retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

martes, 22 de julio de 2008

música na noite

volve a Calo música na noite......
despois de máis dunha década.... dise por aí que vale máis tarde que nunca....
na época na que naceu Música na noite, o folk e a música tradicional para a maior parte da xente non eran máis que un vello nunha aldea tocando a gaita de mala maneira....... Carlos Núñez aínda non levara as notas dese instrumento polo mundo adiante cos Chieftains, senon que andaba por aquí, precisamente por Música na noite, tocando con Matto Congrio; tampouco Mikel Oldfield se apoderada dos sons de Luar na Lubre....... vale que Milladoiro xa eran Milladoiro aquí e na China, pero a maior parte da música que se facía en Galicia era, para os propios galegos "gaiteiradas" (sabedes que é o ton despectivo?? pois engadídello a esta palabra neste contexto).
había uns poucos festivais en Galicia que trataban de manter e dar a coñecer este tipo de música, pero nen á xente nova se lle pasaba pola cabeza montar un grupo folk, nen había un mercado no que desenvolverse....
e aquí, ó lado da casa, tiñamos un deses poucos festivais.... pero claro, só se trataba de 'cultura nacionalista', é dicir, 'banco de votos para a esquerda nacionalista, é dicir, criadeiro de terroristas, que aínda por riba se emborrachaban (non coma nesas grandes festas patronais, ou verbenas de orquesta, nas que só se venden gaseosas, nen nas grandes comilonas, nas que só se serve zume...'. algo semellante a esto é o que se me ocorre que pensan/pensaban todos aqueles que non están/estaban de acordo con que se celebre/celebrara este festival.....
daquela fíxose o imposible por que Música na noite tivera un fin próximo.....



.......... este ano, volve Música na noite

dirán que calquera que colabore con este festival é nacionalista, ou amigo de Martiño, ou busca un favor do concelllo......

a asociación Lúa Chea non lle pide a ninguén carné de militante (de ningún partido) para facerse socio, nen para asistir ó festival, nen para colaborar con el........ non llo pideu nunca; é por iso que da asociación Lúa Chea formaban parte persoas con diferentes ideas políticas..... ou con ningunha idea política feita pública....
non será isto o que se diga...... e eu "serei nacionalista "(unha vez máis) por 'facer propaganda' desta festa, como xa o fun por dar a miña opinión sobre outros temas...... a mentalidade dalgunha xente non dá para máis: ou branco, ou negro; ou estás conmigo ou estás contra min.....

non sei se é a mesma xente que hai anos non apoiaba Música na noite a que agora se adica a arrincar dos pasos elevados as pancartas que anuncian o festival; sexan esas ou outras 'persoas novas', dicirlles que acudan sen medo ó festival, que os que tocan non son amigos do alcalde, que a festa é para xente de tódalas idades e tódalas cores políticas (non coma insinúan por aí os que comparan as actividades culturais que comeza a haber en Teo coas que NON había cando gobernaba o señor Armando Blanco, sinal de que acuden óa actos realizados na actualidade, para ter tanta información....).
vanlle vender de beber e de comer sexa do Barcelona ou do Madrid, vai poder aparcar igual que os do Sevilla, e terá posibilidade de bailar na herba, ir mexar e pedir 'outra' coma os siareiros do Bilbao.... outra cousa é que non queira ir....... pero se é así: lembrar de novo que AS NOSAS LIBERDADES REMATAN ONDE COMEZAN OS DEREITOS DOS DEMAIS..... e se o veciño do lado pode colgar unha pancarta anunciando que deixou preñada á da porta de enfrente e se casan, este festival pode ser anunciao no mesmo lugar público; se considera que non é lugar axeitado para poñer propaganda, que o denuncie, que iso de 'ir de avogados' está de moda....

rematando..... agradecerlle ó Concello que apoie a recuperación de Música na Noite, polos esforzos feitos para sacar adiante este reencontro, en colaboración coa asociación.... e dicir que me gustaría que a partir do ano que ven, a asociación Lúa Chea recuperase forzas e de novo poidese facerse cargo de toda a organización do festival....

lembrar que NON É OBRIGATORIO ASISTIR ÁS ACTIVIDADES ÁS QUE NON SE QUERE IR, SÓ PARA ANOTAR QUEN VAI OU NON, A QUEN LLE GUSTA ESA 'MÚSICA NACIONALISTA' OU NON, QUEN MEXA POR FÓRA OU NON


6 comentarios:

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Versos sacados do web de Galicia Hoxe, escritos por Xoán Xosé Fernández Abella, dedicados ao deus de tódolos deuses, JANO LEIS...

http://tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Os janistas de Teo retiran da sua moción o punto relativo as dedicacións exclusivas...

tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Mañán, pleno do Concello, o día 30 de xullo de 2008...

¡NON FALTEDES AO PLENO! ¡TODOS OS VECIÑOS DEBEMOS ESTAR ALÍ VENDO COMA OS NOSOS POLÍTICOS LOITAN OU NON POR TODOS NOS!

No salón de plenos do edificio sociocultural da Ramallosa ten lugar o Pleno do concello. Trátase da sesión ordinaria que se realiza de xeito habitual o último mércores de cada mes.

marta dijo...

ai tsstdt!
que seica son ti!!!!
agora dinche que te tumbes no "teu sofá" (creo que se refiren ó do psicólogo) e que deixes que te traten.....
non deben saber (ou crer, ou querer crer, ou querer que crean) que ti non es eu, que eu non son ti....... que iso de acurdir ó psicólogo non o puxen como autoterapia, que eu teño moitos defectos, pero o da mentira déixollo para outros......
que o que precisa tratamento non son eu.... (pero iso eles xa o saben tamén)

ben, o dito que iso de "nena" tamén ía por ti, eh???

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

Moi ben dito Marta, estes lerchos que sigan pensando o que queiran... que total, a este ritmo, nin entre eles vanse crer as suas mentiras...

Eña un saludiño Marta

Pd. Seguen sendo uns cobardas, que non se atreven a escribir aqui :)

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

"DE MAMARRACHOS Y MAMARRACHADAS"

Un comentario anónimo en...

http://tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com