retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

sábado, 4 de diciembre de 2010

ficcións que superan a realidade

vergonza: sentimento de quen fixo unha cousa que non debía ou de quen sofre unha humillación / sentimento de inferioridade e humillación que alguén sente ante outros e que lle impide desenvolverse con normalidade;rubor/ valoración da propia dignidade/ acción ou suceso que causa indignación, escándalo, etc./ aquilo que constitúe un motivo de humillación ou de deshonra para alguén


título: designación coa que se identifica unha obra (como un libro, un capítulo, unha conferencia ou calquera obra literaria ou artística) xeralmente describindo o seu contido/ nome dunha profesión, grao ou categoría que unha persoa pode desempeñar despois de ter realizados e superados os correspondentes estudios, así como o documento que acredita tal dereito/ tratamento de honra co que un rei distingue a unha persoa, o cal se transmite ós seus sucesivos herdeiros máis directos/ documento que acredita un dereito, en particular a posesión dun ben/ escritura/ a título de.loc. prep. en calidade de, a maneira de
mentira: aquilo que unha persoa presenta como verdadeiro sabendo que é falso
moral: que se refire ás regras de conducta e ós costumes que se consideran bos e que son admitidos e practicados por unha sociedade/ que é conforme a eses costumes e a esa maneira de comportarse/ conxunto de regras de conducta que se consideran boas nunha sociedade e que son seguidas por esta/ estado de ánimo para enfrontarse ás dificultades ou ós perigos


favor: servicio que se lle presta a alguén para axudalo/ apoio, protección ou preferencia que se lle concede a alguén/ de favor.loc. adx. como favor, que contén favor / en favor de. loc. prep. para favorecer ou beneficiar a, para proveito de



son consciente de que o señor Alejandro Leis Carlés, "Secretario General de la Agrupación Socialista de Teo, Catedrático de Enseñanza Secundaria de Lengua y Literatura Española en el Instituto de Enseñanza Secundaria de Teo, padre de Abogado del Banco Mundial en los EEUU y participante de la vida política, hijo de Corresponsal del Faro de Vigo, yerno de Catedrático de Universidad muy conocido en Santiago y en Galicia"... e a esta que escrebe, cónstalle que parente de outras persoas ás que non menta perante a xuíza... lerá este comentario (e quizais o fotocopie para ir acumulando). é por iso que me permito o luxo de presentar o significado dalgunhas palabras que empregou e/ou ás que fixo alusión na súa declaración ante a xuíza para axudarlle a entender o seu significado.... terame que perdoar o meu atrevemento, por ousarme a tentar ensinarlle algo sobre a lingua a un Catedrático de Lengua y Literatura....


os títulos nobiliarios deberíanse considerar xa anacrónicos; sen embargo, nesta sociedade aburguesada na que importa máis levar un abrigo de pelexos que ter pan na mesa, aínda buscamos a amizade (que non ser "amigos" e "amigas ") de don, de doña e de ilustrísimo, esperando que dita relación nos traia algún beneficio "de honra", de posición ou material. incluso xentes declaradas antimonárquicas, outros comunistas, outros anarquistas... adoitan presumir de ser amigos de, parentes de....
por outra banda están os títulos académicos. e todos e todas, pero de xeito especial alguén tan preparado coma un Catedrático, debería saber que o único para o que valen ditos títulos son para encher currículums e optar a determinados postos de traballo: nunca para ser máis, nen mellor, e dende logo neste sistema educativo, nunca para ter máis educación
mostra de que a educación e a cultura pouco teñen que ver coas titulacións é o feito de que un Catedrático de Lengua y Literatura non saiba estar nun lugar público do carácter dun xulgado (recostándose no banco coma se estivese tomando unhas copas no sofá dun pub), non poña en práctica o protocolo de respeto a quen fala(que como profesor-orador debería coñecer) e por ilo a xuíza lle teña que chamar a atención, ou non saiba distinguir a linguaxe axeitada para cada un deses dous lugares e solte participios partidos ó asegurar que os seus alumnos "le han comentao" a temática dos blogues de Teo....

por certo, se pretendía manter separadas a súa función política e a súa función como profesor, quizais non debera ter feito propaganda do seu partido no Instituto -portando, por exemplo, pins do Partido Socialista- nen falar da "política municipal" na aula como opositor do goberno

outras mostras da distancia que hai entre ser posuidor dun título académico e "ter educación" son todos os "puta", "zafia", "lerda" e demais glorias saídas de xentes que, a pesares de non ser analfabetas no tocante á lingua escrita nen a nivel tecnolóxico, mostran que os seus estudios pouca educación lles outorgaron... e que dicir dos verbos compostos no galego, ou das carencias no desenrolo psicolóxico reflexadas no recurrente recurso ó anonimato ou no disfraz da propia personalidade tras "voces de diferente nivel cultural" (do latín ó mercadillo en menos de 5 minutos)

para o que non fai falla ter un título é para dicir a verdade. ou pódese dicir doutro xeito: ser portador dun título non implica "per se" ser portador da verdade. e tamén dan probas desto no xuízo os demandantes de xeito continuado, tanto ó referirse ós asuntos do PXOM coma a algúns dos "acusados e parentes", asegurando que só os viron "dos o tres veces de manera tangencial"....

supoño que se no xulgado lles preguntaran por calquera outro membro do Partido Socialista Obrero Español (estas siglas son de risa) de Teo que estea en desacordo coa política do señor Aejandro Leis Carlés, Secretario General de la Agrupación Socialista de Teo, Catedrático de Enseñanza Secundaria de Lengua .... bla bla bla.... tamén dirían que os viron tanxencialmente, que non os viron en asamblea ningunha ou que non colaboraban activamente co partido. destes "socialistas desconformes" só saben soltar mentiras (pensei que só nos blogues, pero tamén nos xulgados), como están a facer agora, por exemplo, con meu pai (mira por onde! eu tamén son hija de!!!), .... será outra vez a impotencia?

supoño que a señora Sandra, diante dun xuíz ou xuíza que lle preguntara se me coñece respondería que non. se lle preguntara se algunha vez estivo na casa na que vivo diría que non. e se lle preguntaran algo sobre brochas, pegamento, carteis, campaña electoral, taboeiros.... diría que non

evidentemente, se todos e todas as "grupis" do señor Alejandro Leis Carlés, Secretario General de la Agrupación Socialista de Teo, Catedrático de Enseñanza.... bla bla bla... tiveran que declarar perante un xuíz ou unha xuíza e lles preguntaran se algunha vez escribiron nalgún blogue insultando e/ou calumniando a alguén da miña familia, ou a min mesma, dirían que non.....


e digo eu: para que unha persoa, Catedrática, filla da Correspondal, pai de Avogado, xenro de Catedráticos Superfamosísimos decide acudir a un xulgado se ten pensado mentir? para que vai se se pasa a xustiza por partes do corpo que non vou a nomear?

porque está claro que este personaxe non cre na xustiza (lembremos que este termo leva implícito o de equidade). no que cre é en que uns homes (non homes e mulleres: uns homes) teñen máis dereitos que outras persoas. que un ten máis dereito á honra por ser fillo de-pai de-casado con- que o resto das persoas. que un catedrático ten máis dereito á honra que un ou unha -por exemplo- auxiliar administrativa.... debe ser por iso que no xuízo se adica a relatar a ringleira de títulos académicos e honoríficos de parte da súa familia, supoñendo que a xuíza, "ó saber con quen falaba" se vería obrigada a darlle a razón e a posicionarse no seu favor....

favor....oh! que gran palabra! e que ben a coñecen os que buscan aliados a base de defender o indefendible, e os que se gañan ós votantes e ós confidentes a base de favores (=política de esquerdas).... o que non saben estas xentes "de esquerdas" é que os que se deixan mercar por eles carecen de determinados valores e que, polo tanto, non só se deixarían mercar tamén por calquera outro ou outra, senón que ademais intentarán gañar o favor dese "outro ou outra" adiantándose, sendo tamén os seus confidentes.... é o que nas pelis americanas chaman "espía dobre". mentras esas "xentes de esquerdas" cren sabelo todo sobre a autoría doutros blogs, sobre a condición política das persoas de Teo que opinan libremente, sobre o funcionamento do concello.... a aqueles que consideran "inimigos" chégalles información sobre quen e como administraba o "autodestruído" blog dos socialistas de Teo, sobre as condicións dos políticos e afiliados do PSOE de Teo, sobre o funcionamento de dito partido....

e pretenden ser os donos da verdade asegurando que "azotan" as mentiras, cando nos intres nos que non as están creando se adican a espallalas.... e empregan "fontes tan fidedignas" que non dan pé con bóla (estarei sendo demasiado benevolente ó atribuir as mentiras desta "xente de esquerdas" a un erro na información e/ou nos informantes?)

aseguran, por exemplo, que unha asociación dos Tilos desaparecerá porque dende o Concello de Teo se lle nega unha subvención, cando dita asociación recibía tres subvencións de tres institucións (Concello, Deputación e Xunta de Galicia), e deixou de percibir tan só a que viña da Xunta de Galicia, pero, por ser a máis cuantiosa (e probablemente da que dependían) a súa actividade sociocultural se verá, evidente e desgraciadamente, afectada ....
.... ou cren saber que "se cesou" a alguén doutra asociación, cando ese "cese" foi un abandono voluntario da actividade.... (claro que non contan nada máis.... será porque detrás das acusacións falsas están os que realmente se beneficiaron dos cartos de dita asociación.... "y otros amigos".... digo eu que ese "confidente fidedigno" non saberá nada desta segunda parte do asunto....)

en resume, que me lío.... política de esquerdas é:

  • -gastar os cartos públicos en xuízos en contra da liberdade de expresión
  • -mentir diante de quen faga falla e polos medios que faga falla (xuíces, xuízas, afiliados, afiliadas, verba oral, blogues, "correveidiles",....)
  • -antepoñer os intereses políticos e económicos persoais ó benestar do pobo (cuando mi papá gane las elecciones nos mudamos a una casa más grande)
  • -defender e practicar o amiguismo: a política dos favores sempre antes que a dos dereitos
  • -considerar que neste mundo non todos somos iguais: estamos os da plebe e están os Catedráticos de Enseñanza Secundaria de Lengua y Literatura.... bla bla bla
  • -considerar que neste mundo uns só teñen dereitos (de honra, ó respeto, á intimidade, a esbardallar,....) e outros só temos obrigas (de gardar silencio)
  • -actuar e permitir que outros e outras actúen de maneira machista e misóxena, (iso si: asegurándose de dar a imaxe oposta ó "ser machista" , a través da involucración pública nalgunha "asociación de mulleres" e botando man das "arrobas"): soltar insultos machistas cada dous por tres; pretender que a muller que ten que estar na parte alta da lista electoral (puta lei de igualdade!) sexa loira e de ollos axuis (que vende máis) ou, no seu defecto, manipulable....

.......acéptanse suxerencias sobre a definición e características da "xente de esquerdas" (decidín posicionarme dunha vez e preciso axuda para aclararme a min mesma se son de dereitas ou de esquerdas)

2 comentarios:

Lindeiros dijo...

Noraboa unha vez máis polas tuas entradas Marta. A min a verdade e que as etiquetas sobre esquerdas e dereitas danme un pouco igual xa que coñezo boa xente en ambos bandos e creo que a polítíca a partir de maio vai ser xestión xestión e xestión se se quere facer algo xa que os cartos acabáronse. o que si me perece ben e que te preguntes cousas sobre ti mesma, eu tamén o fago a miudo, lástima que outros estén tan pagados de si mesmos que non pensen nin por un intre que poidan estar equivocados.

marta dijo...

eu tamén lle tiño máis fé ás persoas que ás etiquetas (ou ós títulos, jeje).... o malo é que precisamente detrás de todos estes acontecementos (mentiras, xuízos, insultos e demais) hai persoas....
eso fai que (por momentos) unha perda as esperanzas de que as cousas cambien (suponse que para mellor)