retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

domingo, 27 de abril de 2008

mentira

mentira: "manifestación contraria a lo que se sabe, se cree o se piensa"
mentira oficiosa: "la que se dice con el fin de servir o agradar a alguien"
mentira: "aquilo que unha persoa presenta como verdadeiro sabendo que é falso"


comezarei os meus textos acudindo a eses libros que se supón din verdades, alomenos verdades establecidas por unha maioría 'experta no seu tema', non con intención de transformar as miñas opinións carentes de validez por tratarse de política de taberna en ideais a ter como referente, senón como recurso para empuxar ó meu lerdo e zafio intelecto á aventura da escritura.


unha persoa deberá falar sempre no seu nome, e no dun grupo cando este lle da permiso; unha persoa pode falar en contra dunha parte dun grupo do que se sinte compoñente cando considera que as palabras e/ou actos dese grupo son erróneos, contraproducentes e opostos ós ideais do grupo; se deste feito sae beneficiado un novo grupo, a culpa última non debe recaer en quen vendo un erro de actuación no primeiro grupo o fai público, senón en quen, cometendo un erro, e sobre todo, sendo consciente do erro cometido, en vez de rectificar, intensifica as consecuencias dos seus actos.


unha persoa non debe pedir explicacións nen demostracións de verdade a outra cando non pode xustificarse a si mesmo.
unha persoa pode non entrar en internet e ser coñecedora dos seus contidos 'a tope' (y supermegaguai): a través da lingua falada (para o que é preciso manter conversas), a través do papel impreso (para o que é preciso coñecer o funcionamento dun aparello vulgarmente chamado 'impresora')....; unha persoa (ou grupo de persoas) que afirma que un canteiro está capacitado para ser concelleiro (que o pode estar) non pode ser igual de contundente ó insinuar que unha dependeta de supermercado non está capacitada para escribir un texto sen axuda nen plaxio...... perdón, pode facelo, pero estará poñendo en evidencia a súa falta de criterio e a súa escasa credibilidade.




o tipo de mensaxes que EU (dende logo non me vou facer responsable das palabras de outr@s), e de xeito NON SISTEMÁTICO, enviei ó blog dos "socialistas" de Teo non contiñan nen unha soa palabra insultante, pero si facían referencia á actitude do partido despois das eleccións e a asuntos coma a necesidade de proporcionarlle un soldo a unha concelleira á que antes das eleccións se convencera de que mercara unha casa, necesidades que obrigan a un partido a actuar dun ou doutro xeito en función de corresponder ás promesas pre-electorais para coas as víctimas do sistema caciquil ; a MIÑA intención nunca foi a de facer pechar ningún blog, senón a de facer posible outras opinións dentro do mesmo, así coma o coñecemento de determinados datos que, lonxe de ser persoais, inflúen na política do concello.


pola miña parte descoñezo quen é o "amigo de Cacheiras", pero convídoo a que cree un seu espacio, ou deixe o anonimato, e participe deste blog; si sei, por outro lado, a condición política do creador dese blog "ilexítemo", que non son eu, que non é ese "amigo de Cacheiras".



sobre as verdades e mentiras "do pino": se non se seguiu adiante coa moción de censura, por exemplo, foi porque na "rúa do pino" están agardando unha nova "gran acción" do divino Jano; pódese crer ou non; pódese saber que é certo e pretender ocultalo (léase as definicións de 'mentira' máis arriba)...... como se pode ou non crer que no primeiro pleno no que o señor Jano pretendeu aparentar unha nova actitude, na que volveu ó tema do pacto coma se de verdade lle interesara chegar a el, estaba presente "alguén" da "rúa do pino".
na rúa do pino saben quen é o autor dese blog "ilexítimo", créase ou non se crea.
no blog "ilexítimo" teñen intervido (polo que eu sei) xente do psoe e xente do bng e xente de ningún dos dous apoiando a marcha de Jano Leis do partido socialista de Teo.



fálase de dictadura por uns comentarios que dicían algo de "calar ós socialistas" (fai falla apuntar que non estou de acordo con ese comentario?) ó mesmo tempo que se escribe o seguinte: PECHADE O VOSO ILEXÍTIMO, CALUMNIADOR E INFAME BLOG (todo berrando, claro, toooooodo o comentario berrando).



dende logo, deberíanse empezar a quitar máscaras; en vista dos innumerables anónimos, quen vai a empezar??


o peor da mentira non é que se falte á verdade, senón ese aspecto que se salienta nas definicións e que alude ó coñecemento da verdade por parte de quen constrúe a mentira, de quen a di, é dicir, o peor da mentira e a con(s)ciencia que o mentiroso ten sobre a verdade que está a ocultar.

2 comentarios:

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Animo co teu blogue Marta, espero que che vaia ben con él, e se o fas con retranca, millor que millor. ¡ANIMO!

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Marta, vouche ter que facer campaña de marketing que se non... xD

Pero como podes observar, son uns covardes, xa que con nome e apelidos non saben falar...

¿E logo terei tanto poder coma Jano? Isto é un misterio jejeje