retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

domingo, 30 de noviembre de 2008

ilegalidades legais

amigo: que está unido [a outro] por un trato de afecto e confianza. / persoa que mantén unha relación de afecto e confianza [con outra]. / persoa con quen [alguén] mantén relacións amorosas consideradas non lícitas pola moral tradicional ó estaren fóra do matrimonio. / ser amigo de: sentir ou ter afección ou inclinación por algo. / ser partidario de
legal: que é conforme á lei, que é establecido pola lei. Emprender accións legais contra alguén./ lexítimo./ por ext., que non engana ós demais, que é digno de confianza [persoa]. / SIN. honesto, honrado, leal.ANT. falso
pragas: calamidade pública, gran desgracia que afecta a toda a xente dun lugar./ cousa ou persoa nociva ou moi molesta. / grande cantidade de algo nocivo que afecta a persoas, animais e, en particular a agricultura

ocorréuseme unha idea (aforrade os comentarios graciosos) na que podíamos gastar esa enchenta de cartos que temos no concello: facer unha película!!!

temos actrices e actores bastante bos, temos macacos para unha peli de animación, temos heroes cheos de medallas, temos ós "protas" e ós malos en continuo movemento, temos fantasmas, autómatas, "xentes doutros planetas", e se contratamos a Fraga, ata mortos vivintes....

contamos con lingüistas suficientes para correxir os guións; incluso nos poden dar , antes de comezar a rodaxe, algún consello sobre que lingua a empregar, cal é máis ética e cal máis maléfica. algúns destes lingüistas xa rondan polos blogs establecendo a súa moral lingüística: é curioso como o emprego dunha lingua resulta aceptable e aceptado cando as verbas veñen dalgúns, e sen embargo, non é admisible cando veñen doutros: que o señor Jano Leis sexa castelán falante e se note que se ve obrigado a fala-lo galego polo seu papel dentro da política (un papelón, por outra parte, toda unha mostra de interpretación), e que iso afecte negativamente á súa sabedoría dialéctica ó empregar mal, por exemplo, os tempos verbais, e ó inventarse palabras coa traducción directa (pensamento-fala).... , como dicía, que o señor Jano teña como lingua materna o español non é causa suficiente como para etiquetalo de "tal" ou de "cual"; que outra xente escriba en español, sen embargo, parece molestarlle a algunhas persoas de tal maneira, que non poden evitar facer contínuos comentarios despectivos ó respecto nos distintos blogs.... "querida escritora en castellano...."

sóbrannos argumentos.... dende unha peli de terror no cementerio ata una historia de amor-odio entre os principais protagonistas; dende unha peli de mafiosos ata unha de aventuras e desventuras: "buscando os papeis perdidos"; unha peli defendendo algunha causa xusta, "salvad al funcionario", ou un documental sobre especies en extinción ou sobre algunha praga.... eu decantaríame por algunha causa xusta: a solidaridade fai que a xente se emocione, e ata que choren.... por poñer un exemplo: non se vos cae a alma ós pés ó ver que uns pobres inocentes que firmaron uns papeis que non entendían a cambio duns tristes billetes de cincocentos poidan verse nun xuzgado?? se eles non sabían nada!! de feito, ocupaban cargos para os que non era necesario saber nada!! eles só oupaban cargos.... calquera cargo (mellor un con responsabilidades, porque neses cóbrase máis).... eles, que se esforzaron tanto en pasar unhas dificilísimas probas.... espera, que rebobino.... non sei se isto colará.... nas pelis de solidaridade hai que forzar a lágrima.... pero creo que a través da pena, non da risa.... e que pretendan obrigarme a sentir empatía por un que á súa vez pretende pasar de ladrón a parvo moita pena non me dá.... ocupaban cargos que non lles correspondían, aproveitábanse deses cargos que non lles correspondían en detrimento dos dereitos dos teenses, e agora resulta que me teño que solidarizar!!! os que piden esta solidaridade deberon ser os mesmos que a pediron no caso que tanto comentan agora.... ese doutra traballadora sobre un acoso.... estaban todos (e sobre todo, todas) alí, para apoiala, non?? pois NON. os que tanto apoio piden agora para os "compañeiros" daquela estaban firmando un papeliño para deixar claro que a "suposta acosada" mentía.... (volvendo á violenxia de xénero, a frase de "algo faría"....)

un xa pode roubar o que queira, xa pode ser todo o cabrón que queira, que para os "amigos" sempre será inocente.... (léanse as distintas acepcións de amigo, para non interpretar a incorrecta). resulta que o que xa pasou polo xuzgado son "supostos acosos" a traballadoras; pero cando as acusacións van dirixidas a aqueles que se encargan de facernos parte do traballo suxo (xa sabedes, "amigos", dos que interesa ter) o que se supón é a inocencia. comparación de casos: abuso laboral e machista contra petición de explicacións ós que firmaron papeis a cambio deses billetes de 500.... está claro que aquí o funcionario perxudicado é o que (presuntamente) recibiu billetes de 500, e a funcionaria lianta e manipuldora é a que recbiu o acoso laboral..... non me extraña que logo se absteñan en mocións referentes á violencia de xénero.... nótase a man igualitaria das novas "membras" da executiva socialista teense....

en conclusión, argumento final: .... eles eran uns mandados que, ademais, non distinguían se as súas accións estaban ben ou mal feitas (hai tantos deses por aí....), e os pobriños, non lían, firmaban, collían os cartos, e marchaban a seguir coa súa inocente e triste vida, mentras os miles de malvados veciños argallábamos cómo arruinarlles a vida.... así está ben??

e.... que decir dos críticos!! todos poderíamos exercer de críticos!! todos podemos xuzgar os resultados da peli, porque, ó fin e ó cabo, somos teenses, non?? aféctanos o que se conte na "nosa peli", non? .... ou hai que agardar a que o xuiz dictamine??


o máis importante: é que temos presuposto!!! nada máis e nada menos que SEIS millóns de euros.... SEIS MILLÓNS!!!! .... deus... cantas cousas de se deben poder facer con seis millóns de euros, non si?? parástesvos a calcular o que son en pesetas?? (pois non o fagades) .... e nós temos todos eses cartos!! ........espera, estanme a dicir que me esquecín do negativo....

penso que desta vez, antes do "ACCIÓN!!" vai vir o "CORTEN!!" (polo sano)

2 comentarios:

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Noraboa pola entrada... ¡SOBERVIA!

marta dijo...

ós anónimos valentes que entran dende o grupo prisa a visitar este blog e despois corren a deixarme ameazas de xulgado no blog de temensomossocialistasdeteo, dicirlle que cunha sinxela identificación (xa vedes, nen sequera ten que deixar nome, só algún "xeito" de mostrar que é determinado "ente" o que escribe as mensaxes, e non outro/a, para non crear "falsos supostos"), como dicía, cunha sinxela identificación, no meu blog tamén se pode escribir, eh?