retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

miércoles, 24 de septiembre de 2008

Amando a Ames

ostracismo: desterro político de dez anos de duración, ó que se condenaba en Atenas, no século V a.C. a todo aquel que se considera perigoso para a cidade / afastamento voluntario ou imposto das funcións públicas. 'o partido condenouno ó ostracismo pola súa heterodoxia'
chantaxe: acción pola que se pretende conseguir algo doutra persoa, baixo ameaza de revelar cousas que lle poden prexudica-la honra
3D: as tres dimisións ás que aspira(ba) o psoe de Teo, das cales só conseguiu unha, a do señor Pallas, un obstáculo no seu camiño á obstrucción do avance do municipio. a segunda dimisión á que aspiraba este grupo era á da señora Carmen Hermida, a través da eliminación do seu soldo probablemente aspiraran a que acabase renunciando ó seu papel dentro do Concello. por último, a dimisión do señor Rafael Sisto, que non se sabe moi ben se era un obxetivo en sí mesmo ou tan só un pasatempo....
este mes o señor Jano Leis volveu a tomar o papel de portavoz para facer patente o seu gran amor polo concello veciño, un lugar marabilloso onde todo funciona ben, 'un mundo feliz'.... Ames. polo menos, se a crise nos deixa moi mal e nos vemos forzados a emigrar (ou quizais ó exilio) a un lugar mellor, o noso destino non nos obrigará a un largo desprazamento.
é normal que o partido socialista de Teo optase por recuperar a elocuente voz do señor Jano Leis; é a máis adecuada para lucirse ante tanta cámara.... aínda que, persoalmente, prefería eses momentos nos que o portavoz exercía de portavoz.... ai, Jano, me gusta cuando callas, porque estás como ausente....
a verdade é que precisaban a súa artillería máis pesada para intentar convencer ó persoal de que ó concello lle ía a resultar máis rentable 'desfacerse' dunha concelleira que realiza un traballo cuns resultados demostrables polos sentidos (xa sabedes, a música polos oídos, o teatro polos ollos e os oídos, etc. etc. etc.) que castigar cunha pequena multa de seis mil euros (enténdaseme, para o meu peto seis mil euros non son unha cantidade pequena, falo en relación a esas cantidades maiores que recibe a oposición) ó traballo dunhas persoas que, de ter resultados palpables, estes están sendo demasiado discretos.
por sorte, ó pp de Teo o texto pareceulle 'político'; iso sí, en toda a moción do psoe de Teo, o pp de Teo só atopou un parragrafo con intencións políticas.... non sei se felicitar ó psoe por saber esconder as súas intencións ou se reprendelos por escribir sobre ficción e fantasía e adicar un só parragrafo á política....
como resultado da descuberta destas intencións ocultas da moción do partido socialista de Teo, esta non saiu adiante. pero durante a súa exposición e debate, descubréusenos unha cousiña: a bondade e a maldade, o correcto e o incorrecto, non dependen dos actos nen das consecuencias finais dos mesmos, senón do(s) seu(s) autor(es): poñer a andar un proxecto cultural inexistente está mal e débese castigar coa anulación dun soldo; non facer nen sequera acto de presencia no lugar de traballo é bastante bo, por iso se debe remunerar con non menos de 32.000 euros anuais.
pero hai máis:convocar á prensa é bo ou malo segundo quen o faga; ou reescribir as mocións no pleno e cambiar puntos das mesmas é lícito, ademais dunha mostra de responsabilidade, segundo a favor de quen se faga, e explícome: resulta que se o señor Armando Blanco (seica en nome do partido) propón modificar na proposta feita polo psoe de Teo sobre a baixada de 6000 euros a cada dedicación da oposición, de xeito que se faga unha baixada maior, a resposta do partido socialista de Teo, por boca do señor Jano Leis, é que 'houbo tempo para facer modicficacións e aportacións' antes do pleno; sen embargo, cando é o psoe de Teo o que propón algún cambio nas mocións presentadas polos outros grupos e ditos cambios son rexeitados na hora da votación polo grupo autor da proposta, trátase dunha completa e absoluta falta de democracia e de diálogo....

éche o que hai.... mentras non veña a peixeira

deixaría de asistir ós plenos se non fora porque asistir a eles me abre os ollos.... si, si, asistir ós plenos faime ver o parva que son. resulta que hai máis dun ano rexeitei un traballo nunha cociña porque o horario era de 17:00h a peche, sendo o peche sobre as 00:00h, as 00:01h, ou máis adiante (xa se sabe como son as cousas nalgúns sitios.... un sabe cando entra, pero non cando sae); e diredes, que fina, non, parecíache tarde sair ás doce da noite?? pois non, acontecía que dependía do transporte público, que non tiña maneira de chegar dende o lugar de traballo ata o lugar de residencia a esas horas. tonta de min, decidín rexeitar a oferta..... en vez de decirlles que quería o posto, pero que eu saía ás nove para coller o último autobús, se puxeran como se puxeran....

non ter como desprazarse é un motivo máis que suficiente para non estar no lugar de traballo nas horas de traballo, aínda que se cobren 38.000 euros anuais por elo.... a mobilidade é un dereito, non?

ademais, cobrar 38.000 euros anuais é unha gran responsabilidade.... en que usalos? hai xente que ata se desprende dunha parte nun acto puramente altruísta; está claro que desfacerse de 6000 euros anuais do propio e pretender que o outro se desfaga de todo un soldo é un acto de xenerosidade

nada, que nos plenos de Teo se aprende de todo.... dende dereitos do traballador ata como resolver os grandes enigmas da Historia....

a ver como se entende que digan que non pediron a dimisión do señor Rafael Sisto, cando afirman que o que si pediron foi a dimisión do responsable das obras das estradas da polémica.... e digo eu, ese responsable quen é?? o concelleiro de educación??.... ben, a verdade é que non falaron de dimisión do señor Rafael.... agora descubriron que unha comisión de investiación é un deporte máis emocionante e cambiárono polas dimisións....

debéronse enterar por aí de que se denunciaban o feito polo grupo de goberno coas obras como ilegal perderían, e pasaron de seguir dándolle voltas ó tema da ilegalidade; sen embargo deben devecer por ir a un xulgado, porque animan ó alcalde a que os denuncie a eles.... se se sente inxuriado.... é un método coma outro calquera para pisar un xulgado: por cumprir ese soño un pode cometer un asasinato, ou un roubo, ou convencer a unha segunda ou terceira persoa de que a denuncia.... os tres métodos son válidos para entrar nun xulgado....
o malo é se un perde e lle toca pasar a noite no calabozo.... triste y solo (no mellor dos casos).... pero con todo o tempo do mundo (iso si) para crear ou/e xuntar argumentos novos para cando toque voltar a pleno, porque empeza a cansar iso de que se empreguen sempre os mesmos....
eso de recurrir ó exposto no turno anterior, sen aportar informacións novas; aquelo outro de ler informes que o único que fan é corroborar á exposición do outro en vez de a propia; cambiar de tema nas propostas feitas por un mesmo e pasar de falar, por exemplo, da necesidade de reducir gastos á perversa idea do grupo muncipal de cederlle uns terreos á Xunta a cambio da construcción e administración dunha gardería.... espera, ou iso da gardería tamén estaba relacionado co de aforrar cartos??... ai, con tanto espectáculo circense de argumentos agarrados con pinzas (pódese dicir pinza?), non me estraña que algunha xente se fora do pleno dicindo que marchaba porque lle daba "vergüenza".... non era para menos, non....
o bo do partido socialista de Teo é a súa perseverancia: insisten en mocións que non son de competencia plenaria.... pero non porque queiran crispar, que conste.... e digo eu, como se lle pode atribuir a ninguén "prepotencia" cando se pretende establecer as ordes municipais, dispoñer sobre o xurídico, e se lle deixan, tamén sobre as leis naturais, e sen ter acadado sequera a metade dos votos dos teenses.... nen a metade nen unha porcentaxe que se achegue á metade....
claro que o ideal sería que o goberno accedese á votación sobre temas que lle competen a el, sobre todo nunha corporación onde do ostracismo ós únicos seres cun mínimo de dignidade e coherencia nas súas votacións se leva ata o límite, provocando a dimisión do persoal e a súa posterior sustitución por exemplares máis doados de guiar.... nun ambiente tal, o máis probable é que a votación saíse favorable ó(s) grupo(s) que o pobo non quixo que gobernara(n), os cales poderían acusar de incumprimento cos acordos plenarios ó grupo de goberno se este non se dignase a facer o que outros queren naqueles asuntos que lles competen a eles por dereito (de elección) -e dos cales acaban sendo os únicos responsables-....
é moi doado falar de democracia; só hai que pronunciar unhas sílabas.
quizais no sexa tan doado facer unha moción de censura, a pesar de que os seguidores a victoreen; ó mellor ós de máis arriba (xa sei que din que por riba de deus non hai ninguén.... pero eu son atea) non lles gusta a idea; ó mellor aqueles cos que habería que negociar para levar tal moción adiante piden de máis; ó mellor ata se trata da con(s)ciencia, que existe, e ve incoherente falar de democracia e pretender que goberne o que os votantes en democracia non quixeron....
que será, será....
pd.: este final tan pouco elaborado obrígame a compensar ó lector cun novo significado:
dialéctica-o: Armando Blanco

3 comentarios:

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Caralludo o comentario Marta, extenso pero conciso... como me gusta a retranquiña jejejeje Espero que sigas escribindo así. Noraboa

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Onde estea Carlos Fernandez... onde andará o de Teo?

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Os blogues de Teo, na prensa
http://tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com/