retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

viernes, 2 de mayo de 2008

crónicas compartidas

orde: organización, disposición das cousas ou persoas no lugar que lles convén.

(en azul: afirmacións do blog dos socialistas de Teo)
"DAS 12 PROPOSTAS A DEBATE NO PLENO, 6 ERAN INICIATIVAS SOCIALISTAS QUE FORON APROBADAS, UNHA DE INTEO (tamén aprobada) E OUTRAS 5 DO GOBERNO, DAS CALES 3 FORON REXEITADAS AO NEGARSE AQUÉL A RETIRALAS, COMO LLE PEDÍU A OPOSICIÓN, PARA MELLORALAS E CONSENSUALAS."

os temas que presenta o psoe de teo son de tan transcendental importancia que xa foran presentados polo bng en plenos anteriores, pero rexeitados en pleno coa axuda do voto do psoe, ben pola súa abstención, ben polo seu voto en contra.......
seica Jano (si, Jano, o grupo socialista de Teo non son catro que o seguen coma a un mesías, son outra xente que non ten voz en Teo gracias a ese señor) quere levar os méritos das cousas que saen adiante........ presentándoas en pleno despois de ter votado en contra delas, coma que son cousas súas: a maioría do que levan a pleno son asuntos regularizados con anterioridade (deben querer confirmalos), asuntos que andan en trámites burocráticos a un nivel que xa non depende do concello (léase: ASPAMITE), ou asuntos nos que con anterioridade votaron en contra.
deste xeito pódense permitir agora o luxo de afirmar cousas coma a seguinte: "MARTIÑO NORIEGA E O SEU GRUPO DE GOBERNO NON APOIARON A PROPOSTA SOCIALISTA DE ELABORACIÓN DO PROXECTO TÉCNICO INTEGRAL DA ESTRADA MILLADOIRO-PONTEVEA" asi de claro o digo: DEMAGOXIA, están a falar dunha estrada cuxo proxecto rexeitaron os do PSOE hai NADA, NADA.......

cada vez teño máis claro que estes tipos-tipas pensan que os teenses somos parvos...... ou queren convertirnos en parvos.



"O GOBERNO NEGOUSE A CONSENSUAR COS AXENTES SOCIAIS (caso do Regulamento das Escolas Infantís coas ANPAS) E COS PARTIDOS POLÍTICOS E REXEITOU AS PETICIÓNS DA OPOSICIÓN DE RETIRADA DALGUNHA DAS SUAS PROPOSTAS DIANTE DAS ENORMES LAGOAS E CONTRADICCIÓN QUE PRESENTABAN. " : MENTIRA ; a AMPA dos Tilos redactou un proxecto con modificacións á proposta do goberno, pero só lle entregou dito proxecto ós seguintes grupos políticos: PSOE, PP, INTeo......... oh!, casualidade! os únicos que non recibiron dito documento foron os do BNG; se é certo que se negaron a consensuar coas ANPAS, como é que a prosposta presentada en pleno xa incluía as modificacións feitas a partir das aportacións da ANPA de Calo???

as lagoas e as contradiccións son o prato forte do PSOE, que pasan de dicir que non hai tempo material para ler as propostas antes da comisión a dicir que eles traballaron as propostas e incluso(!!!!) fixeron anotacións (a man!!! con bolígrafo!!!!!!), e logo a dicir que non as presentaron porque non lles pareceu oportuno, e logo, a reiterar que non se lles dou a oportunidade de opinar. por favor, se hai alguén que crea que todas estas afirmacións poden sair da mesma boca en menos de 4 minutos sen cargar a dita boca de incoherencia, que me mande un médico da cabeza, que van ter razón eses "socialistas de dereitas" niso de que preciso un

pódenos gustar máis, pódenos gustar menos, pero ese é todo o "socialismo" que hai en Teo agora mesmo:

"* Regulamento de utilización de instalacións deportivas e culturais:
Oposición pide a retirada pola gran cantidade de contradiccións e eivas que presentaba o documento. Goberno municipal se nega sen dar razóns. Proposta rexeitada polos votos en contra de toda a oposición.

a oposición pide retirada para ter a oportunidade de presentalo eles nun vindeiro pleno e, co consentimento do señor Armando Blanco, sacar o punto adiante. o goberno deu como explicación que NON HAI NINGUN TIPO DE REGULAMENTO para as instalacións deportivas e que debería habelo para mellorar a organización do seu uso (algo estrañísimo que non se da en case ningunha parte do mundo, creo que só nunha tribu da amazonia central, polo que teño escoitado): un exemplo, un tipiño de Santiago quere utilizar o pabellón de Calo o sábado que ven de cinco a sete, e a Asociación de Teenses pola Igualdade quere utilizar o pabellón de Calo o vindeiro sábado de cinco a sete e media; que se fai? hai prioridades, non hai?? en iso consiste o regulamento, sen máis, en establecer unha orde para as cousas.

"* Regulamento das escolas infantís municipais:
Texto presentado tamén sen consensuar previamente nin coas ANPAS nin cos grupos políticos. Petición de retirada da oposición negada polo goberno municipal. Proposta rexeitada."
consensuouse coas ANPAS, coas que quixeron consensuar: hai parte das ANPAS que prefiren agardar a que haxa outros no goberno para facer as cousas a tempo (que non ben, facelas ben implica cambiar demasiadas cousas das que lles deixaban facer antes), así que non lles presentan as súas aportacións ó goberno, senón só á oposición.

"* Regulamento municipal de publicidade exterior:
Malia as críticas da oposición, aprobada cos votos de BNG+PSOE+INTEO e a abstención do PP"
as críticas da oposición (que non é criticar por criticar, eh? foron críticas constructivas) foron as seguintes: 'esto...... antes de facer un regulamento, haino que falar coas empresas anunciantes'; é dicir, non se lle vai dicir ós señores donos da empresa publicitada en cuestión, que prantaron tremendo cartel no medio da estrada: 'aí non pode ir', senon que lles hai que dicir, 'a ver........ esto......... eu non quero molestalos, pero que lles parece se falamos sobre o cartel? non cren que quedaría mellor en tonos azulóns?' (debín de decir 'gualda', que agora vou quedar de nacionalista-terrorista-antidemocrática). que é iso de establecer unhas normas mínimas de convivencia? vaia falta de respeto polos que as queren incumplir?


"* Regulamento e modificación da Ordenanza fiscal da taxa por entrada de vehículos e reserva da vía pública para carga e descarga: Aprobada cos votos do BNG e a abstención da oposición" aquí abstuvéronse porque resulta que o goberno actual é culpable de que ata o de agora non se viñera cobrando esa taxa e de que non haxa grúa para exerce-la retirada dos vehículos, feito sen o cal non se debería cobrar taxa ningunha: servizo-taxa; non servizo-non taxa.... está claro que a lóxica é subxectiva: hai quen a ten, e hai quen non a ten.


"* Ordenanza fiscal reguladora da taxa de utilización de instalacións deportivas e culturais:
Rexeitada cos votos en contra da oposición."
léase o punto primeiro, porque o rexeitaron coa mesma lóxica (ou falta de): este punto xa o sacaremos nós máis adiante para gañarnos ós veciños de Teo que queren utilizar as instalacións deportivas do concello e non o poden facer porque hai xente de fóra do concello disfrutándoas. como non lles chega o tempo que hai para consensuar e aportar ideas e cambios (4 días para unha única dedicación exclusiva!!! ) hai que retirar os puntos da orde do día!!

2.- SEIS PROPOSTAS PRESENTADAS POLO GRUPO SOCIALISTA:
Todas aprobadas por unanimidade, excepto a do Proxecto Técnico da estrada Milladoiro-Pontevea que non contou co apoio do Goberno Municipal do BNG. (o psoe de teo rexeitou que ese proxecto saise adiante nun pleno anterior, e agora as obras xa están empezadas)
* Elaboración do inventario de bens e dereitos do concello de Teo
* Creación e posta en marcha do Consello Escolar Municipal.
* Clasificación como dotacional público de fincas municipais de Rarís e Oza.
* Construcción do cemiterio municipal.
* Elaboración do Proxecto Técnico integral da estrada Milladoiro-Pontevea.
* Cesión de parcela a ASPAMITE
.(en marcha, cos implicados informados dos pasos que se deron para conquerir a cesión, pero....... a que quedaron ben facendo crer que iso non funcionaría se non fose porque eles levaron o asunto a pleno?)

(como aínda non hai un regulamento que me obrigue a facelo doutro xeito, as propostas do Psoe publicítoas co tamaño de letra que a min me da a gana, pasa algo?)


3.- UNHA PROPOSTA DE INTEO: (tamén aprobada por unanimidade).
* petición á Deputación Provincial de arranxo de beirarrúas na Casalonga-Calo
.
petición para a cal o grupo socialistas de Teo se encargou de levar documentación gráfica (vulgarmente, fotos)

ah, e o da estrada, asunto en contra do cal votou o psoe nun pleno anterior....... xa o dixen? non sei, por se non o dixera: o asunto da estrada, que o psoe rexeitara nun pleno anterior e agora, coas obras xa empezadas, presentou neste, para levarse méritos-alleos-non materializados!!! (é que teño mala memoria, pero que conste que eu non quero repetir tanto as cousas que me interesa salientar, eh??? eu adoito ser clara e concisa e breve e........ pero por se non o dixera antes, queda dito aquí.



ACCIÓN DO GOBERNO!!
En varios momentos do Pleno, Martiño Noriega reprendíu á oposición, e sobre de todo á oposición socialista, por facer oposición. Chegou a falar de que "se sentía agredido" e a acusar aos socialistas de "deslealdade". E todo simplemente porque o Grupo Socialista lle presentou 6 mocións e porque lle puxo reparos (con razóns fundadadas) ás suas propostas de taxas e regulamentos
. para víctimas os pobres socialistas, que tiveron que recurrir en varias ocasións a mamá Sandra para que lle berrase ó neno malo do cole que se estaba a rir deles......... meus pobres, eles tan bos, con tan boas intencións nesas muecas e xestos de 'Xa vai a falar este e a dar a sua opinión....', empregando o sarcasmo só de xeito constructivo ó referirse 'ó goberno das ordenanzas', eles que só empregan e expoñen as conversas privadas para lembrarlles ós do goberno que acordaran que non se ían insultar nen faltar ó respeto mentras lle chaman mentireiro ó alcalde, eles que só traballan polo ben de Teo.... (estoume pasando??? porque se me estou pasando, parádeme).

en canto ó dos símbolos, xa sabía eu que o ían empregar como un : 'critican a Jano por falar a destempo das bandeiras= non queren bandeiras= son nacionalistas= son asasinos= son stalinistas= son negros do congo fixo!' (con tódolos meus respectos para os negros do Congo que non teñen culpa de nada)
mira ti por onde!!! o único que se criticou foi o feito de que un señor tente obrigar á cidadanía a pensar que o alcalde non quere as bandeiras no seu despacho; en ningún momento se criticou o feito de que as bandeiras estiveran alí, nen sequera creo que sexa un tema de interese para un pleno no concello de Teo........ non hai máis cego que o que non quere ver............ e neste caso, Jano Leis e a súa banda poderíanse ver reflexados na "parábola de cegos", de Pieter Brueghel, onde un cego vai guiando a outros cegos (eles, que tanto gostan das parábolas....)



acontece que cada membro dun grupo de traidores corre un perigo: ten máis posibilidades de ser traizoado

traizón: falta que comete unha persoa contra outra que tiña a súa confianza posta nela

6 comentarios:

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Marta tan xenial coma sempre... Os veciños xa empezamos a ser menos parvos, e xa non nos creemos a estas alturas da pelicula o que nos di o Blogue Socialista.

Pero moi ben, sobre todo breve... jejeje

marta dijo...

gracias por lerme a pesar da brevedade........ jejejje....... xa sabes, todo se pega...... ou case todo

margó dijo...

Ola. É a primeira vez que escribo nun blogue ou nun diario dixital ou nalgo parecido (aínda que xa sei que moitas/os poden pensar o contrario). E escribirei só esta vez, só para dicir que sinto moita rabia e sobre todo pena, porque pensei que neste país xa tiñamos superado o feito de "pensar e expresarnos con liberdade".
Pero xa vexo que non é así, ao parecer toda esa xente que fala nos blogues non ten nome nen apelidos...ou tenos mais non quere que se saiban.
Dame moita pena sobre todo porque penso que cando un defende algo (ou a alguén) e verdadeiramente cre no que defende non debería ter "medo" a dar a cara, sen embargo non é así. Defendemos ideais e defendemos persoas que defenden ideais pero facémolo anónimamente porque non vaia ser que un día resulte que eses ideais ou esas persoas non eran os correctos, e entón, mellor que non se saiba que estabamos a defendelos.
Sen embargo non nos paramos a pensar que todas/os nos equivocamos, ninguén é perfecta/o e non é delito dicir o que se pensa, se un día resulta que estabamos erradas/os, eu serei a primeira en recoñecelo.
Non creo que estea en posesión da verdade absoluta (de feito sei que non o estou) mais ninguén pode asegurar que o está, simplemente deberiamos poder expresarnos libremente e dicir o que opinamos libremente, sen que ninguén teña por que recibir "ameazas" ou "presións" por dicir ou deixar de dicir algo no que cre.
Moi ben o blogue, a ver se alguén se atreve un día a debatir nel, aceptando as regras do debate.

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

O lado oscuro de Jano Leis en:

http://tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com/

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

"VAZQUEZ PALLAS FOR PRESIDENT"

tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

DENDE O BLOGUE DOS SOCIALISTAS DE TEO VOLVESE A ATACAR A OUTRA TRABALLADORA DO CONCELLO... ¡UNHA VERGONZA!

TAMENSOMOSSOCIALISTASDETEO.BLOGSPOT.COM