retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

martes, 25 de noviembre de 2008

comezan as eleccións en Teo

subliñar: facer unha liña horizontal por debaixo de [unha cousa escrita] para chama-la atención sobre ela. / chama-la atención sobre [algo que se di] mediante a entoación, a repetición, etc./ SIN. destacar, salientar.CF. insistir, recalcar



interese: actitude de ánimo de quen dirixe a súa atención ou se inclina cara a algo ou a alguén./ circunstancia ou calidade pola cal unha cousa esperta curiosidade, chama a atención ou resulta importante para algo ou alguén. / aquilo que convén ou pode beneficiar a alguén, en particular á persoa que realiza a acción ./ beneficio, proveito.



erro ou error: falta de acerto. / SIN. desatino, engano, equivocación, fallo, falta.





cheira a eleccións.

dende aquí abaixo somos conscientes do engano; vale, é certo, non sempre: ás veces deixámonos enganar porque nos interesa, outras porque non nos interesa movernos para protestar, e outras, sinxelamente, non vemos o engano. pero ese sí o coñecemos: o da labor do político; o do púlpito.... seica laico....; o da verba, o da verborrea máis ben, o da palabra fácil (á vez que inintelixible), o do disfraz, o dos valores repentinos

cheira a eleccións


imos a ser amigos durante unha tempada, vale?? .... ou facer coma que....


a ver, por onde empezamos.... polos rogos e preguntas? polas cuestións da necesidade (ou non) do carácter público dos pisos de protección oficial? polas diversas interpretacións da mesma realidade acontecida nas comisións? pola nova investidura? .... porque sabedes que hai novo concelleiro, non? .... si, son cousas que pasan....


pois si que deben estar indo ben as cousas en Teo.... porque se antes daba risa ir ós plenos, agora dá pena....

non se pode recurrir sempre ó mal que se fan as cousas, a que as cousas teñen que cambiar, e que a nosa maior aportación para ese cambio sexa unha moción que debera caer de caixón.... e que aínda así se fixo mal....


o meu resume do pleno vai a ser curto: os meus parabens a ASPAMITE, pero non pola cesión dos terreos (que tamén), senon por facer chegar a consenso a tanta xente tan dispar.



agora farei un punto e a parte coa retranca; non considero outros asuntos tratados en pleno menos serios que este, nen menos importantes, urxentes..... pero se houbo ó longo deste tempo actuacións pouco éticas pola banda dalgúns dos políticos de Teo, se houbo un uso esaxeradamente político doutros temas,.... chegado éste, a falta de respeto e seriedade por parte dos membros dos distintos partidos políticos de Teo non admite un trato posible a través da retranca, nen da ironía, nen do humor sequera.... atreveríame a dicir que non hai adxetivo que poida calificar o que hoxe aconteceu no pleno. (e mira que hai linguas ricas en vocabulario!)



como pode un grupo de persoas gabarse tan repetidamente a si mesmo polo simple feito de facer o correcto?? a única explicación posible que lle atopo a este feito é que durante todo este tempo, no resto das súas actuacións, souberan que estaban obrando mal, e por iso atoparan tanto mérito nesta. o logro non foi dos grupos políticos. o logro é de ASPAMITE. claro que, para unha vez que o fan ben, teñen que subliñalo, destacalo, salientalo, recalcalo, insistir tanto nelo....

eloxios ó consenso?? neste concello mellor eloxiar á causa que consegue dito consenso, porque ten que resultar enormemente complexo poñer de acordo a unha xente nun tema de dereitos cando teñen un concepto tan dispar da palabra "dereito"....


.... e explícome....

como é posible que en calquera concello "haxa que" (vai entre comiñas porque o infinitivo do verbo "haber", seguido da conxunción "que" ten carácter de obrigatoriedade, e obriga desto non había) levar a pleno tres textos diferentes sobre a violencia de xénero?


pois si, había que, porque resulta que "hai matices".


agora resulta que hai matices na violencia de xénero..... porque non é o mesmo que che rompan os ósos a que "só" che den unha bofetada; porque non é o mesmo que che chamen "puta" que "putita"; porque non é o mesmo que che digan que todo o fas mal que que che digan que non serves para nada.... non é o mesmo, non, "hai matices".... e xa, xa sei que os matices ós que os políticos se refiren na SÚA mesa de debate non teñen nada que ver con estes, que son moito máis serios e relevantes.... vaia: que son políticos....



coma sempre, o terror sae rentable. está claro que o terrorismo non beneficia á causa á que se adoita unir, pero é unha arma política moi útil, especialmente en época de eleccións. as culpas, os méritos, teñen máis valor cando se refiren a determinados asuntos..... o terrorismo é unha xoia política.... interesa que estea aí


o terrorismo de xénero, tamén. e non me vou meter nos intereses sociais (os intereses nunca o son para todos, aínda que debera ser así) da diferencia (violencia) de xénero, senón nos intereses políticos que fixeron que no concello de Teo non fora posible chegar a consenso no tocante ó que había que dicir sobre a violencia de xénero


queda tan bonita a iniciativa en prol das causas xustas; sobre todo as iniciativas individuais: "a min dóeme máis que a ti que os pobres pasen fame", "non, non, a min dóeme máis", "non, é a min".... eu, o individuo, o que máis.... que importantes seguen a ser as valoracións cuantitativas....


por iso se viron na obriga de insistir, unha e outra vez (xa sei que é unha redundancia, as redundancias na linguaxe tamén teñen unha función), no mérito do consenso sobor da cesión de terreos a ASPAMITE; dalgún xeito había que facer esquecer a desfeita do tema da violencia de xénero


alguén lle debería explicar a algunha xente que os matices do maltrato non son os políticos....


.... que se manifesta de moitos xeitos, non só con moratóns.....que o respeto ó outro e á outra se demostra tódolos días e en cada sitio: na casa, nos bares, no lugar de traballo.... no traballo tamén.... neste caso quizais fose unha afortunada coincidencia que o papa requerise a presencia dos "reales tercios" e non lle tocase ó señor Armando Blanco defender a moción que ben se podería dicir que versa sobre a iguladade da muller.... sería todo isto máis cínico do que foi.... se cabe....



.... alguén lle debería dicir a algunha xente que a violencia de xénero non dá lugar a abstencións.



No hay comentarios: