retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

jueves, 26 de febrero de 2009

parajó presidente!!

recuperar: volver ter [algo que se perdera]/ volver pór en servicio ou en condicións de ser utilizada [unha cousa estragada]/ compensar [o tempo que se perdera nunha actividade] dedicándolle con posterioridade máis tempo ou máis esforzo do habitual/ aprobar [unha materia que se suspendeu nunha convocatoria anterior]/ volver ó seu estado de normalidade despois de sufrir unha situación desfavorable ou prexudicial [unha persoa ou cousa]
o título de hoxe, máis que con retranca, está escrito con abraio.... ó lembrar tódalas veces que no pleno de onte o señor Parajó foi nomeado de xeito exemplar: foi o único que no debate dos presupostos se referiu ó que se tiña que referir: ós presupostos; foi citado polo señor Armando en varias ocasións; e ata o mesmísimo Jano Leis chegou a abrir algunha das súas intervencións facendo referencia ás aportacións do concelleiro de inteo, coma se dun autor clásico se tratara....
.... se por ter papel importante tivo o que máis: foi o voto decisivo na resolución da moción dos presupostos: un voto que resumiu o desexo de toda a oposición, desexo que se reflexou no cambio das caras dos membros do psoe de Teo, que do enfurruñamento habitual pasaron á máis expresiva das alegrías.... non era para menos, despois de verse obrigados á abstención, unha alma caritativa veu a cumprirlles o seu desexo.... claro que dita alma non corre o risco de non ser presidente da Xunta pasado o vindeiro 1 de marzo, polo que viña a ser o único con liberdade de actuación
poidera ser que me crera iso de qe o señor Jano Leis se abstía non porque el quixera (iso si que o creo), senon porque así o decidira o seu grupo en asamblea.... pero como aínda teño poder de decidir qué mentiras creo e cales non, vou obtar por supoñer que foi dende un escano máis arriba (de feito, atribuíuselle a decisión ó mesmísimo Zapatero) dende onde se lles obrigou a levantar a man en determinado momento.... quizais se a asamblea socialista tivera poder de decisión nun asunto tal, acabasen rexeitando de forma directa os presupostos.... e aínda máis: quizais se a asamblea socialista de Teo tivese poder de decisión sobre tal tema, acabasen votando a favor....
eu sigo elexindo as mentiras que creo, coma a de que nas asambleas do partido socialista de Teo non se vota.... e non, non fai falla que me convidedes a ir a unha asamblea a ver o que se coce, que en máis dunha ocasión dixen que non son socialista -nen ningún outro "ista"- (aínda que insistades en atribuirme cousas que non dixen), e quizais nunca chegue a selo, porque polo papel que está a facer a agrupación dese partido neste concello, semella que, ó contrario que os do "xabarín club", cada vez queiran ser menos....
cando un quere ser xefe supremo dun grupo debería ter conta de dúas cousas: ou ben coida a tódolos membros do grupo por igual para tentar mantelos ó seu lado, ou, de face-lo contrario, ha de "facer que fai" as cousas ben para evitar que, cando algún se lle descarrile, vaia falando das cousas que pasan "dentro"....
cando un insiste unha e outra vez, e outra vez, e outra vez, que fala en representación dun grupo sona a que tenta xustificarse; e cando un fala realmente en representación dun grupo non ten motivo algún polo que xustificarse
o que acontece é que resulta moi útil iso de "formar parte dun grupo", porque o podemos usar cando nos interesa, ben sexa para culpalo dos nosos erros, ben sexa para leva-los méritos dos seus éxitos....
formar parte dun grupo debera, ademais, sacarnos traballo de enriba, sobre todo se dentro do grupo hai alguén que cobra por elo.... e traduzo: de pouco lle vale a un partido da oposición unha dedicación exclusiva se a persoa que cobra dita dedicación non fai (ben porque non está capacitada, ben porque o maior entendido non confía na súa capacitación) traballo algún....
cobran máis de 30000 euros pero non están dispoñibles para ir a recoller os documentos sobre os presupostos (ou sobre calquera outro asunto que se vaia levar a pleno); cobran máis de 30000 euros, pero abandonan a comisión, dicindo despois que non se conta con eles para dialogar dos temas que lle afectan ó concello....
para o próximo pleno, dádeme a min os 60000 e xa vos fago eu un resume escrito para o dous grupos.... por ese precio, ata o deixo a dobre espacio e imprimo unha copia para cada concelleiro, si, si, lestedes ben: unha por concelleiro!!! e non vos cobro plus!!!
a pena é que non van querer.... dáme a min que a lectura que importa é, igual que a única falta de disposición que importa, a do señor Jano Leis....
o feito de ter que exercer de profesor quítalle tempo pola semana para poder asistir ben documentado a unha comisión un venres; pero cunha fin de semana polo medio, esa "falta de tempo para ler a documentación dos presupotos", transfórmase nunha chea de post-it de cores....
.... e iso que quixo enganarnos, facéndonos crer tras a súa primeira intervención que realmente non tivera tempo para informarse sobre o asunto, e que por iso lle tiña que adicar a súa media hora longa de exposición ó proceso de convocatoria para a comisión que "sufriron" os diferentes grupos.... por sorte, tal capacidade de narrativa, xa se estendeu nunha segunda rolda ó tema en cuestión.... outra media horiña-coarenta minutos.... o raro é escoitarlle a unha persoa así eixirlle ós demais diálogo: cos monologuistas, tarefa difícil a do diálogo....
e por se fora pouco coas dúas horas de presupostos, aínda houbo máis temas.... houbo de todo: clase de gramática; defensa da actuación do goberno anterior, no referente ás convocatorias a plenos, por exemplo, ou coma cando Parajó xustificou o grandísimo traballo que supoxo nas anteriores lexislaturas elaborar uns presupostos debido a que non contaban con secretario (e cando o tiveron, tiña de secretario o que eu de xeque árabe.... iso non o dixeron); acusacións variadas de tentativa de apropiacionismo de obras, en concreto, aludindo á inauguración dos centros de Rarís e de Oza: así e todo, algo de mérito debe ter rematar en dous anos o que outros non fixeron en doce.... a pesar de ter mercado unhas leiras carísimas e de ter pedido (e perdido) subvención tras subvención.... tanto carto durante tanto tempo para só dous centros, xa poden ter a estructura bañada en ouro.... ou iso, ou ofertaban para os sábados pola noite a "barra libre" da que alardea o señor Armando Blanco....
en fin, foi tan intenso o pleno, que non sei como poñerlle fin.... así que me vou a apropiar tamén eu da sabedoría allea.... déixovos cun decálogo que non atenta contra a liberdade do bilingüismo....
DECÁLOGO DO APROVEITADO (por Juan Carlos Vicente Casado: non o busquedes no censo, non é de Teo)
1. atribuirás a outros as túas intencións ou desexos, para que sexan satisfeitos
2. nunca te enfrentarás ós problemas. que o fagan os que te queren
3. darás por suposto que as cousas se han de facer como ti queres e esixirás o seu escrupuloso cumprimento
4. esforzaráste por crear, detectar, publicar e ridiculizar os erros de todos aqueles que te rodean
5. culpabilizarás ós demais dos teus fracasos e fallos
6. atribuiraste os méritos dos éxitos de outros
7. non falarás nen escoitarás máis que aquilo que te beneficia
8. cando teñas que pedir algo, faralo de forma indirecta
9. socialmente, aparentarás ser humilde, xeneroso e esforzado para consegui-lo ben dos que te rodean
10. farás ver a todo o mundo que eres a víctima inxusta dos que se relacionan contigo
estes dez mandamentos resúmense en dous: só ti decidirás o que está ben e o que está mal, e nunca darás a cara máis que para atribuirte os méritos dos teus éxitos e dos alleos
cada quen que o lea como quiera.... ou poida

2 comentarios:

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Grazas pola información sobre o pleno Marta, e todo moi ben explicadiño, ainda que non sexas moi -ista

jejejeje

Lindeiros dijo...

http://lacomarcal.blogspot.com/