retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

jueves, 1 de mayo de 2008

ordenanza do chikichiki

teatro: arte de representar en público obras dramáticas, xeralmente por uns actores que actúan no escenario
ficción: feito imaxinario, invención fabulosa


[facendo un inciso no texto, e deixando de lado durante unhas líneas os termos dos diccionarios, os meus parabens ó grupo socialista de Teo (deixo de lado aquí a retranca tamén, paréceme un paso a salientar por parte deste grupo), por recuperar ó seu portavoz; se ben isto aconteceu só nuns puntos, e baixo "supervisión" continua do apuntador, o señor Carlos Rego defendeu a postura do grupo socialista de Teo en diferentes propostas (labor que compartiu coa compañeira de partido), algo que me parece non só enriquecedor para o pleno, senón positivo para calquera partido político, que debera distribuir pesos na vez de acumular nunha figura (en todo caso, perecedoira) todo o seu valor]

volvendo ó tema...... eu non che son moi de 'política de verdade', máis ben dáseme a política de taberna, algo que xa teredes notado...... debe ser por ese toque de fantasía que lle falta á política..... tan realista, tan cos-pés-na terra, tan formal...... eu sonche máis de ficción, do toque irreal que che da pé a imaxinar...... ás veces ata surrealista.......... por iso non entendín moi ben a primeirísima intervención do señor Jano Leis (tan seria, tan formal, tan tan tan.....nada que ver co tema que se trataba..... perdón, nada que ver con ningún dos temas que se trataban); esta primeira intervención foi unha petición ó señor alcalde: que no vindeiro pleno tanto a fotografía do rei coma as bandeiras oficiais ocupen 'o seu lugar'........ lugar que non debe ser a parede na que están, senón a parede da esquerda do señor Leis (pensábades que á súa esquerda xa non había nada máis, eh?? pois, si, á esquerda do psoe de Teo está o rei -será delito escribi-lo con minúscula?-), é dicir, enriba das cabezas dos membros do equipo de goberno....... supoño que ó señor Jano Leis (seica antimonárquico declarado, non sei se convencido) lle parecerá que ó equipo do goberno lle resulte humillante estar ós pés do rei....... alomenos espero que tal proposta albergue unha intención semellante: non entendería, por parte dunha persoa intelixente, unha proposta carente de sentido e sobre todo, de utilidade......... e máis tendo en conta que as aportacións do grupo socialista ós plenos rebordan carácter constructivo: a ver, se se vai establecer un regulamento sobre a colocación de carteis e vallas publicitarias, o 'normal' é falar coas empresas implicadas (é como a lei esa, a de que é delito roubar, deberíase acordar cos principais implicados: xuntanza de ladróns, e a ver a partir de que mínimo se pode roubar..... e respeta-lo patrimonio artístico polo menos.....); ou levar a pleno asuntos legalizados na semana anterior; ou levar ó pleno asuntos nos que se votou en contra nun pleno anterior......
e todo isto gracias a un magnífico traballo en equipo, que despois téñense que queixar de que leva os méritos todos o señor Jano Leis...... meu pobre, se case nen se nota que está!!
seica o 'sistema plenario' do concello de Teo funciona así: preséntanselle ós diferentes grupos políticos os puntos que se tratarán no vindeiro pleno catro días antes da comisión informativa; ven a comisión informativa, mometo no que se han de facer as aportacións/cambios pertinentes; tódolos grupos calan; chega o pleno e tódolos grupos se queixan de que non se lles deixou facer aportacións......
seica algúns decidiron que o sistema plenario sexa así: preséntaselle ós grupos políticos os puntos do próximo pleno; faise a comisión informativa.... por xuntarse cos amigos; non se fan aportacións nesa comisión informativa; unha vez chegada a prospota (sen modificar) a pleno, ocórreselles como enmenda retirar o punto da orde do día para consensuala cos grupos políticos......... estes o que queren é volver ter xuntanza de amigos!!!
é coma cando me reúno cun par de amigos para mercarlle un agasallo a un cuarto que está de cumpreanos: quedamos nun bar, pidimos unhas tapas e empezamos a falar.... como todos falamos pouco, uns temas lévannos a outros (política de taberna) e pechan as tendas antes de que saiamos do bar; quedamos outro día, e repetimos operación...... chega o cumpreanos e nós sen agasallo: está claro que a única solución posible e coherente é que o noso amigo naza outro día.

tanto falar de política, tanto falar de política e onde está o chikichiki do título, diredes, e non vos faltará razón ó preguntar: a resposta non está no vento, senón nas contradiccións do partido socialista de Teo, a saber (como se baila el chikichiki?):

UNO: non teño tempo de estudiar as propostas antes das comisións (de luns a xoves, tendo en conta que ningún partido da oposición ten dedicación exclusiva algunha........ espera, espera..... tiñan ou non?)

DOS: como somos superheroes traballamos igual a proposta, incluso subliñamos e facemos anotacións

TRES: non presentamos esas anotacións-modificacións na comisión informativa (porque tomamos esa decisión, non porque nolo impediran dende o grupo de goberno)

CUATRO: queixámonos por non ter podido presentar modificacións á proposta na comisión (despois de tomar a decisión de non presentalas)

berrea, berrea........

(teño que depurar a letra, creo que hai un par de frases que non riman, pero o fondo cóllese, non?)
logo non me estraña que cando non votan en contra se absteñan, con razón se non lles deixan participar das propostas!!!! ademais, son educados e explican os seus votos: 'nós non estamos en desacordo co 'asunto este'.......' faltoulles engadir: só con quen o propón'..... ou algo así..... as cousas claras, e o chiculate espeso (ben espesiño, con churros, mellor).
e tampouco me estraña que sexa o partido socialista de Teo o que teña que levar a pleno os asuntos importantes despois de que os do bng os obligaran a votar en contra deses mesmos asuntos en plenos anteriores; e queixaranse os nacionalistas eses de que é o grupo socialista o que leva os méritos, cando estes só traballan como traballan e actúan como actúan única e exclusivamente polo ben do pobo, que as medallas só lles gustan na chaqueta do rei.


teño que confesar que a tanta formalidade non lle faltou o toque de misterio........ esa maxia que sempre fai falla, aínda que sexamos maiores (ou sobre todo se somos maiores).... só así se explica que tódolos grupos da oposición recibiran un documento da asociación de pais dos meniños da gardería dos Tilos con suxerencias de modificacións para unha proposta do goberno, e que, precisamente o goberno, nin soubera da existencia de tal documento. pero ben, a min tamén me resultaría moito máis doado atopar a oficina de Parajó, de Armando ou de Leis que o rexistro do concello, que estas instalacións municipais son bastante laberínticas.........


e para ilusións, as do anterior alcalde, o señor Armando Blanco, que pretende que nun ano se roube para o concello o que 'eles' lle roubaron ó concello en doce........ iso si que é ter confianza nas capacidades do grupo de goberno!!!!
segue coa súa faceta 'dadivosa' reclamando o non-establecemento/adecuación/regulación de taxas polos servizos prestados........ e razón non lle falta, porque, para que cobrarlle ós veciños por uns servizos se é moito máis cómodo non cobrarlles e non presta-los servizos, ou cobrarlle só a uns poucos......... 'para muestra un botón': co goberno anterior, na miña aldea só dúas casas pagaban pola recollida do lixo: causa-motivo-razón?? pois que só a esas dúas casas se lles pasaba o recibo da auga (aínda que as outras tamén estiveran enganchadas á 'auga da traída'....... daquela maneira.....), e claro, como ía todo no mesmo recibo, non se ía facer un recibo a parte para toooooooooodos aqueles veciños que non pagaban a auga no que só constasen os gastos do lixo, non??? lóxica pura e dura. e se daquela o lixo se recollía pagando só na miña casa e na da prima de miña nai, por que agora han de pagar todos se a merda é a mesma?? lóxica pura e dura.


esta postura encaixa moi ben con esa outra de non establecer ningún tipo de regulamento para o uso das infraestructuras do concello, ó que se lle engade (tamén por lóxica) o abandono da proposta de taxas para o mesmo (o mesmo= o uso das infraestructuras do concello).
pero imos ver: que mal ten que veñan os de Santiago a usar o polideportivo de Calo (un supoñer) sen nengún tipo de norma nen prezo de aluguer e que os teenses non teñan ningunha prioridade nese uso das instalacións?? acaso non temos un goberno comunista, e acaso o pobo non somos todos, picheleiros incluídos?? acaso non mellora as nosas relacións sociais convidar ós veciños santiagueses a un 'trago' que no seu concello lle cobran?? non vai ser un enriquecemento para os aldeans de Calo que veñan os de Santiago a instruirnos no uso de instalacións deportivas??? é máis: deberíamoslles pagar por vir dende tan lonxe a agasallarnos coa súa presencia, que é iso de cobrarlles???
estes do bng que queren cobrar por todo, carallo!!
pero tranquilos no goberno, que a proposta non saiu adiante, pero ha de sair dentro de dous plenos, cando a presente o partido socialista de Teo como súa.


vou ir baixando o telón...... cunha petición para algún dos lectores, quen sexa: como por motivos de traballo non poderei asistir ós vindeiros plenos, por favor, alguén lle pode levar unha moeda de 25 pesetas (distínguense mellor a cara e a cruz) a cada concelleiro, para que decidan se votan a favor ou en contra das propostas??? é que resulta ata incómodo (para eles sobre todo -imaxino-) que cando se piden os votos (a favor, en contra ou abstención) os membros dos distintos grupos da oposición levanten a man a destempo e con timidez, coma mirando a ver que fai o do lado, semella que non moi convencidos de nada..... 'eu si', 'non, eu era que non', 'ai, a ver, que estábamos votando?'....... sobre todo é unha perda de tempo ter que volver pedir o voto para que se aclaren....... así duran os plenos ata as doce da noite.....
moitas gracias



pd. (1): perdón por tardar tanto en publicar o comentario sobre o pleno, é que, como ben saben os habitantes de Teo, non teño unha dedicación exclusiva e non me deu tempo de atender os meus asuntos e rematar este texto con anterioridade: as miñas máis sentidas disculpas.
pd. (2): este texto foi escrito íntegramente sen mueca nen expresión algunha na cara de quen o escribía.

pd.(3): se alguén me chama "puta", deberíame sentir agredida?? a ver se me estou ofendendo por nada!

4 comentarios:

Lindeiros dijo...

Hola Marta, ya dije en cierta ocasion que no suelo opinar en estos blogs aunque los leo; el post de hoy es para pedirte que cambies el color de la página que me estoy dejando las cejas, supongo que le pasara a más gente pero como no quieren firmar con nombre propio ya doy yo la cara.

Un saludo

Manel Pardo

marta dijo...

gracias pola suxerencia......... vou a ver que fago
saúdos

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Marta!!! Noraboa pola entrada, está moi ben, un pouquiño longa pero ben :P.

A ver se comezamos unha nova etapa no Socialismo teense, pero as noticias que veñen do Pino non che son moi alentadoras, xa que queren esperar a que pasen as autonomicas para botalo... que lle vamos a facer.

A ver se calqueira día podemos entrar na sede socialista coa cabeza alta e podremos conseguir un partido, o dos SOCIALISTAS DE TEO, libre de Janistas e progresita.

PD. ¡Noraboa tamén por ter a valentía de ir ao pleno, despois de todo o que pasou! ¡Es grande! :P

marta dijo...

ir ó pleno unha valentía??? non, é máis barato que o cine, nada máis.

un é valente cando se enfrenta a unha situación difícil; ou quizais fose valente se me enfrentara a unha banda de xente armada, pero a "esa xente"......(??????)