retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

viernes, 20 de noviembre de 2009

inciso

seica a Calo lle "caeron" cárcere e deshabilitación profesional
tendo en conta que a pirotecnia esta aí antes que a maior parte das casas que a rodean, e que é posible que as que carezan de permiso ou lles fora concedido de xeito irregular sexan éstas últimas; tendo en conta que alguns veciños trataron de aproveitarse da situación pretendendo "colarlle" ó seguro da pirotecnia moitos dos "cambios" da casa que tiñan comezados antes da explosión e que o asunto chegou a convertirse nun asunto de "por el interés te quiero Andrés"; e tendo en conta que é, cando menos, sospeitoso, que despois de tantos anos de funcionamento a pirotecnia veña a estourar xusto cando hai intereses (e ofertas) urbanísticos, o termo "xustiza" cobra na miña cabeza tras esta resolución tan "axustada á realidade" un significado raro raro raro......
será iso dos matices: un rouba unha galiña e 40 euros e caenlle 20 anos de cárcere; rouba de 3 a 35 millóns de euros e ten unha visita curta ó xulgado de turno. así é a vida
quizais o seguinte sexa que un acabe no cárcere.... non sei, por crear un blog, por exemplo