retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

miércoles, 2 de julio de 2008

lectura conxunta: gaceta do psoe de Teo*

inxenuo: que ten excesiva confianza nos demais e na súa boa intención, e que el mesmo actúa de boa fe [persoa]. Demasiado inxenuo para ser político (exemplo do diccionario, non meu) ./ cándido, miñaxoia, pánfilo./ que manifesta esa actitude ou calidade. / inocente







lin hai pouco un comentario no que se insinuaba que "alguén" lle tiña medo á gacetiña do psoe de Teo.... que eu saiba, os únicos que lle teñen medo á letra impresa son os "queimadores de libros".... aqueles que pretenden que os demais non lean, non vaia ser que teñan ideas, que saquen conclusións.... ou aqueles que censuran, non vai ser que as letras lles saquen a razón (da que case sempre carecen)....




o tridente.... como as partes incomprensibles da 'santísima trinidade', tres. acontece que dos tres grupos da oposición, un xuntou cartos e inxenio para 'editar' un folletiño coas súas 'ideas políticas'.... e entre as súas ideas políticas hai unha que consiste en considerar a quen non lle segue o xogo sucio como tránsfuga e a empregar e eses supostos tránsfugas para inventarse novos tridentes e coalicións segredas....

acontece tamén que hai coalicións ocultas e perversas se se vota a favor do grupo municipal; pero cando todos votan en contra do grupo municipal non é porque se reuniran en segredo os grupos que pretenden/pretenderon nalgunha ocasión a moción de censura, nen que haxa antes de cada pleno 'reunións' nas que se poñen en común as votacións para os puntos do día, senón por 'sentido común'....


que acontece, pois, con todos os puntos nos que o pp, o psoe e inteo votaron igual (a maioría, por certo), ou votaron de xeito que as propostas non sairan adiante (coa negativa duns e a abstención dos outros)? resposta lóxica que se le entre as liñas rectas da gaceta dos socialistas de Teo: son froito do sentido común, sen máis. resposta lóxica segundo o sentido común: son froito dalgunha 'posta en común' entre psoe de Teo e pp de Teo.



vólvese a falar na gaceta do PXOM; volvemos a falar logo aquí do PXOM: é certo que no pleno no que se tratou o asunto do PXOM o partido socialista de Teo lle falou ó grupo municipal das súas consultas a avogados que 'certificaban' que de pedir a volta do PXOM non se tardaría máis de 5/6 meses en solucionalo todo..... por certo, esa información presentárona directamente en pleno, sen pasala por comisión, para causar un impacto maior nos asistentes ó pleno, supoño, e chamar a atención dos mesmos (así coma do resto de concelleiros) sobre o seu gran saber e a súa profunda preocupación en que as cousas no concello saian ben.... 'aínda que sexan outros os que manden'.... sen embargo, meses antes, non dixo o mesmo Jano Leis nunha das asambleas socialistas, cando pensou en voz alta aquilo de que a ver se a Xunta aprobaba axiña o plan, antes de que eles gañaran as eleccións, porque xa non había marcha atrás, e se gañaban as eleccións (meus pobres!!!) con ese asunto a medias ían ter un gran problema....



como ben di a gaceta, uns erre que erre con taxas e ordenanzas que non había feitas.... (e claro, unha de convivencia cidadá é urxente, porque xa a teñen moitos concellos en España.... outras que regulen o funcionamento/uso dos servicios públicos, ruídos, vallas publicitarias, augas e sumidoiros.... esas, aínda que noutros concellos funcionen dende o principio dos tempos, non nos fan falla porque en Teo somos o suficientemente responsables como para vivir e pagar respetuosamente o noso sen molestar ós demais....); outros, erre que erre con asuntos que xa están en marcha (concesión de terreos ASPAMITE, máis policía para o concello).... como será que lucen tanto as propostas feitas polo partido socialista de Teo cando son as mesmas que fixeron outros antes e que os mesmos socialistas se encargaron de que non sairan adiante? será que lles votan o verniz este que empregan nas pastelerías para que os croissants de onte parezan de hoxe?



sen dúbida, Teo debería estar gobernando polo psoe de Teo, así sacarían adiante rúas e beirarúas poñendo cartos do seu peto.... como se entende senon que pretendan trasladar a Gran Avenida a Rarís sen tocar cartos doutros lados? cartos que, por certo, non se ían quitar de ningún proxecto non realizado, senón daqueles proxectos xa feitos con outra partida orzamentaria, ou que xa non se van realizar por incompatibilidade con terceiros proxectos....



agora chega o momento de introducir o termo 'miñaxoia, cándido, pánfilo....': pluralidade ideolóxica NON é falar en inglés!! nen sequera é 'saber latín'.... que entende o grupo socialista de Teo por pluralidade ideolóxica?? se non lembro mal son eles os que levan tempo asociando 'nacionalismo' a 'terrorismo'...., 'galescola' a 'nacionalismo radical', 'pluralidade ideolóxica' a 'bandeira de España' (debería ter a bandeira de Teo aguilucho??).... e estas son ideas bastante extendidas, pero ata o de agora só as escoitara de voces da dereita.... e dereita e pluralidade ideolóxica.... debe de residir aí iso da 'pluralidade ideolóxica': ideas que en Teo defenden tanto os da dereita como os que queren pasar por esquerda....



hai máis cousas que non me encaixan moi ben.... tránsfuga non significa 'ter ideas propias', nen 'non acatar as ordes sectarias do dictador'.... hai xente que pensa por si mesma, e iso é o que lle fastidia tremendamente a outra xente acostumada a que a sigan a cegas, a que lle deixen facer e desfacer sen criticar nen valorar se as súas palabras e/ou os seus feitos son os correctos, sen cuestionalos.... a cegueira é un problema ben grande, que nada ten que ver co órgano dos ollos, senón coa carencia do sentido de interpretación por parte do cerebro....


exemplo de interpretación confusa:

lendo os titulares da gaceta sobre os transxénicos a idea primeira que un lector interpreta é que negando os transxénicos o grupo municipal fai mal.... menos mal que me dou por ler a noticia enteira e vin que, ó fin, o grupo socialista de Teo apoiou dito punto (e ademais "por suposto" que o apoiou.... se é algo tan evidente que deba ser así, por que tanta volta se lle da ó feito de que o bng fixera dita proposta?); unha proposta ha de ser orixinal ou funcional para ser aprobada? porque o que se interpreta deste texto é que ó goberno lle falta orixinalidade nas súas propostas.... non sei, poderían empezar a propoñer que se estableza en Teo a primeira granxa estatal de elefantes mariños, ou que ós plenos os concelleiros deban ir vestidos todos da mesma cor, de pés a cabeza, e cada mes dunha cor diferente.... iso si serían boas medidas (por orixinais), e non as taxas e regulamentos e ordenanzas (funcionais de merda).




pero como todo neste mundo, a orixinalidade ás veces tamén depende dos ollos que a miren.... isto na actualidade pasa ata coa información!! explícome: se alguén di que 'o goberno local se nega a construir unha gardería se esta non é unha galescola', non está mintindo, nen sequera manipulando..... sinxelamente: é orixinal.... ou alomenos agardo que con esta afirmación o(s) autor(es) desta gaceta pretenderan ser orixinais, xa que o que acontece é que o goberno local NON TEN CARTOS para sacar adiante unha nova gardería (CONSTRUCCIÓN, PERSOAL, MANTEMENTO....) e , se se contruira, tería que depender da Xunta, que, casualmente (sendo o presidente, nen máis nen menos que socialista!!!) ten un plan de garderías cimentado nas GALECOLAS.... é por iso que tería que ser unha galescola (por outra banda, un perigo público, criadeiro de terroristas e homes-bomba-lapa) .



ben, non vou ir pedir seriedade a onde sei que non a hai.... cando os asuntos se levan a pleno é para ser debatidos e votados, non para retiralos porque a un grupo non lle guste que saian adiante; se a dito grupo non lle gusta que saian adiante, o que ten que facer, sinxelamente, é votar en contra.... claro que ás veces isto é un compromiso, porque un se ve na obriga de votar en contra de cousas que sabe que o pobo quere, ou en contra de puntos que pretendían propor eles máis adiante para quedar ben.... e claro, como votas en contra diso?? corres o risco da incoherencia, ou o que é peor para un partido: quedar mal!!!




chegando o final non podo perder a oportunidade de dar as gracias, gracias , gracias, (etc varias veces) ó señor Jano Leis, porque por el, e só por el, haberá un novo campo de herba artificial para o concello.... nada teñen que ver as axudas exteriores, nen que se presentaran as solicitudes para tales axudas, nen bla bla bla bla.... é gracias ós seus contactos que haberá en Teo un novo campo de herba artificial.... gracias ás súas reunións (oficiais, por suposto), que mil voltas lle dan ás reunións que o señor alcalde apunta na súa axenda e despois non fai.... gracias de novo, heroe!! como é posible que os mortais teñamos dereito a ver, tocar, escoitar a seres coma este??




'veracidade, obxectividade, claridade e transparencia'.... volvamos ós pánfilos.... imos ver!!! quen é quen de insultar de tal xeito e 'quedar tan ancho-a'?? hai máis transparencia nas miñas opinións que na 'súa información'....

está moi ben que proxecten as súas ideas e as súas opinións a través de papel escrito, pero, por favor, que non nos fagan parvos intentando vender que 'ese escrito' está libre de prexuizos e opinións e que tan só é información, veraz, transparente, OBECTIVA(!!!!!)




* lectura conxunta entre o blog de taménsomossocialistasdeteo (é dicir, dos que 'envexan a Jano' segundo as malas linguas.... non sei se os seus ollos azuis turquesa, a súa estatura titánica, a súa elocuencia demagóxica ou a súa figura grega....) e osmentirososcompulsivosvisitanopsicologo

4 comentarios:

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
marta dijo...

por unha equivocación borrei o comentario anterior, que anteriormente moderara e aceptara;
dito comentario pertencía ó autor do blog de tamensomossocialistasdeteo, e anunciaba as publicacións conxuntas desta entrada e outra sobre o mesmo tema no eu blog.

marta dijo...

ata o de agora publiquei tódolos comentarios que foron feitos nas entradas do meu blog (perdón de novo polo erro que cometín ó elimina-lo primeiro desta entrada; pódese ver o mesmo comentario noutros blogs).... isto quere dicir que non comentou moita xente....

sen embargo si comentan "noutros blogs" o que se di neste. tendo en conta que NON ME ESCONDO DETRÁS DE NINGÚN ANÓNIMO, ademais de un acto cobarde considéroo como unha falta de respeto; pero como só son responsable DO QUE EU FAGO, e non do que fan outros, tocarame comentar aquí os comentarios que non habían publicar noutro blog....

primeiro: eu non me adico en corpo e alma a destruír a ninguén; só dou a miña opinión sobre a NON-POLÍTICA que está a facer o grupo de Jano Leis (que non socialistas), porque me parece lamentable que non teñamos opcións políticas á hora de acudir ás urnas.

segundo: EU NUNCA DIXEN QUE ERA SOCIALISTA, nen militante, nen simpatizante, nen nada.... nen do grupo socialista nen de ningún outro... así que iso de REafirmar que "esa persoa non é militante do partido socialista" é coma intentar convencerse a un mesmo que pode chegar a ser unha estrela da NBA midindo 75 centímetros.... ánimo a todos aqueles que medindo 75 centímetros queiran ser estrelas da NBA, pero nunca dixen que fora socialista, A PERSOA QUE TAL AFIRMOU É OUTRA, QUE SI É SOCIALISTA (mal que vos pese)....

terceiro: eu falei de que deixaba as miñas OPINIÓNS; os que falaban de verdade, transparencia e obxectividade eran outros que non coñecen os seus significados; e demostran que non o saben ó afirmar que eu afirmei ser do grupo socialista: teño que repetilo??? NON SON SOCIALISTA, NUNCA FUN SOCIALISTA, E SE SER SOCIALISTA IMPLICA SEMELLARSE NO MÁIS MÍNIMO A UN ADORADOR DO SEÑOR JANO LEIS, ESPERO NON CHEGAR A SER SOCIALISTA NUNCA.

eu a máscara só a poño en entroido.... e ás veces nin iso, que non me fai moita falla....
nen máscara nen maquillaxes nen historias, que NON TEÑO NADA QUE TAPAR ....
poden dicir o mesmo calquera dos que falan por detrás, dos que tiran a pedra e esconden a man, dos que comentan a escondidas e lonxe deste blog?????


non sei se hai fíos detrás do autor do blog de tamensomossocialistasdeteo (aínda que o dubido); o que si sei é que a min non me moven fíos ningúns, que xa son grandiña para acertar e para trabucarme sen botarlle a culpa ou os méritos a ninguén.... pode dicir iso calquera dos que se sentan na mesa dos "socialistas de Teo" que non se chamen Jano Leis??? poden dicir o mesmo calquera dos que escriben tralo anonimato en defensa do sectarismo???

ale, a seguir comentando sobre este blog noutros blogs; podedes chamar ó diario de patricia e falar alí de min, a fin de contas vós si sabedes (ou podedes saber) quen son eu, non???
e feliz ano novo, eh???
coidado co turrón brando, que se pega nos dentes..... (isto non soaría a ameaza, non?a ver se me van a tirar agora do código penal por considerar que o turrón brando é un arma branca.....)

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

"Os cegos que non queren ver"

Unha nova entrada en:

tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com