retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

martes, 9 de noviembre de 2010

desenferruxando

xuízo facultade mental que permite entende--las cousas, xulgalas e actuar en consecuencia/ entendemento, razón, sentido / raciocinio / capacidade mental para actuar de maneira razoable e correcta / asentamento, cordura, entendemento, sensatez, sentido, siso / maneira que unha persoa ten de xulgar unha cousa, e conclusión que saca / criterio / opinión, parecer / apreciación.OBS. téñase en conta que opinión e xuízo aínda que teñen o mesmo significado non se utilizan sempre nos mesmos contextos / acción xudicial para resolver un asunto
mal aquilo que prexudica, material ou moralmente e o seu efecto / dano / o que se opón ás regras da moral e da virtude / alteración da saúde, tanto física como mental / doenza, enfermidade / forma reducida do adxectivo malo cando vai antes dun nome masculino / de modo que non responde ó que convén ou ó que se desexa / de maneira incorrecta, ou equivocada, que non é como debe de ser / de modo que prexudica, que dana


malicia actitude da persoa que encobre as súas verdadeiras intencións ós demais, prexudicándoos por iso, e que, ó mesmo tempo, desconfía e dubida da honradez dos outros, vendo mala intención no que fan ou no que din

xuízo non é só aquel que se realiza perante un xuíz.... malia que só este teña determinada validez lexislativa
durante moitos meses xulgóusenos á xente que mantíñamos uns blogues abertos, sentenciando a nosa tendencia política en base a suposicións; sen embargo, as e os "sinaladores" non admiten que se fagan as mesmas suposicións sobre eles e elas
igual que fumos sinalados coma culpables en máis dunha ocasión, sen probas (é difícil atopalas sobre aquelo que non existe), sen dúbidas (a mentira case nunca dá opción ó "depende", sempre se sitúa nos extremos), sen remorso (termo asociado á con(s)ciencia, á responsabilidade, polo que a súa ausencia non me sorprende); do mesmo xeito poderíamos (ou deberíamos) recibir agora a palabra da "desculpa". e non fai falla que sexa con pancartas coma as que engalanan as estradas con novas de casamento....
quizais sexa moito pedir.... unha desculpa de fronte!!! e pedirllo a quen non sabe falar mirando ós ollos (o medo a que nos desenmascaren é potente), a quen só sabe esbardallar escudándose nos alcumes do anonimato....
os cobardes non piden desculpas; os cobardes non recoñecen erros (aínda que dubido de que todo o dito se debera a "erros"). os cobardes só saben enxuizar o valor alleo


agora fálase "da volta" dalgúns blogues (entre eles este), coma se a marcha fose cuestión de capricho.... a deste en particular debeuse a dous motivos: o respeto pola situación inxusta que estaba a vivir TSSDT (ou temos todos o mesmo dereito á expresarnos, ou calemos todos) e o cansancio ante unha situación ridícula como era a do insulto constante e a mentira. mais hai algún outro blogue que desapareceu (casualidades da vida, pouco antes do comezo do proceso xudicial) e do que non se fala tanto, a pesares de ter o peso do seu carácter oficial.....

hai quen di que non se pode ou non se debe opinar sobre cousas tan serias como son os "xuízos". dende cando? imposto por quen? non podemos ter sentimentos, por exemplo, cara o feito de que se xulgue/se poida xulgar a Julián Muñoz, ou a Camps, ou a Fraga.....? nesa excusa de "non poder opinar" só se escudan aqueles ós que a realidade lles fai bater coas mentiras coas que levan convivido e ás que levan defendido durante moito tempo

o sinxelo feito de facer unha denuncia a un blogue por inxurias, cando todos coñecemos a dinámica destes blogues (coa participación e comentarios de ámbolos dous lados, os insultos e prexuízos de ámbolos dous lados), cando todos coñecemos a posición política dos "oficialmente e xurídicamente ofendidos" (unha persoa que ten un cargo político ha de saber que está en situación de ser criticada polas súas actuacións; se non sabe/quere/acepta recibir críticas negativas ten dúas opcións: non facer as cousas mal, ou deixar a política),.... como dicía, o sinxelo feito de denunciar un medio de expresión nun suposto estado democrático dá noxo (de xeito moi especial cando o que leva a cabo a denuncia se describe a si mesmo como persoa democrática, e de esquerdas, e....) -e que non vendan o feito de que quen interpón a denuncia é Sandra, porque xa nos quedou claro quen move os fíos nese "partido" e que se as cousas se fan ou se deixan de facer é por orde e mandato dun único personaxe; outra cousa é que en cada acto se poña outro nome propio.... polo que poida sair mal.... a imaxe que hai que gardar é, como non, á da "portada", á do "grandísimo".... os outros están aí para facer de escudo-

é tan grandioso escudarse nos subordinados coma escudarse no anonimato.... claro está, facendo puntuais "excepcións de DNI" á hora de vender a imaxe de "compañeiro", de "defensor", de "alma caritativa que o dá todo porque non ofendan ós 'seus'"..... teatro, lo tuyo es puro teatrooo; pena que Sandra non sexa loira e de ollos azuis.... vendería máis, non? (me encanta esta generación de "progres")

xa somos maiorciños; isto ben a significar que somos (ou debéramos ser) responsables dos nosos actos. cando un fai algo mal pode ser por equivocación, por falta de experiencia, por falta de medios, de coñecementos,.... cando un fai algo con maldade a explicación é única e inequívoca: non hai máis voltas que darlle. despois pódese escudar en mil explicacións inventadas, pódese apoiar en culpas alleas ou intentar argumentar con sofismos cando os demais se decatan, ou alomenos sospeitan do mal causado.... pero explicación certa: unha única é inequívoca.
e cando alguén está a facer as cousas con maldade e outro alguén o apoia pódese deber a que non estea capacitado intelectualmente para "recoñecer ese mal" ou pódese deber a que, recoñecendo tanto o mal como a malicia, sexa partícipe das consecuencias daqueles.... é decisón de cada quen decidir a cal dos dous bandos pertence.... e actuar en consecuecia

2 comentarios:

Lindeiros dijo...

magnifica entrada, enhorabuena.

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

GRAN ARTIGO MARTA!!! Esperemos que cheguen esas disculpas.

A Sentenza (1º Parte)

http://tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com/