retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

jueves, 31 de julio de 2008

lo tuyo es puro teatro

pantomima: representación teatral na que os personaxes non se expresan con palabras, senón con movementos e xestos. / acción ou actitude finxida para enganar.
simbiose: asociación moi estreita entre dous seres de distinta especie, de xeito que ámbolos dous tiran proveito deste estado para o seu propio desen-volvemento. / asociación estreita entre persoas, cousas ou organismos, de xeito que se proporcionen beneficio mutuo.
non é por predilección miña que vos queira impoñer o tema do teatro unha e otra vez.... son as circunstancias as que mandan.... así que, véxome na obriga dedicirvos que: 'comenza a fundación'!!!
eles xa publicaron a peli en "versión 'orixinal'" (é dicir, a súa versión); eu intentarei traducir para a xente de a pé....
desta vez, só mencionarei a unha persoa, aúnica importante neste pleno: o guionista. hai que ver como traballa o guionista do concello; a este señor habíalle que dar un Óscar mínimo, porque facer que da boca do señor Armando saian determinadas palabras (aínda que as teña que ler) xa ten o seu mérito.... iso si.... aínda que eu falo castrapo máis que galego, intento na escrita esforzarme un pouquiño máis, así que me vou permitir o LUXO de dicirlle a este guionista, polo demais, ousado, que NO GALEGO NON SE EMPREGAN TEMPOS COMPOSTOS (fágase partícipe deste consello calquera outro guionista que así o considere preciso); xa que tantas clases dan por aí de normativa galega, voume sumar eu a iso da ilustración (que a min non me gusta nadiña o de "grazas", o da "z" por 'doquier', pero éche a normativa, e os que a defenden antes deberan informarse do que a normativa di).

como dicía, tivo unha gran intervención o señor Armando no pleno.... ou unha tras outra máis ben; o malo é que pasou de facer rir a provocar vergoña allea, e de aí, a dar pena.

sen dúbida a palabra do día foi a de "chiquilicuatre".... "chiquilicuatre" con todo o respeto, claro; "carallo" con todo o respeto; puido dicir 'eres un gilipollas, pero con todo o respeto'.... bueno, gilipollas non, pero 'burros' sí que lles chamou ós señores do grupo de goberno municipal.... só iso: como é moi respetuoso, non lles dixo iso de "que jeta tedes", esas son expresións vulgares que só empregan os aldeáns do bng.

e aínda lle di a Martiño que "a silla de alcalde lle queda grande".... e como non lle vai quedar grande, se estaba feita a medida do anterior (con todo o meu respeto).

o único bo que fixo señor Armando neste pleno foi recoñecer públicamente que as "súas mocións" veñen impostas polo partido.... para iso cobran unha dedicación exclusiva: para adicarse a non facer nada.... bueno, nada non, que len as mocións propostas pola directiva do partido dende fóra do concello

veuse ó longo da obra que a filosofía do psoe de Teo sobre a normativa de convivencia (esa de "esa normativa é boa porque a teñen outros concellos") callou nos demais grupos políticos da oposición, e agora resulta que ter un concello endeudado non é un problema polo simple feito de que hai moitos concellos que están endeudados.... senón todos.... pois moi ben!! logo teremos que quitarlle importancia a eses tres millóns de euros vermellos. e ós cartos tan ben gastados en viaxes a Tenerife (incluso fletando dous avións o mesmo ano por terlle feito a promesa da viaxe a xente que non se anotou dentro das datas pevistas e quedaron sen sitio), en comidas para os maiores (iso si son ctividades culturais para tódalas cores e tódalas idades!!), en parques de skate ou en firmas en cheques, que mirade se foron ben empregados que agora ninguén os recoñece como propios!

nada, que a este concello lle pasa coma a min: que a rica non chego e como pobre estou ben situada.... e seica o concello está ben situado así, con tres millóns de euros en débedas....

non sei nen para que se fan plenos, co ben que o deixaron todo os anteriores.... ai! espera.... si.... xa o sei.... os plenos fanse para que se entreteñan os do psoe de Teo.... seica na última asamblea deberon dicir: "todos ó pleno", e alá foron todos (e aínda así non o encheron). o que non dixeron é se ían a ver qué ben lía Carlos Rego ou se só ían para asegurar a reportaxe fotográfica do gran evento.

en realidade o señor Rego non só sabe ler, senón que foi o único do psoe de Teo que, ademais, falou. os demais membros do grupo ós que se lle oeu a voz neste pleno ou leron ou reproduciron o que lle dicían polo 'pinganillo' (canto xogo dá esta palabra!).... e aínda fixo unha cousa mellor que falar, e foi a de ausentarse do pleno antes de ter que participar da pantomima.

neste grupo teñen a imperiosa necesidade de que lles digan que "non" a algo para facerse as víctimas; así que levan a pleno asuntos que saben que NON SON DE COMPETENCIA PLENARIA; asuntos que xa se lles dixo que non eran de competencia plenaria, pero que podían ser falados, debatidos e discutidos en "rogos e preguntas"; o que pasa é que o señor alcalde xa lles aclarou que coa maior parte do contido desas "dúas mocións de urxencia" estaban de acordo, e claro, non lles intersa levar a pleno un asunto e que o grupo municipal estea de acordo con eles, o que queren é que estean en desacordo para poderse laiar.

e, por sorte, son xente precavida e xa levaban o 'texto protesta' preparado; así a señora Sandra non tivo que improvisar (a afonía do señor Leis impedíalle improvisar a el) e puido dicir de correctísima maneira que 'este goberno é dictatorial e que eles son hipermegademocráticos e por iso se ausentaban'. tantos anos protestando contra o goberno do señor Armando Blanco.... parece mentira que non se lles ocorrera antes isto de ausentarse do pleno en forma de protesta ante as maneiras do anterior alcalde.... ou será que realmente todo iso lles importa ben pouco??

tamén por sorte, a casualidade fixo que algúns dos asistentes levaran cámara de fotos ó pleno, e hai probas gráficas do que alí pasou.... da 'levantada' (dirase así o contrario de 'sentada', digo eu).

ese "veuse obrigado a abandonar o pleno para expresarse formalmente", referido ó grupo socialista de Teo e á súa actitude no último pleno (blog socialista de Teo) quere dicir, "veuse obrigado a abandonar o pleno para tapar o ridículo feito coa eliminación da moción tan anunciada e retirada porque estaba mal plantexada" (parece mentira, verdade? co listos que son todos e tanto que saben de legalidade, co ben que fan todo sempre, que anunciaran con bombo e platillo a súa moción sen informarse antes sobre se a poderían levar a cabo.... claro, como despois é doado queixarse de amputación en vez de RECOÑECE-LO ERRO....). porque estiven alí e vin claramente que non se lle obrigou a ninguén a abandoa-lo pleno; e porque o lugar para expresarse formalmente sobre os asuntos do concello é o pleno, non o bar de enfrente ó lugar no que se celebra o pleno.

vexamos pois, resumo do pleno: como sair en primeira plana sen gañar unha copa?? primeiro: facer unha proposta de NON competencia plenaria; segundo: recibir o aviso de que o asunto non é de competencia plenaria; terceiro: insistir na proposta pero xa ante público previamente avisado, porque os superheroes poden con todo, tamén coa lei; cuarto: levar preparado o 'kit espíritu do 68', que consta de texto protesta, 'grupis' con axendas apretadas o resto do ano, cámara de fotos (alomenos unha por cada dous grupis, de non ser posible, levar grupis con retentiva gráfica que posteriormente narren o acontecido).... píódense engadir pancartas ó 'kit espíritu do 68', pero quizais estas evidencien a intención anterior incluso á propia proposta de moción de urxencia, así coma dun ensaio previo á posta en escea; para quen non entenda: é posible que a pancarta faga que o acto en cuestión perda a espontaneidade que, sen dúbida, este si tivo).

noutras condicións diría que está moi ben que a xente nova teña esa capacidade de sentirse "revolucionario", pero esta pantomima é máis propia do señor Rajoy en simbiose con unha asociación moi concreta de 'víctimas do terrorismo', ou en simbiose coa iglesia católica apostólica e romana, ou en simbiose con calquera outro que lle dea unha excusa para pintar unha pancarta; xa se sabe que agora a 'dereita de centro' non ten escrúpulos para sacar á rúa o seu polo rosado a protestar (dá igual o tema).... dende que aquel ó que lle chamaban "pancartero", ou algo así, gañou unhas eleccións, eles recurren ó acto que noutra época despreciaban......

esta 'dereita de esquerda' que temos en Teo, dirixida pola man firme do señor Jano Leis tampouco dubida en emprega-lo 'kit espíritu do 68' nun ataque de sentimento revolucionario.... mais eu penso que a revolución mal empregada ataca á revolución. as revolucións, como as manifestacións, perden sentido se se empregan mal, en momentos non necesarios, porque cando fagan falla ninguén crerá nelas.

outro exemplo de revolución mal empregada no pleno: a votación do grupo socialista de Teo na moción presentada polo partido popular sobre as "fundacións". cando sabes que o teu voto é decisivo, posiciónate. se sabes que absténdote o punto sairá adiante (6 pp + 1 inteo = 7; 6 bng=6; 7>6), posiciónate a favor xa dende un principio; non contes o conto de que estás en contra, a menos que se lle engada un cambio á proposta feita se, unha vez que se vota a proposta sen facerlle ese cambio votas de xeito que a votación saia favorable á moción. se, sabendo o que acontecerá coa túa abstención te segues abstendo porque en realidade che importa ben pouco que saia ou non adiante, non te metas en política. nesta votación enganaron ata 'ós seus', que dende a tribuna auguraban un voto en contra.... así quedaron tras a abstención, nun silencio coma 'a copa dun carballo', que será menos alta que a dun pino, pero máis ancha que Castilla.

ante o medo de que o teatro se enchera, prepararon ben a 'fundación' (redios, que me pasará hoxe con esta palabra, que non me sae ó dereito!).... e imaxinade qué ben o farían que ata os seus, os 'familiares', que normalmente son os que aplaudan saia como saia a obra, marcharon.... (en sinal de apoio á protesta?? máis ben porque a soedade é o que ten, fai fuxir á xente)

aínda que se foron, todos os tivemos moi presentes ó longo da lectura da lista de 'rogos e preguntas': o máis emocionante desta parte, que o señor Armando e o señor Parajó protestaran de forma conxunta porque moita xente de fóra do concello usa as piscinas municipais sen que se lles cobre nada!!! despois de ter botado abaixo a tentativa do grupo municipal de normalizar o uso das instalacións deportivas e o cobro polo mesmo á xente de fóra do cocello!!! será que O GUIONISTA cometeu un erro ó facerlles ler ese punto??

pd.1: quizais a maneira primeira de reducir gastos sexa: eliminar as dedicacións exclusivas para os grupos da oposición que NUNCA houbo en Teo (máis seguía habendo grupos na oposición aínda que non cobraran por elo), concello que non se pode comparar ós limítrofes posto que non teñen as mesmas cantidades nas súas arcas (entre outras cousas), e eliminando o pago da asistencia a pleno (tanto ós plenos ordinarios coma a eses centos de plenos extraordinarios que propoñen os mesmos que despois TEÑEN A JETA de dicir que teñen propostas para reducir os gastos do concello).

pd.2: faría Jano folga de lingua caída ata que sexa alcalde tamén en xeito de protesta??? ai, señor.... estarei soñando??? igual son só 'problemas internos'....

3 comentarios:

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Manda carallo, estes JANISTAS, cada día están máis tolos... ¡ESTÁN LOCOS ESTAN ESTES ROMANOS, digo, JANISTAS!

Hai xente que está en contra das pistas deportivas ao carón do cemiterio... e se o motivo é por "respeto" ao lugar santo do cementerio... preguntome eu:

¿¿¿POR QUE CARALLO NON HOUBO PROTESTAS NAQUEL ANO NO QUE O SEÑOR ARMANDO (O AMIGO DE JANITO E EX-ALCALDE) ORGANIZOU XUSTO NESE APARCADEIRO, ÁS PORTAS DO CEMITERIO, A FESTA DA TERCEIRA IDADE????

E que claro, facer deporte é "irrespetuoso co lugar" e sen embargo estar de festa e bailoteando non o é...

E QUE UNHA FESTA NUNCA DEIXA DE SER UNHA FESTA... ¡Janito e Armandito... moito vos gusta ir fa man carallo! Saúdos a todos :D

TSSDT
tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Cando Jano votou a Martiño, por non votar a Parajó...

en...

tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Que ocorre neste concello, existen veciños de primeira división e veciños de terceira rexional, aos veciños de Cacheiras apoianos a morrer, contra vento e marea, e en cambia hai veciños como os da Ramallosa que están con verdadeiros problemas e ninguén os axuda... a ver ser facemos algo...

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=4&idEdicion=995&idNoticia=338774

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2008/09/03/0003_7107986.htm