retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

sábado, 14 de junio de 2008

manipular: "Realizar diversas operacións ou manobras de forma oculta para alterar ou falsear [unha cousa]. /Tratar [un asunto] da maneira que máis convén ós propios intereses, sen ter en conta os dereitos dos demais./ Facer [alguén] actuar [a unha persoa] da maneira que máis lle interesa a el. SIN. manexar, mangonear (fam.) "

cabeza: "Parte superior do corpo humano, separada do tronco polo pescozo, ou superior ou anterior dos animais, onde se atopan os principais centros nerviosos e os órganos dos sentidos. / Cada animal contado nun rabaño. / Mente. / Intelixencia./ Xuízo, tino. / Cousa ou persoa máis importante entre outras. / Líder, xefe. / Parte superior de algo. / Cabeza de allo.(....) "

citar: "Comunicar a [alguén] que acuda a unha reunión, xulgado, etc., en determinado lugar e hora./ Dicir ou escribir palabras de [outra persoa, dun texto, etc.] para apoiar ou ilustra-las dun mesmo. / Acordar encontrarse [dúas ou máis persoas] nun determinado sitio e hora. "

para explica-lo primeiro parragrafo desta entrada decidín informarme sobre o significado do que ía facer: citar. como non teño especial interese en encontrarme co señor Jano Leis, nen en comunicarlle cales son ou deixan de ser as súas vindeiras reunións, o que vou facer é "escribir palabras de outra persoa, (grupo no que se inclúe JAno Leis] para apoiar ou ilustrar" as miñas propias palabras........ velaquí a cita seleccionada: "en el despacho de Martiñi no hay ni bandera española ni retrato del Rey" (e dio -repítome tanto!- un declarado antimonárquico).

últimamente estou tendo algún que outro dilema con respecto ó meu xentilicio......... voume a empadroar noutro concello, porque neste non se celebra o "Día da Constitución", esa cousa intocable, invariable, que nen se destrúe nen se transforma........ porque neste non se celebra, así que os que mandan deben estar en contra do rei, e en contra de España, e en contra da paz mundial, e a min iso de que estén en contra do rei non che me gusta nadiña........

o mundo precisa de determinadas "figuras sociais" que nos eduquen no apaixonante negocio das diferencias......... porque o que está claro, por riba de todo, é que non todos somos iguais........ nen tódalas cousas se poden considerar "boas" ou "malas" de xeito absoluto, moi pola contra, as valoracións sobre os actos das persoas baseadas na bipolaridade do ben e do mal adoitan depender, máis que do acto en si mesmo, da persoa que o comete. deste xeito unha páxina web, por exemplo, non vai ser boa-mala en función da calidade do seu deseño, da súa claridade á hora de informar, da relación resultado/custo....., senón de quen sexa o que encarga dita páxina. é así como o acto de contratar á mesma empresa deseñadora da conflictiva páxina ten a peculiaridade de ser un 'un bo acto' se quen o realiza é o Psoe (lease concello de Ames) e un 'mal acto' se quen o realiza é o Bng (lease concello de Teo); sen dúbida, os diferentes grupos movíanse por intencións diferentes ó contratar á mesma empresa: uns pretendían invertir de xeito eficaz os seus cartos, e os outros, darlle traballiño e un grupo de ideoloxía afín á súa (por certo, unha ideoloxía próxima ó comunismo antimonárquico).

esta diferencia débese á nobreza que caracteriza ó primeiro dos grupos políticos, teñamos en conta que "Segue sendo o unico partido politico que non defraudou a ninguen e segue currando pola mellora de Teo e os teenses,ese patido e o PSOE e Jano Leis a cabeza ".... iso que quede ben claro: Jano Leis, a cabeza, e máis Jano Leis á cabeza.... dubido que haxa no mundo un obxeto-persoa-lugar que adopte tantas acepcións de entre todas as que lle son posibles.... porque Jano ten esa "parte superior do corpo humano onde se atopan os principais centros nerviosos", pero ademais, el mesmo é cabeza, líder, xefe, parte superior de algo, e non se pode dicir que lle falte intelixencia, ou xuízo (ben, ó mellor quédanlle unhas acepcións mellor que outras....), e é listo coma un allo (pero non coma un dente de allo, senón como a cabeza enteira).... Leis e a cabeza....

.... vin no blog de tamensomossocialistas un comentario que poñía algo así como: 'cando Leis lava a cabeza, lávaa a conciencia'....... eu máis ben escribiría: "cando Leis lava a cabeza, lava a conciencia" (e outra cousa non, pero limpiño vese); non creo que, de decatarse do mal que lle fai ó concello a súa conciencia tan desgastada, chegase a baixa-la cabeza e disculparse cambiando,como debería, de pés a cabeza, a súa actitude en canto a político.... e todo porque se lle subiu á cabeza iso de ser importante e poderoso, aspiraba a gobernar o mundo e ós 38.000 por cabeza, non ós 38.000 a repartir.... debe ser por esa frustración cos soldos e as promesas que non puido cumprir que agora prentende cuestiona-los soldos dos que si chegaron á alcaldía....

e de recortarse ditos soldos, a onde irían para-los excedentes? porque a unha gardería non, que os veciños non a queren.... que queren un campo de futbol, e se volvemos a empregar a lóxica, que queiran un campo de futbol implica de xeito obrigatorio que non queren unha gardería, posto que son dúas instalacións e dúas actividas (educación e deporte) completamente opostas e hostís entre elas; poderían ir para cultura, a ver se se poden empezar a contratar e convidar a artistas que representen a pluralidade ideolóxica dos teenses, non sei, con tanto excedente igual poderían vir Ana Belén e Victor Manuel a amenizar os 'bailoteos' e Concha Velasco a presentar á reina das festas do San Xoán, que está ó caer.... tamén se poderían convocar máis plenos adicionais para tentar chegar a acordos se no pleno de cada mes non se acadase solución para os asuntos máis urxentes, porque habería máis cartos a repartir entre os concelleiros todos, e cobrar dúas veces sempre sabe mellor que cobrar unha (aínda que haxa que cobrar dúas veces polo mesmo traballo).... invertir nunha continua campaña electoral chea de entrevistas nas radios e televisións....

hai tantas e tantas posibilidades de atoparlle utilidade a eses cartiños!!! e se non llas atoparan no concello, que me chamen a min, que lles dou algunha idea......

coma os políticos de Teo non muden as súas actitudes, alguén vai a rematar perdendo a cabeza.

nota: as partes en laranxa están cortadas e copiadas doutros blogs

2 comentarios:

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Onde están eses valentes socialistas, que se escudan no anonimato ¿ONDE?

¡COBARDES!

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

A primeira superproducción audiovisual en "TAMÉN SOMOS SOCIALISTAS DE TEO"

tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com

tamensomossocialistasdeteo@hotmail.com