retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

domingo, 1 de febrero de 2009

falar por falar

lingua morta: aquela lingua que xa non é a lingua materna de ninguén. a partir dese intre a lingua xa non segue o camiño normal da evolución e desenrolo que acontecen ó longo do tempo das linguas vivas



hai políticos que se adican a enche-las listas electorais de xente morta e hai outros que, ante a impotencia de tratar cos vivos, se adican a monologar en linguas mortas


unha das críticas máis grandes que se lles fai ás galescolas é a do idioma: o galego. están os que queren só galego; están os que só queren español.... na miña opinión o idioma ten dúas funcións básicas: unha reside na identidade, a outra no "entenderse"; na identidade como parte dunha cultura e tamén como elemento que nos permite ás persoas socializarnos, é dicir, formar parte da comunidade na que vivimos; o "entenderse".... bueno, suponse que a comunicación é a función primeira das linguas, non?

é polo primeiro dos argumentos (a identidade) que non entendo por que posuíndo un idioma propio o temos que esconder e/ou olvidar. non creo que en Alemania haxa polémica porque nas escolas se lles fale ós cativos en alemán, nen en Francia en francés, nen..... aaaaah, claro, é que eses son países!! non o lembraba!! Galicia é "só unha comunidade", e se ensinamos galego ós nosos fillos, o máis seguro é que queiran independizarse!!! (e non me refiro a marchar da casa antes dos 40)


é polo segundo dos argumentos que non entendo por que cando "alguén de fóra" lle pregunta a "alguén de dentro", por exemplo, como se vai á catedral (que orixinal son!!), o de dentro lle contesta no seu idioma, aínda sabendo falar o idioma do outro, e ó ver que non lle entende, volve a repetir operación contestando no idioma propio sabendo que así non lle soluciona o problema ó outro. a min gustaríame atoparme cun sueco e saber contestarlle no seu idioma, cun chinés e falarlle no seu idioma, cun rumano e falarlle no seu idioma....
pero iso depende das ganas que teña un de entender e de facerse entender


forma parte da cultura de cadaquén o saber onde se atopa e saber como comportarse nese lugar/momento no que se atopa. neste sentido, está demostrado que as titulacións pouca cultura dan

nen os xestos, nen os recursos da linguaxe que se empregan nun bar, por exemplo, son os mesmos que os empregados nunha conferencia sobre a "sopa do pacífico"; un non escribe un libro para nenos empregando os términos propios dun manual de electrónica....

en fin, que para empregar dun xeito máis ou menos correcto a lingua, habería que considerar alomenos dúas cousas: unha é a que público se dirixe un; a outra, que intencións temos de facernos entender



hai políticos acostumados a que a súa labia hipnotice ós demais e se deixen levar, aínda que detrás da lingua morta que empregan non haxa significados, senón baleiro

acontece que cando eses políticos se atopan con que non todos os oídos son xordos, nen crédulos, cando se decatan de que non tódolos parvos son igual de fáciles de enganar, vense impotentes, porque descoñecen a arte do convencemento a través de verdades (mal que doian).... vense perdidos.... e reaccionan case sempre máis mal que ben.... din que a falta de "pensamento alternativo" (o que nos permite imaxinar o maior número de solucións posibles a un determinado problema) nos volve irreflexivos e agresivos....



hai enfermidades que consisten en proxectar nos demais os males propios
eu son muller, e non teño ningún complexo de amputación de membro, aínda que Freud insistira niso; non me considero nen máis nen menos que NINGUNHA PERSOA, e dentro de persoa inclúo agora mesmo a tódolas mulleres e a tódolos homes, aínda que para saber se esa "inclusión de todos" é axeitada habería que valorar caso por caso.... hai quen ten máis desenrolada a súa faceta animal que a humana
e como non teño ningún problema coa miña condición, vou a permitir que os demais tampocuo os teñan: é dicir, se o autor do blog de "tamensomossociaistasdeteo" di que é un home, eu non teño por que dicir o contrario (digo eu que coñecerá a súa condición de xénero bastante mellor ca min), a non ser que poida demostralo
e se, sen poder demostralo, quero dicilo, aclararei que se trata dunha opinión, e non de que "o outro" minta ou posúa unha ou outra patoloxía

por que me meto nesto? porque nese grupo tan amplio de mulleres que puidera estar sendo acusada de levar dito blog, entro eu. son unha das moitas que foron insultadas e/ou acusadas de feitos e comentarios que nunca cometeron; e coma neste novo, e sen embargo repetitivo, ataque, se volve a falar "delas" ("que todos saben quenes son", debe ser por iso que non especifican, pois eu son unha burriña e pediríalle que na próxima "latinada" especificase nomes para saber se me teño que sentir aludida ou non) non se aclara a quen se refiren, teño dereito a dubidar de que poida estar incluída "no grupo" (outra vez)

é curioso como sempre é "un grupo" (de mulleres) o culpable.... hai mentes incapaces, e por ser incapaces deciden que tódalas demais mentes son igual de incapaces, e que non poden levar a cabo actos independentes e individuais. é curioso coma todas esas mulleres ás que se atacou en diferentes momentos son, na súa maioría, alleas as unhas das outras: non comparten nen aficións, nen tempo, nen ideas políticas.... e sen embargo métense a todas "nun saco".... o que demostra que as mentes incapaces só poden pensar en dualidades, neste caso: o grupo dos que están conmigo e o grupo dos que están contra min.... non lles entra na cabeza que haxa máis opcións (de novo a falta de alternativa).... debe ser o sentimento de superioridade, a costume de que todo-dios faga o que un diga..... chega o momento no que ese un cre que todos os demais carecen de iniciativa propia, de ideas propias, de autonomía....

xúntanse moitos factores: a perda de adeptos, a necesidade de novos recursos, a incapacidade de satisfacer esa necesidade, que outros teñan o que un quere, que a un lle rebatan coas mesmas armas: a palabra, que os que sexan quen de rebaterlle pertenzan a unha "clase intelectual" inferior, pero aínda así o fagan mellor, por achegarse máis á razón que ó desvarío.... e ante a realidade, é tan lexítimo rendirse coma loitar; pero non é igual de lexítimo loitar cos méritos propios como base que tentando avasallar tanto ós que se deixan coma ós que non

aqueles que deciden adicarse ás linguas mortas para dirixirse ó "pobo chan", para marcar a diferencia de estatus cos pobres mortais, deberan quizais, no seu afán pola recuperación do clásico, botarlle unha ollada ás virtudes gregas.... e empezar a practicar....
xa sei que iso implicaría adicarlle máis tempo "á cultura" que á autocomplacencia (o que algo quere, algo lle costa), pero a fin de contas, tempo é o que lle hai que adicar á cultura, e non cartos.... e senon, que llo pregunten á concelleira, que algo ha de saber....
pd: entre as virtudes gregas está a da equidade, e poderíase comezar por aí. non pagarlle a quen fai un traballo e pagarlle a quen non o fai pode non ser de todo xusto, e cunha familia real, alomenos polo de agora, chéganos e sóbranos

1 comentario:

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Non se poden esperar que un asno recite versos de William Shakespeare, nin se pode esperar de Jano Leis respeto polas mulleres.

Segueme encantando a tua forma de escribir. Coma sempre xenial.

O administrador de TSSDT
(Masculino, singular)