retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

sábado, 31 de mayo de 2008

im-posto de rodaxe*

boicotear: obstaculizar ou impedi-las actividades, relacións, etc., (de unha persoa, empresa, país...), como castigo ou para exercer algún tipo de presión sobre eles

non acudín ó último pleno do concello de Teo por motivos de traballo, pero estiven lendo algunha prensa (si, xa sei que son os malos e que non lles debería facer moito caso, que só din mentiras, pero unha é así de parva......) e algúns comentarios sobre o que aconteceu en dito pleno co asfaltado si-asfaltado non.



o señor Jano Leis debe estar empapado de América, porque non fai máis que empregar os recursos dos políticos de EEUU (e non me refiro ó seu egocentrismo dobre e maiúsculo, que tamén podería ser), introducidos en España por aqueles que se adican á polítca a nivel de Estado...... debe ser por iso que trata de convencer á xente do que quere e do que non quere: habería que lembrarlle (outra vez) que esa NON é a función do político; a función do político é darlle á xente aquilo que quere e sabe que os beneficia........ e tampouco me refiro a unha casa con piscina en Cancún e un barco de recreo privado, senón a cousas como escolas, instalacións públicas ou estradas....... se pode ser, asfaltadas como é debido..... pero se pode ser, eh?

xa teño máis que asumido que este señor ten un obxectivo na vida que está baseado únicamente no benestar persoal; un obxectivo que todos debéramos perseguir dende a nosa calidade de persoas. o malo é que el o está a facer dende a súa posición de político, e a costa dos demais. o señor Jano Leis non debe entender, sendo tan intelectual como é, tan moralmente correcto como é, qué quere dicir iso de que "as liberdades dun rematan onde comezan os dereitos doutros"...... pero iste, repito, téñoo asumido.

o que non teño aínda asumido é que unha única persoa, sen ser deus (sinto dicirllo de novo: señor Leis, vostede non é ningún deus) sexa capaz de dirixir os pensamentos e os actos de todo un grupo. é que dentro do grupo socalista de Teo non hai nen sequera unha persoa que se atreva a quita-la venda dos ollos?? non hai ningunha persoa con capacidade crítica?? nen unha soa que vexa as intencións de Jano Leis??? agardade un momento........ que ó mellor estou a facer as preguntas equivocadas: é que no grupo socialista de Teo non hai nen unha soa persoa posuidora desa calidade moral á que tanto recurre o seu "lider" (só porque está á cabeza dun grupo)?? ningunha que se atreva a ACTUAR en favor do grupo (do socialista, si, pero sobre todo do pobo), a tomar partido?? é que TODOS están metidos na política municipal pasa sacar tallada ?? ningún membro do ACTUAL grupo socialista de Teo está metido na política municipal para tirar do concello para adiante??

teñen máis independencia intelectual os membros dos grupos de dereitas que un chamado (non sei por que) 'de esquerdas'?? porque neste pleno, os que tiveron que demostrar que a responsabilidade individual (por riba do fanatismo -porque o que acontece no grupo socialista de Teo xa non é convencemento-) existe foron xentes de dereitas..........

o mundo anda perdido....... sécanse os pozos en decembro, chove todo o verán, andamos con abrigo de lá en maio........ é normal que a 'esquerda' antepoña os intereses duns poucos (neste caso eles mesmos: léase interés non como 'gañar as vindeiras eleccións', senón como 'que o outro perda as vindeiras eleccións') ós da maioría de cidadáns....

menos mal que quedaba no outro lado algo de sentido común.......


pero que non se preocupen na dereita porque vexan a membros do seu equipo exercer pensando no pobo, que as súas artes non han caer no esquecemento.... para iso están os que lucen palabras coma democracia cada dúas verbas, os que se cren amos únicos de toda moral aínda estando carentes de ética nos seus actos diarios; xa os socialistas de Teo lles tomaron o relevo nas súas fazañas....... nas súas artimañas para mercar á xente, para achegarse á árbore que máis sombra dá no intre que máis sombra dá ó tempo que comeza a golpear coa machada; no seu xogo sucio cheo de calumnias contra todo aquel que non se venda ou que sexa crítico; nas súas actitudes caciquís; na súa manipulación capaz de transformar unha rotonda nunha arma de guerra e ós manifestantes potenciais en proxectís.......


menos mal que en Jano Leis aínda pervivía o espíritu do 68!!!! debe ser por iso que permite que no blog que o defende aparezan insultos e mentiras que ataquen a calquera persoa que non o adule: calquera que traballe no concello de Teo e non sexa marioneta do señor Jano Leis corre o risco de converterse no próximo branco para os tiros dos sectarios, tamén calquera familiar das anteriores persoas; e sen ningunha dúbida, é o seu aínda presente espíritu do 68 o que o converte nun gran orador capaz de converter un zafio e pobre pleno municipal nunha dinámica e instructiva charla, porque só aquel (coma el) que está no poder da verdade absoluta, só aquel (coma el) que roza a perfección da moral é quen de converter un vulgar pleno municipal nun mitín de campaña electoral.......


no lado esquerdo do salón de plenos do concellos de Teo, onde estaba a bandeira de España a última vez que acudín a un pleno, hai un cheiro a 'eau de dereitas' que indica como algúns personaxes manteñen, de xeito inevitable, máis vivas as ensinanzas dunha familia diestra que o aprendido nos seus desexos de xuventude 'rebelde'.



o psoe de Teo xa demostrou empíricamente que o mellor para poder ir tirando aínda que un o faga mal é rodearse de xente que o necesite a un moito moito moitísimo, así sempre o apoiaran a un, porque é o que lles queda, non teñen saída..... bueno, si, hai unha saída, pero ten que ver máis coa consciencia e o bo durmir que co "sacar tallada", así que, non adoita poñerse en práctica.....


queda nas mans dos cidadáns demostrar que non todo vale, nen sequera en política.



*rodaxe: acción de rodar un filme./ período inicial de funcionamento dun motor, máquina ou instalación industrial, durante o cal se produce o asentamento e pleno axuste das súas pezas. (nota: interprétese o título coa acepción que se prefira; se non se acada significación para dito termo neste contexto con ningunha das acepcións, abandóese a páxina de contado).


3 comentarios:

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

"A cruz de Cruz" en:


tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

"LOS HOMBRES DE JANO" en:

tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

tamensomossocialistasdeteo.