retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

jueves, 30 de diciembre de 2010

caza de bruxas

como estamos en "datas sinaladas" en vez de comezar acudindo ó diccionario, nesta entrada prefiro empezar cun conto....

había unha vez unha aldea perdida entre montes de eucalipto e piñeiros na que habitaba, entre outros, un home que quería ser rei. de pequeno contáranlle tódolos contos do mundo para durmilo. como era de sono doado, casi sempre aparecía Morfeo antes de que, tan sequera, o príncipe soubera da existencia de princesa algunha; pero o narrador, por medo a que os personaxes non descansaran se deixaba a historia a medias, remataba tódalas noites o conto, de xeito que o home que quería ser rei, de neno, vía como os seus soños eran guiados por unha voz en off que o incitaba a pelexar con dragóns, escalar montes nos fríos invernos e acadar as torres máis altas dos castelos máis poderosos para, ó fin, sentarse no trono real como máximo mandatario.

foi así como naquel pequeno corpo se foron forxando as ansias de poder: a través dos contos que outros lle contaran.

chegada a idade adulta, pouco lle importou que a aldea na que vivía carecese de monarquía: el quería ser rei e había ser rei!

para acadar o seu soño houbo de rodearse dun pequeno exército que lle valera de escudo e de lanza á vez, e comezou a súa conquista sen sentir remorso cada vez que, para facerse cunha pequena parte da poboación, tiña que enganar, actuar cal déspota ou mentir.

houbo un tempo de paz no que, non vendo xeito de apropiarse de máis terreos, decidiu convencer ó pobo da existencia dunha raza enmeigada á que había que eliminar da aladea, e preparouse para comezar unha caza de bruxas valéndose do seu pequeno exército.... neste había homes e mulleres, estudiosos e traballadores, rapaces e vellos....

ó primeiro comezaron a caza de bruxas dende a escuridade, con pequenas tentativas de sabotaxe e inxurias sobre as vidas daquelas ás que etiquetaron como bruxas.... e foi unha das rapazas do exército a encargada de facer pública a caza....

-foi a rapaza que quería un piso e lle dixeron dende o partido no que militaba que o mercase, que ían gañar as eleccións e que tería un soldo para pagalo.... alomenos durante catro aniños
-a rapaza que por orde y mandato "doutro" denunciou e acudiu a xuízo

-a rapaza que se ten que conformar con desafogarse coas amizades dicíndolles o cansa que está do titiriteiro, e que cada vez o atura menos, ó tempo que debe seguir obedecendo as ordes das cordas

- a rapaza que non parece saber como funcionan os turnos de palabra nun pleno municipal a pesares de, ó fin, cobrar unha dedicación exclusiva das arcas municipais.......

primeiro foron cara a que traballa no concello (Portela A) -que seica está aí posta por Martiño...será que Martiño ten poderes retrospectivos-; despois foi a puta, zafia, lerda e neurótica que non lle bota mascarilla ó pelo, esta que vos escrebe (Portela B); tamén houbo para Portela (G, de García) e as dúbidas sobre a súa labor voluntaria en distintas asociacións do concello; e agora tócalle á Portela C , por traballar (nos tempos que corren eso está considerado un luxo pecañento)

resulta que se achegan as eleccións e hai que cuestionarse públicamente a labor feita polo goberno actual, para restarlle posibles votos no futuro. e se de paso se pode intentar desprestixar ás persoas que, pola súa banda, se cuestionan a labor do "sector politicucho opositor" , e a parte da súas familias, pois mellor....


algo nos cheirábamos que farían cando un día, coma quen non quere a cousa, case coma por accidente, o señor Jano Leis se presenta no concello e ve a miña irmá (a terceira bruxa) e a outra rapaza traballando no concello "codo a codo" con Carme Hermida.... Jano non visita tódolos días o concello, pero algún ou algunha das súas espías se encargaría e dicirlle que "había xente nova" para que, xusto no segundo día de traballo desa "xente nova" aparecese EL por alí.... e xusto ó terceiro día, chamada do sindicato para preguntar se as novas traballadoras cumprían coas condicións legais..., que ben que se preocupa polo benestar laboral dos que traballan para o concello!!!
non podía rematar aí.... tiñan que levar o tema a pleno.... pedindo explicacións dos actos celebrados polo departamento de cultura e deporte (e déronllas), pedindo facturas (que xa tiñan á súa disposición se querían velas onde teñen que ir a velas, pero queda máis bonito "facéndose ver" nun pleno), pedindo información sobre a formación da "xente que contrata o concello" (esto seguramente se deba á importancia que lle dá o señor Jano ó asunto dos títulos.... aínda que non se entende que os papeliños eses lle resulten tan imprescindibles e ó final se rodee de quen se rodea....)

pois o "persoal contratado polo concello" do que quixeron dar nome e apelido ten tamén os seus papeliños (esto é igual a "estudios rematados") e, ademais, máis anos de experiencia profesional no ámbito da producción musical e cultural (asunto polo que ese "persoal" foi contratado) dos anos de experiencia que ten a rapaza que cobra unha dedicación exclusiva do concello como "cobradora dunha dedicación exclusiva". en resumo: que fixo moito máis ese persoal laboral en moito menos tempo e cobrando moitísimo menos..... porque aparecen comentarios nos blogues e xornais sobre unha factura que presentou esta terceira bruxa por un importe de 3000 euros: VOLVEN A MENTIR. a cantidade exacta da factura (que non contrato, xa que a persoa que pasa a factura é unha autónoma que ofrece un servicio a unha entidade pública) era de 2718,45€ (menos o 15% de IRPF e máis o 18% de IVE, que veñen sendo 2800€ -con eses 200 que faltan para os 3000 eu, sendo atea, fago milagres-). poden os "comentaristas" comparar as grandes obras sociais realizadas polo mal chamado partido socialista de Teo coa súa dedicación exclusiva (léase: propaganda e contrapropaganda, xuízo procensura,.... a quen se lle ocorran máis ideas que as vaia soltando) cos servicios prestados con esta cantidade, que se corresponde a o soldo e os seguros de músicos (9 músicos en total) e producción completa (cea de músicos e técnicos, montaxe e preparación da carpa de cameríns, montaxe de escenario, desprazamentos, xestión e coordinación) de 3 concertos organizados nos Tilos....; a ver quen sae beneficiado na comparación servizos/prezo

no fondo penso que os case-3000 euros á rapaza e ó home pequeno que quería ser rei lles importan ben pouco...; o que seguramente lles preocupe será que dende o Concello de Teo se organice nos Tilos calquera acto (social, cultural, deportivo,...) que poidan precisar/disfrutar os veciños tilenses.... non vaia ser que lles quiten votos "no seu terreo"....

non teño ningunha dúbida de que a caza vai seguir. e ó tempo que saen escopeta en man intentarán facerse as víctimas lamentándose de todo aquilo do que os acusan (como non, dicindo que se trata sempre de mentiras) e crendo que son eles os perseguidos....

continuarán afirmando que "lle teño manía a Jano" e farán coma que non saben por que escribo sempre referíndome ó "partido socialista" de Teo.... xa expliquei unha vez que comecei a escribir nos blogues (e posteriormente creei o meu) en "defensa propia", tras enterarnos de que "as bruxas" estábamos sendo acusadas de crear un blogue e unha chea de comentarios noutros (e nalgún xornal dixital) dos que, daquela, nen sequera tiñamos coñecemento....

pero hai outro motivo para a miña crítica constante; e é un motivo moito máis poderoso que o anterior: nas últimas eleccións municipais, esta á que chaman nacionalista (a pesares de ter dito en varias ocasións que non promulgo con ningún partido político e que son completamente libre de votar ou non votar, e de, no primeiro caso, votar a quen queira), esta que escrebe, votou ó "partido socialista" de Teo, e se hai alguén con TODO o dereito a criticar as malas actuacións dun político (e este en concreto, nos últimos 4 anos, non ten unha acción política ás súas costas que poida ser considerada doutro xeito) son todas e cada unha das persoas que o votaron.

é por iso que repito que o partido socialista de Teo, co seu secretario local á cabeza, dá tanta pena coma o señor Armando Blanco falando (bébedo ou non) nun pleno municipal.

ata hai pouco lamentábame ó pensar que o meu voto foi inútil, ou máis ben, perxudicial para o concello de Teo. pero neste mundo estamos catro días e non vale a pena vivilos amargados.... así é que agora opto pola "versión optimista" dos meus pensamentos sobre aquela papeleta: e alégrame pensar que se daquela o señor Jano conseguiu 4 concelleiros contando cos votos de tanta e tanta xente que agora está na súa contra, nas vindeiras eleccións, sen o apoio de toda esta xente, e de xeito irremediable (a non ser que teña o poder de resucitar a mortos e/ou empadroar a miles de seareiros seus na súa casa) irá a menos. e esta idea xa fai, por si soa, augurar un "bo 2011" (alomenos nalgún aspecto)

[nota: admítense apostas sobre cantos concelleiros sacará cada grupo político nas propias eleccións.... e cantos quedarán do partido socialista? e quen? repetirá alguén? Sandra a cuasixeógrafa "hipotecada"? Carlos o portavoz sen palabras? Jano o "lisensiado"?.....]
é no seu victimismo esaxerado que o partido socialista intenta sacar rédito do que outros considerarían unha desgracia; dun feito que realmente perxudicou a demasiada xente.... como xa escribín comentando unha entrada doutro blogue, asociar "nacionalismo" a "bomba", a "terrorismo" ou a termos similares é propio de mentes moi limitadas. pero tampouco nos imos sorprender, porque xa o teñen feito máis veces (lembremos algunhas entradas do desaparecido blogue dos socialistas de Teo, no que aparecían fotografías moi explícitas -resulta curioso que no xuízo o señor Jano se fixera o ofendido-doído-afectado porque o tiveran asociado cos talibáns, cando eles mesmos fixeran esa comparación ó referirse ós que agora gobernan....-). pasan a vida ameazando con xuízos e culpando ós demais de acusacións falsas ó tempo que alegan públicamente, coma se non se tratara dun tema serio, que os do equipo de goberno son responsables da bomba posta na sede do seu partido!

este conto nen é de nenos nen ten fin.... aínda que agardo que alguén llo poña nos vindeiros meses; no tocante á moralexa.... digamos que abonda dicir que sacarlle rentabilidade política a un acto terrorista é tan pouco ético como cometer o acto terrorista

2 comentarios:

Lindeiros dijo...

es un cuento muy triste la verdad...

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

BOISIMA ENTRADA!!
Total e absolutamente de acordo contigo Marta, e unha pena que eso sexa así, pero de momento e o que temos os socialistas de teo.

Parabéns, Saudos