean
5. culpabilizarás ós demais dos teus fracasos e fallos
6. atribuiraste os méritos dos éxitos de outros
7. non falarás nen escoitarás máis que aquilo que te beneficia
8. cando teñas que pedir algo, faralo de forma indirecta
9. socialmente, aparentarás ser humilde, xeneroso e esforzado para consegui-lo ben dos que te rodean
10. farás ver a todo o mundo que eres a víctima inxusta dos que se relacionan contigo
estes dez mandamentos resúmense en dous: só ti decidirás o que está ben e o que está mal, e nunca darás a cara máis que para atribuirte os méritos dos teus éxitos e dos alleos
cada quen que o lea como quiera.... ou poida

sábado, 7 de febrero de 2009

"a cara descubierta"

confundir: pensar equivocadamente que [unha persoa ou cousa] é [outra] / facer que [alguén] tome unha persoa ou cousa por outra / xuntar ou mesturar [unhas cousas con outras] de xeito que non se distinguen ou non se entenden / perturba-lo espírito de [alguén], deixalo sen saber qué dicir, sen poder reaccionar // Ser [algo ou alguén] imposible de distinguir, por estar xunto ou mesturado con outras cousas ou persoas con que ten relación, pola súa complexidade, etc./ tomar, dicir ou facer unha cousa distinta da que ten que ser en realidade, da que debe ser ou da que se pretendía



.... non, non é un filme póstumo de Hitchcock??

é a realidade escrita deste concello.... rostros tapados antes, durante, e despois do entroido.... e ben grandes teñen que ser as máscaras, porque xa hai que ter cara para criticar a quen escribe baixo un pseudónimo firmando dita crítica co nome de Anónimo..... tanto Anónimo no concello.... como farán nas mesas electorais para non confundirse ó tacha-los nomes dos que xa votaron??

e deben ser todos xente nova, porque se foran "xente de antes" teríanse que chamar "María Anónima" ou "Anónimo Xosé"..... non creo que o cura os quixera bautizar cun nome seco tan pouco "santo".....

de cada vinte que escribimos blogs e/ou nos blogs, debe haber dous e medio que poñamos o nome; e deses dous e medio, como mínimo medio pon un nome falso.... así que de valentías e bravuconadas sobre o anonimato alleo, voume a permitir o luxo de dicir que son das poucas ("pouquímas") que pode falar....

claro que hai outras cousas das que non podo presumir, coma de ter unha morea de comentarios no meu blog.... visitas algunha, si, pero comentarios.... nada, chico!! (iso de solicitar algún tipo de identidade....)
creo que vou empezar a comentar eu firmando como Anónima I, Anónima II, Anónima III,.... ( o dos números é por darlle algo de variedade ó asunto, nada máis).... o que podo facer é poñer un comentario en castelán ás 12: 07, e outro en galego de libro ás 12: 28, e outro coma imitando a gheada, pero ó bruto, así, con "jota" e todo, ás 12:54.... bueno, mellor ese o deixo para as 18: 23, así non sospeitan de que poida ser a mesma persoa,..... jijiji, son lista, verdade?? ben, vale, é certo non son lista, senon "listilla"....

os insultos vounos escoitar de quen sexa, porque ante a ignorancia pouco hai que facer; agora, o reclamo de autoría, non é aceptable que veña de un anónimo.... deixémonos dunha vez de credos de curas: HAZ LO QUE YO DIGA, PERO NO LO QUE YO HAGA

A ver se nos imos enterando que aquí todos temos os mesmos dereitos e as mesmas obrigas, que o que queira que lle laman o cú contrate a alguén que esté disposto a cobrar por facelo.... e os que se están adicando a lamer cús gratis, que non sexan parvos, que hai xente que cobra por facer iso!!


e seguindo cos insultos.... agora andan comparando por aí ás mulleres coas que non están de acordo con Margaret Tatcher.... ben, eu tamén penso que hai figuras políticas en Teo que se parecen bastante a persoaxes "da talla" de Hitler e Franco....


imos ver: se o qe está mal feito non é critiar aquilo que cremos que está mal feito, senón atribuirllo a quen non o fixo: considerar a Ana Botella dende "mala persoa" a "mala política", pode deberse a que un ten criterio propio, non a que un sexa machista; agora ben, atribuirlle o que fixo Hitler a súa nai (quizais por parilo), ou a algunha amante, ou a calquera outra fémina, só polo feito de ser fémina.... pois roza a enfermidade mental

eu son parva por considerar o ataque contra mulleres basándose en COUSAS QUE NON FAN coma un feito machista.... pero aínda hei de prefirir ser parva (e veña insultos!!!) a padecer unha enfermidade mental que faga que non saiba controlar a miña persoa.... prefiro ser parva e autónoma a estar controlada "polas voces alleas á miña persoa".... pero como case todo nesta vida, é cuestión de preferencias....


non me deixa de resultar curioso iso de que insistan tanto en que "o autor" do blog de tamensomossocialistasdeteo sexa muller (e máis de unha: normal, unha muller soa non pode pensar e escribir o mesmo tempo); que pasaría se a min se me dese por dicir, por exemplo, que a tal "Santa", declarada muller, socialista e liberal, non é muller, senon un home?.... seguramente se me chamaría mentireira, falsa, puta, merdenta e delincuente, por afirmar cousas sen poñer probas enriba da mesa.

dáselles tamén por dicir unha e outra vez que "as" "autoras" de blogs e comentarios varios son traballadoras do concello; que pasaría se a min se me dese por dicir que a autoría deses comentarios (varios, varios, varios) cheos de insultos en diversos blogs, pertencen a algún traballador do concello?.... seguramente se me chamaría mentireira, falsa, puta, merdenta e delincuente, por afirmar cousas sen poñer probas enriba da mesa....

la doble moral.... ai, Jesús, canto mal fixeches!!!! (si, ademais de mentireira, falsa, puta, merdenta e delincuante, son atea, pero aínda así teño nome)




nota aclaratoria: eu cando me cabreo non escribo entradas no blog, senón que agarro o cuchillo de mata-los porcos e mato socialistas, porque como "son nacionalista", e iso é o que fan os nacionalistas cabreados...

a algún gustaríalle crer que ler determinadas cousas me cabrea e que por iso fago entradas novas; sinto dicirlle que esas cousas non me cabrean: dame pena que unha persoa adulta aínda non conseguira desfacerse do seu egocentrismo, e que se siga comportando coma un meniño enfurruñado porque non lle deron a alcaldía; entendo que sexa outra das proxeccións: ó saber que o que puxen na miña anterior entrada é certo (que se sinten ofendidos porque os "máis burdos e burros" ca eles, "menos competentes intelectualmente falando", son capaces de rebatirlles coa palabra) vólvense tolos e empezan a escribir e escribir e seguir atacando.... pois direilles que os burdos e burros (perdón, burdas e burras), sen deixar de selo, seguen a estar un escalón por arriba, porque non só lles respoden coa palabra, ademais pódenlles sen ter que recurrir ás palabras-insulto, algo do que eles aínda non son capaces....


direi tamén que, que eu saiba, o verdadeiro autor do blog tamensomossocialistasdeteo ten traballo, e non ten moito que ver con traballar nunha galescola, creo, así que non creo que as defenda ou deixe de defender por querer un posto nalgunha delas; claro que se o comentario ía referido ás "supostas" autoras de tal blog, e non ó autor real, e por se lles dera por pensar que unha delas son eu.... dicirlles que, gracias, pero nen me formei nen me formo para traballar nunha gardería (nen galescola nen non galescola), un ten que ser quen de recoñecer as súas limitacións, e, ademais de non querer facelo, non serviría para iso.... alguén máis se anima a "recoñecerse"?? veña, que levante a man quen non serviría para alcalde!!!!


igual de triste é que haxa quen confunda a identidade co nacionalsocialismo.... alguén que realmente teña unha personalidade completa non pode confundir ditos términos de semellante maneira, porque a identidade é necesaria para completarse a persoa como tal (e ter identidade non quere dicir ter carné de indentidade, non nos confundamos, eu non son nen máis nen menos galega que un que use carné galego e non español, nen son nen máis nen menos española que un angoleño que teña nacionalidade española..... a identidade non se mide nen se compara: tense ou non se ten).... e é necesaria porque de non tela, a persoa atópase desarraigada e perdida.... e a identidade, non nos confundamos, non se traduce nen se define por un xentilicio.... son máis cousas: todas igual de necesarias.

e unha cousa é defender que cada persoa teña dereito á identidade, e outra moi diferente é empregar o tema da identidade (case sempre a propia) para cometer delitos contra os dereitos humans


claro, que como defendín que a Xunta fixese cos seus cartiños a gardería en Teo, e que así os cartos de Teo se poidesen invertir noutras necesidades, iso explica claramente que son nacionalista, (teño que busca-lo carné nacionalista para ir votar, non vaia ser que non me deixen se non o levo), e que a pesar de non ter estudiado Educación Infantil, nen nada similar, queira ter un posto na galescola....

e se pido que arranxen a estrada de Texexe ha de ser porque quero un posto nunha empresa de asfaltado.... lóxica pura e dura....


debe ser que como non creei unha entrada para falar de "oposicións amañadas" debo estar a favor de que as oposicións se amañen.... e como non fixen unha entrada nen a favor nen en contra do acontecido en Palestina, é sen dúbida, porque non teño opinión sobre o tema; igual que non me interesan nada a contaminación, as leis da SGAE, o cambio climático, as mortes en Guinea Ecuatorial, a deforestación do Amazonas, a portada en El Mundo da portavoz do PP, o cancro de mama, a música, o analfabetismo, as desigualdades económicas e de dereitos entre "mundos", a enerxía, o cinema español, a menciña asiática, a literatura clásica, o aumento do paro, a inmigración, a drogodependencia, as mortes dos diamantes, a SIDA, a cultura árabe, a extinción do diablo de Tasmania,.... etc etc etc.... non me interesa nada neste mundo (tranquilos, agora non é cando me pego o tiro, xa vos aviso con tempo), porque como non escribo de nada neste blog..... todo aquilo sobre o que non escribo neste blog, para min non existe....

.... pode ser iso, ou pode ser simplemente que este blog naceu contra un ataque e seguirá referíndose a ese mal, mentras o mal dure.... o resto dos temas, se non vos importa, falareinos con quen eu queira e onde eu queira.... xa sabedes, política de bares (por certo, se vos importa, xa o sinto, pero disque iso non vai cambiar, aínda que máis de un quixera; aínda así: si, opino)



"sexades quen sexades", intelectuais almas ocultas.... téñovos que agradecer o feito de "ter provocado" esta entrada.... non sabedes o ben que o pasei escribíndoa!!!



nota práctica: en comentarios imitando "el burdo gallego con gheada", é recomendable omitir citas en latín

domingo, 1 de febrero de 2009

falar por falar

lingua morta: aquela lingua que xa non é a lingua materna de ninguén. a partir dese intre a lingua xa non segue o camiño normal da evolución e desenrolo que acontecen ó longo do tempo das linguas vivas



hai políticos que se adican a enche-las listas electorais de xente morta e hai outros que, ante a impotencia de tratar cos vivos, se adican a monologar en linguas mortas


unha das críticas máis grandes que se lles fai ás galescolas é a do idioma: o galego. están os que queren só galego; están os que só queren español.... na miña opinión o idioma ten dúas funcións básicas: unha reside na identidade, a outra no "entenderse"; na identidade como parte dunha cultura e tamén como elemento que nos permite ás persoas socializarnos, é dicir, formar parte da comunidade na que vivimos; o "entenderse".... bueno, suponse que a comunicación é a función primeira das linguas, non?

é polo primeiro dos argumentos (a identidade) que non entendo por que posuíndo un idioma propio o temos que esconder e/ou olvidar. non creo que en Alemania haxa polémica porque nas escolas se lles fale ós cativos en alemán, nen en Francia en francés, nen..... aaaaah, claro, é que eses son países!! non o lembraba!! Galicia é "só unha comunidade", e se ensinamos galego ós nosos fillos, o máis seguro é que queiran independizarse!!! (e non me refiro a marchar da casa antes dos 40)


é polo segundo dos argumentos que non entendo por que cando "alguén de fóra" lle pregunta a "alguén de dentro", por exemplo, como se vai á catedral (que orixinal son!!), o de dentro lle contesta no seu idioma, aínda sabendo falar o idioma do outro, e ó ver que non lle entende, volve a repetir operación contestando no idioma propio sabendo que así non lle soluciona o problema ó outro. a min gustaríame atoparme cun sueco e saber contestarlle no seu idioma, cun chinés e falarlle no seu idioma, cun rumano e falarlle no seu idioma....
pero iso depende das ganas que teña un de entender e de facerse entender


forma parte da cultura de cadaquén o saber onde se atopa e saber como comportarse nese lugar/momento no que se atopa. neste sentido, está demostrado que as titulacións pouca cultura dan

nen os xestos, nen os recursos da linguaxe que se empregan nun bar, por exemplo, son os mesmos que os empregados nunha conferencia sobre a "sopa do pacífico"; un non escribe un libro para nenos empregando os términos propios dun manual de electrónica....

en fin, que para empregar dun xeito máis ou menos correcto a lingua, habería que considerar alomenos dúas cousas: unha é a que público se dirixe un; a outra, que intencións temos de facernos entender



hai políticos acostumados a que a súa labia hipnotice ós demais e se deixen levar, aínda que detrás da lingua morta que empregan non haxa significados, senón baleiro

acontece que cando eses políticos se atopan con que non todos os oídos son xordos, nen crédulos, cando se decatan de que non tódolos parvos son igual de fáciles de enganar, vense impotentes, porque descoñecen a arte do convencemento a través de verdades (mal que doian).... vense perdidos.... e reaccionan case sempre máis mal que ben.... din que a falta de "pensamento alternativo" (o que nos permite imaxinar o maior número de solucións posibles a un determinado problema) nos volve irreflexivos e agresivos....



hai enfermidades que consisten en proxectar nos demais os males propios
eu son muller, e non teño ningún complexo de amputación de membro, aínda que Freud insistira niso; non me considero nen máis nen menos que NINGUNHA PERSOA, e dentro de persoa inclúo agora mesmo a tódolas mulleres e a tódolos homes, aínda que para saber se esa "inclusión de todos" é axeitada habería que valorar caso por caso.... hai quen ten máis desenrolada a súa faceta animal que a humana
e como non teño ningún problema coa miña condición, vou a permitir que os demais tampocuo os teñan: é dicir, se o autor do blog de "tamensomossociaistasdeteo" di que é un home, eu non teño por que dicir o contrario (digo eu que coñecerá a súa condición de xénero bastante mellor ca min), a non ser que poida demostralo
e se, sen poder demostralo, quero dicilo, aclararei que se trata dunha opinión, e non de que "o outro" minta ou posúa unha ou outra patoloxía

por que me meto nesto? porque nese grupo tan amplio de mulleres que puidera estar sendo acusada de levar dito blog, entro eu. son unha das moitas que foron insultadas e/ou acusadas de feitos e comentarios que nunca cometeron; e coma neste novo, e sen embargo repetitivo, ataque, se volve a falar "delas" ("que todos saben quenes son", debe ser por iso que non especifican, pois eu son unha burriña e pediríalle que na próxima "latinada" especificase nomes para saber se me teño que sentir aludida ou non) non se aclara a quen se refiren, teño dereito a dubidar de que poida estar incluída "no grupo" (outra vez)

é curioso como sempre é "un grupo" (de mulleres) o culpable.... hai mentes incapaces, e por ser incapaces deciden que tódalas demais mentes son igual de incapaces, e que non poden levar a cabo actos independentes e individuais. é curioso coma todas esas mulleres ás que se atacou en diferentes momentos son, na súa maioría, alleas as unhas das outras: non comparten nen aficións, nen tempo, nen ideas políticas.... e sen embargo métense a todas "nun saco".... o que demostra que as mentes incapaces só poden pensar en dualidades, neste caso: o grupo dos que están conmigo e o grupo dos que están contra min.... non lles entra na cabeza que haxa máis opcións (de novo a falta de alternativa).... debe ser o sentimento de superioridade, a costume de que todo-dios faga o que un diga..... chega o momento no que ese un cre que todos os demais carecen de iniciativa propia, de ideas propias, de autonomía....

xúntanse moitos factores: a perda de adeptos, a necesidade de novos recursos, a incapacidade de satisfacer esa necesidade, que outros teñan o que un quere, que a un lle rebatan coas mesmas armas: a palabra, que os que sexan quen de rebaterlle pertenzan a unha "clase intelectual" inferior, pero aínda así o fagan mellor, por achegarse máis á razón que ó desvarío.... e ante a realidade, é tan lexítimo rendirse coma loitar; pero non é igual de lexítimo loitar cos méritos propios como base que tentando avasallar tanto ós que se deixan coma ós que non

aqueles que deciden adicarse ás linguas mortas para dirixirse ó "pobo chan", para marcar a diferencia de estatus cos pobres mortais, deberan quizais, no seu afán pola recuperación do clásico, botarlle unha ollada ás virtudes gregas.... e empezar a practicar....
xa sei que iso implicaría adicarlle máis tempo "á cultura" que á autocomplacencia (o que algo quere, algo lle costa), pero a fin de contas, tempo é o que lle hai que adicar á cultura, e non cartos.... e senon, que llo pregunten á concelleira, que algo ha de saber....
pd: entre as virtudes gregas está a da equidade, e poderíase comezar por aí. non pagarlle a quen fai un traballo e pagarlle a quen non o fai pode non ser de todo xusto, e cunha familia real, alomenos polo de agora, chéganos e sóbranos