retranca: habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha gracia intencionada no que se di

jueves, 11 de septiembre de 2008

a todos os ilustres e ilustrados do coñecemento do voto alleo

lembrar: ter presente na memoria [algunha cousa]/ volver ter na memoria nun momento determinado [unha cousa]/ facer pensar en [unha cousa ou persoa do pasado]/ facer que [alguén] se acorde de [algo] / ter presente na memoria [algunha cousa]/ volver ter na memoria nun momento determinado [unha cousa]
a todos os que carecen de ocupación e no seu tan longo tempo libre se dedican a meterse cos demais; a todos os que, non carecendo de ocupación, son tan inútiles realizando a mesma (e probablemente tódalas demais) que axiña se abuurren das súas tarefas e se adican a meterse cos demais.
A FAMILIA PORTELA (Ó COMPLETO) COLABOROU COA MÚSICA NA NOITE DURANTE TODA A SÚA EDICIÓN ANTERIOR, lémbrovos que daquela NON GOBERNABA O BNG. A FAMILIA PORTELA FORMA PARTE DA ASOCIACIÓN LÚA CHEA, XA DENDE A ANTERIOR EDICIÓN DO FESTIVAL. Lémbrovos que daquela NON GOBERNABA O BNG. A FAMILIA PORTELA ALÉGRASE DE QUE VOLVERA MÚSICA NA NOITE, aínda que - a pesar de - ademais de - gracias a, (e tódalas expresións que lle queirades poñer diante) agora goberne en Teo o BNG.
lembrar tamén que A NINGÚN MEMBRO DA FAMILIA PORTELA LLE PEDIRON NUNCA XAMAIS UN CARNÉ DE AFILIACIÓN A NINGÚN PARTIDO POLÍTICO PARA FORMAR PARTE DE NINGUNHA DAS ASOCIACIÓNS NAS QUE Ó LONGO DA VIDA DE CADA UN DOS MEMBROS DA FAMILIA PORTELA FORMARON PARTE, incluída a Asociación de Teenses pola Igualdade.
miña irmá Margarita, por exemplo, 'esa' que traballa no concello, cédeme (por ser aludida non comentario doutro blog) a lista de asociacións ás que pertence, así como as cuotas que paga en cada unha delas:
-Lúa Chea, cuota=0 euros. non lle pediron afiliación política algunha
-AGAFI, cuota= non lla cobran porque colabora como voluntaria, traballando como mínimo unha tarde por semana para a asociación. non lle pediron afiliación política algunha
-Médicos Sen Fromteiras, cuota=50 euros cada 3 meses (200 euros anuais). non lle pediron afiliación política algunha
-Teenses pola Igualdade. cuota=non paga a mínima, senón 50 anuais. Non lle pediron afiliación política algunha
-Asociación de Mulleres Rurais de Teo. cuota=12 euros ó ano. non lle pediron afiliación política algunha
lembrar, ademais que non só as fillas do carpinteiro Portela estiveron traballando para que volvese Música Na Noite, senón que tamén a súa muller e os seus netos colaboraron, e no hai que desmerecer o seu traballo, xa de poñerse a nomear a persoas concretas, FACEDEO BEN (aínda que sexa o único que logredes facer ben ó longo das vosas vidas).
lembrar que o que fixo nas noites do festival o carpinteiro Portela foi o mesmo que nas edicións anteriores (cando non gobernaba o BNG, nen o PSOE) de Música na Noite foi ocuparse da parrilla (algo que, por certo, non fai só nesta festa); do mesmo xeito que cortaba a carne a mesma persoa que o fixo nas edicións anteriores, e servían a carne as mesmas persoas que nas edicións anteriores (ás que lles hai que sumar os netos do carpiteiro Portela, que daquela, ou non naceran, ou non lle chegaban ás táboas que exercían de mostrador).
o carpinteiro Portela segue sendo socialista; a pesar de ser a súa filla, non coñezo o que alberga o sobre que emprega para exercer o se dereito ó voto cada vez que hai eleccións, pero como aínda non son xorda, oioo falar a miúdo, e como aínda non son roxelo, ademais de oílo, escoitoo, e saco as miñas propias conclusións. é por iso que sei que segue a ser socialista, e que lle segue a gustar falar de política, e probablemente lle gustaría seguir participando da mesma: MÁGOA QUE EN TEO XA NON HAXA GRuPO POLÍTICO QUE SE CORRESPONDA COAS SÚAS IDEAS (AS SOCIALISTAS) PARA PODER FACELO......
ata o de agora ó carpinteiro Portela ninguén lle impedira ter compañeiros e/ou amigos doutros grupos políticos, dende o PP ata o BNG (e máis); ninguén lle impediu colaborar naquelas actividades coas que estaba de acordo, estivesen tinguidas dunha ou doutras cores, nen a súa participación en tales actividades lle provocou xamais un cambio nos seus valores e/ou ideais políticos.
só agora, os que se din herdeiros do sentimeto revolucionario do 68, das liberdades, os que tanto enchen a boca con plabras como democracia, intentan censurar os seus actos e os de tódolos membros da súa familia. eu enténdoos. a impotencia (dende a física ata a intelectual) adoitan provocar actuacións impulsivas naquela xente que as padece, tras perder a un ser querido, tras perder un posto de traballo desexado, tras perder un sillón.... con todos os postos que un sillón pode arrastrar.... é normal que a impotencia (repito, física ou intelectual, ou ámbalas dúas) fagan buscar a felicidade que un considera roubada na desgracia allea.... cando un xa non ten forzas, nen ousadía para intentar mellorar como persoa, como traballador, como amigo (etc), só lle queda o camiño de desprestixiar ás outras persoas, traballadores, amigos (etc), para poder sentirse, aínda sabendo que se trata dun sentimento baseado na ficción, un pouco mellor que 'algún alguén' en 'algo'.
hai unha cousa que non entendo (ben , en realidade hai moitísimas máis, pero en relación a ese comentario que NOS deixaron no blog de taménsomossocialistasdeteo): se o autor de tal comentario é tan coñecedor das costumes dos Portela que 'sabe' que a 'filla que traballa no concello' é do BNG, como non sabía que toda a familia colaboraba no festival xa dende a anterior edición?? será que non é de Teo e non era coñecedor do festival?? ben, quizais, simplemente sexa tan novo/a que daquela non dera para máis entendemento.... ou non se lembre (pero digo eu, que se xa sabe empregar un ordenador, agora xa tería que ter máis entendemento, non?)
sen dúbida, o que se merece este gran 'avistador' que tantas cousas mirou no festival é un premio ben gordo, pola súa madeira de sufridor/a..... porque xa ten mérito pertencer a un grupo que se alegra de que arrinquen as pancartas que anuncian o festival, poñerlle veliñas e rezarlle ós santos para que chova os días do festival (a que escribe chegou a escoitar a frase: "oxalá lles chova toda a tarde e toda a noite" dalgunha xente), e despois ter que pasar polo mal trago de acudir a esa festa de 'traidores'.....
os bicos á bandeira, a verdade é que non sei se alguén llos deu. eu teño ben claro quen son e de onde (e non me meto nos problemas e carencias de identidade dos demais), sen ter que bicar bandeiras para saber iso.
e xa que estamos falando do festival, engado que hai algo que pode mesturar ó festival ca política e que aconteceu no festival, co que non estou de acordo: e é o feito de que subise a falar da volta do festival un membro do goberno local; así como lle agradezo a este goberno que traballase pola volta de Música na Noite, tamén lles diría que ese foi un acto que me sorprendeu de forma non grata; pero ese, se tivera sido con intencón política, sería a única influencia da política ó longo dos dous días, xa que as bandeiras, xa estaban aí nas edicións anteriores (cando non gobernaba en Teo o BNG)
pd.: a próxima vez que botedes de menos un comentario no meu blog, non tedes máis que dicirmo, non fai falla que vos fagades mala sangre inventándovos cousas sobre a xente, que para iso están os programas dos famosos.

jueves, 31 de julio de 2008

lo tuyo es puro teatro

pantomima: representación teatral na que os personaxes non se expresan con palabras, senón con movementos e xestos. / acción ou actitude finxida para enganar.
simbiose: asociación moi estreita entre dous seres de distinta especie, de xeito que ámbolos dous tiran proveito deste estado para o seu propio desen-volvemento. / asociación estreita entre persoas, cousas ou organismos, de xeito que se proporcionen beneficio mutuo.
non é por predilección miña que vos queira impoñer o tema do teatro unha e otra vez.... son as circunstancias as que mandan.... así que, véxome na obriga dedicirvos que: 'comenza a fundación'!!!
eles xa publicaron a peli en "versión 'orixinal'" (é dicir, a súa versión); eu intentarei traducir para a xente de a pé....
desta vez, só mencionarei a unha persoa, aúnica importante neste pleno: o guionista. hai que ver como traballa o guionista do concello; a este señor habíalle que dar un Óscar mínimo, porque facer que da boca do señor Armando saian determinadas palabras (aínda que as teña que ler) xa ten o seu mérito.... iso si.... aínda que eu falo castrapo máis que galego, intento na escrita esforzarme un pouquiño máis, así que me vou permitir o LUXO de dicirlle a este guionista, polo demais, ousado, que NO GALEGO NON SE EMPREGAN TEMPOS COMPOSTOS (fágase partícipe deste consello calquera outro guionista que así o considere preciso); xa que tantas clases dan por aí de normativa galega, voume sumar eu a iso da ilustración (que a min non me gusta nadiña o de "grazas", o da "z" por 'doquier', pero éche a normativa, e os que a defenden antes deberan informarse do que a normativa di).

como dicía, tivo unha gran intervención o señor Armando no pleno.... ou unha tras outra máis ben; o malo é que pasou de facer rir a provocar vergoña allea, e de aí, a dar pena.

sen dúbida a palabra do día foi a de "chiquilicuatre".... "chiquilicuatre" con todo o respeto, claro; "carallo" con todo o respeto; puido dicir 'eres un gilipollas, pero con todo o respeto'.... bueno, gilipollas non, pero 'burros' sí que lles chamou ós señores do grupo de goberno municipal.... só iso: como é moi respetuoso, non lles dixo iso de "que jeta tedes", esas son expresións vulgares que só empregan os aldeáns do bng.

e aínda lle di a Martiño que "a silla de alcalde lle queda grande".... e como non lle vai quedar grande, se estaba feita a medida do anterior (con todo o meu respeto).

o único bo que fixo señor Armando neste pleno foi recoñecer públicamente que as "súas mocións" veñen impostas polo partido.... para iso cobran unha dedicación exclusiva: para adicarse a non facer nada.... bueno, nada non, que len as mocións propostas pola directiva do partido dende fóra do concello

veuse ó longo da obra que a filosofía do psoe de Teo sobre a normativa de convivencia (esa de "esa normativa é boa porque a teñen outros concellos") callou nos demais grupos políticos da oposición, e agora resulta que ter un concello endeudado non é un problema polo simple feito de que hai moitos concellos que están endeudados.... senón todos.... pois moi ben!! logo teremos que quitarlle importancia a eses tres millóns de euros vermellos. e ós cartos tan ben gastados en viaxes a Tenerife (incluso fletando dous avións o mesmo ano por terlle feito a promesa da viaxe a xente que non se anotou dentro das datas pevistas e quedaron sen sitio), en comidas para os maiores (iso si son ctividades culturais para tódalas cores e tódalas idades!!), en parques de skate ou en firmas en cheques, que mirade se foron ben empregados que agora ninguén os recoñece como propios!

nada, que a este concello lle pasa coma a min: que a rica non chego e como pobre estou ben situada.... e seica o concello está ben situado así, con tres millóns de euros en débedas....

non sei nen para que se fan plenos, co ben que o deixaron todo os anteriores.... ai! espera.... si.... xa o sei.... os plenos fanse para que se entreteñan os do psoe de Teo.... seica na última asamblea deberon dicir: "todos ó pleno", e alá foron todos (e aínda así non o encheron). o que non dixeron é se ían a ver qué ben lía Carlos Rego ou se só ían para asegurar a reportaxe fotográfica do gran evento.

en realidade o señor Rego non só sabe ler, senón que foi o único do psoe de Teo que, ademais, falou. os demais membros do grupo ós que se lle oeu a voz neste pleno ou leron ou reproduciron o que lle dicían polo 'pinganillo' (canto xogo dá esta palabra!).... e aínda fixo unha cousa mellor que falar, e foi a de ausentarse do pleno antes de ter que participar da pantomima.

neste grupo teñen a imperiosa necesidade de que lles digan que "non" a algo para facerse as víctimas; así que levan a pleno asuntos que saben que NON SON DE COMPETENCIA PLENARIA; asuntos que xa se lles dixo que non eran de competencia plenaria, pero que podían ser falados, debatidos e discutidos en "rogos e preguntas"; o que pasa é que o señor alcalde xa lles aclarou que coa maior parte do contido desas "dúas mocións de urxencia" estaban de acordo, e claro, non lles intersa levar a pleno un asunto e que o grupo municipal estea de acordo con eles, o que queren é que estean en desacordo para poderse laiar.

e, por sorte, son xente precavida e xa levaban o 'texto protesta' preparado; así a señora Sandra non tivo que improvisar (a afonía do señor Leis impedíalle improvisar a el) e puido dicir de correctísima maneira que 'este goberno é dictatorial e que eles son hipermegademocráticos e por iso se ausentaban'. tantos anos protestando contra o goberno do señor Armando Blanco.... parece mentira que non se lles ocorrera antes isto de ausentarse do pleno en forma de protesta ante as maneiras do anterior alcalde.... ou será que realmente todo iso lles importa ben pouco??

tamén por sorte, a casualidade fixo que algúns dos asistentes levaran cámara de fotos ó pleno, e hai probas gráficas do que alí pasou.... da 'levantada' (dirase así o contrario de 'sentada', digo eu).

ese "veuse obrigado a abandonar o pleno para expresarse formalmente", referido ó grupo socialista de Teo e á súa actitude no último pleno (blog socialista de Teo) quere dicir, "veuse obrigado a abandonar o pleno para tapar o ridículo feito coa eliminación da moción tan anunciada e retirada porque estaba mal plantexada" (parece mentira, verdade? co listos que son todos e tanto que saben de legalidade, co ben que fan todo sempre, que anunciaran con bombo e platillo a súa moción sen informarse antes sobre se a poderían levar a cabo.... claro, como despois é doado queixarse de amputación en vez de RECOÑECE-LO ERRO....). porque estiven alí e vin claramente que non se lle obrigou a ninguén a abandoa-lo pleno; e porque o lugar para expresarse formalmente sobre os asuntos do concello é o pleno, non o bar de enfrente ó lugar no que se celebra o pleno.

vexamos pois, resumo do pleno: como sair en primeira plana sen gañar unha copa?? primeiro: facer unha proposta de NON competencia plenaria; segundo: recibir o aviso de que o asunto non é de competencia plenaria; terceiro: insistir na proposta pero xa ante público previamente avisado, porque os superheroes poden con todo, tamén coa lei; cuarto: levar preparado o 'kit espíritu do 68', que consta de texto protesta, 'grupis' con axendas apretadas o resto do ano, cámara de fotos (alomenos unha por cada dous grupis, de non ser posible, levar grupis con retentiva gráfica que posteriormente narren o acontecido).... píódense engadir pancartas ó 'kit espíritu do 68', pero quizais estas evidencien a intención anterior incluso á propia proposta de moción de urxencia, así coma dun ensaio previo á posta en escea; para quen non entenda: é posible que a pancarta faga que o acto en cuestión perda a espontaneidade que, sen dúbida, este si tivo).

noutras condicións diría que está moi ben que a xente nova teña esa capacidade de sentirse "revolucionario", pero esta pantomima é máis propia do señor Rajoy en simbiose con unha asociación moi concreta de 'víctimas do terrorismo', ou en simbiose coa iglesia católica apostólica e romana, ou en simbiose con calquera outro que lle dea unha excusa para pintar unha pancarta; xa se sabe que agora a 'dereita de centro' non ten escrúpulos para sacar á rúa o seu polo rosado a protestar (dá igual o tema).... dende que aquel ó que lle chamaban "pancartero", ou algo así, gañou unhas eleccións, eles recurren ó acto que noutra época despreciaban......

esta 'dereita de esquerda' que temos en Teo, dirixida pola man firme do señor Jano Leis tampouco dubida en emprega-lo 'kit espíritu do 68' nun ataque de sentimento revolucionario.... mais eu penso que a revolución mal empregada ataca á revolución. as revolucións, como as manifestacións, perden sentido se se empregan mal, en momentos non necesarios, porque cando fagan falla ninguén crerá nelas.

outro exemplo de revolución mal empregada no pleno: a votación do grupo socialista de Teo na moción presentada polo partido popular sobre as "fundacións". cando sabes que o teu voto é decisivo, posiciónate. se sabes que absténdote o punto sairá adiante (6 pp + 1 inteo = 7; 6 bng=6; 7>6), posiciónate a favor xa dende un principio; non contes o conto de que estás en contra, a menos que se lle engada un cambio á proposta feita se, unha vez que se vota a proposta sen facerlle ese cambio votas de xeito que a votación saia favorable á moción. se, sabendo o que acontecerá coa túa abstención te segues abstendo porque en realidade che importa ben pouco que saia ou non adiante, non te metas en política. nesta votación enganaron ata 'ós seus', que dende a tribuna auguraban un voto en contra.... así quedaron tras a abstención, nun silencio coma 'a copa dun carballo', que será menos alta que a dun pino, pero máis ancha que Castilla.

ante o medo de que o teatro se enchera, prepararon ben a 'fundación' (redios, que me pasará hoxe con esta palabra, que non me sae ó dereito!).... e imaxinade qué ben o farían que ata os seus, os 'familiares', que normalmente son os que aplaudan saia como saia a obra, marcharon.... (en sinal de apoio á protesta?? máis ben porque a soedade é o que ten, fai fuxir á xente)

aínda que se foron, todos os tivemos moi presentes ó longo da lectura da lista de 'rogos e preguntas': o máis emocionante desta parte, que o señor Armando e o señor Parajó protestaran de forma conxunta porque moita xente de fóra do concello usa as piscinas municipais sen que se lles cobre nada!!! despois de ter botado abaixo a tentativa do grupo municipal de normalizar o uso das instalacións deportivas e o cobro polo mesmo á xente de fóra do cocello!!! será que O GUIONISTA cometeu un erro ó facerlles ler ese punto??

pd.1: quizais a maneira primeira de reducir gastos sexa: eliminar as dedicacións exclusivas para os grupos da oposición que NUNCA houbo en Teo (máis seguía habendo grupos na oposición aínda que non cobraran por elo), concello que non se pode comparar ós limítrofes posto que non teñen as mesmas cantidades nas súas arcas (entre outras cousas), e eliminando o pago da asistencia a pleno (tanto ós plenos ordinarios coma a eses centos de plenos extraordinarios que propoñen os mesmos que despois TEÑEN A JETA de dicir que teñen propostas para reducir os gastos do concello).

pd.2: faría Jano folga de lingua caída ata que sexa alcalde tamén en xeito de protesta??? ai, señor.... estarei soñando??? igual son só 'problemas internos'....

martes, 22 de julio de 2008

música na noite

volve a Calo música na noite......
despois de máis dunha década.... dise por aí que vale máis tarde que nunca....
na época na que naceu Música na noite, o folk e a música tradicional para a maior parte da xente non eran máis que un vello nunha aldea tocando a gaita de mala maneira....... Carlos Núñez aínda non levara as notas dese instrumento polo mundo adiante cos Chieftains, senon que andaba por aquí, precisamente por Música na noite, tocando con Matto Congrio; tampouco Mikel Oldfield se apoderada dos sons de Luar na Lubre....... vale que Milladoiro xa eran Milladoiro aquí e na China, pero a maior parte da música que se facía en Galicia era, para os propios galegos "gaiteiradas" (sabedes que é o ton despectivo?? pois engadídello a esta palabra neste contexto).
había uns poucos festivais en Galicia que trataban de manter e dar a coñecer este tipo de música, pero nen á xente nova se lle pasaba pola cabeza montar un grupo folk, nen había un mercado no que desenvolverse....
e aquí, ó lado da casa, tiñamos un deses poucos festivais.... pero claro, só se trataba de 'cultura nacionalista', é dicir, 'banco de votos para a esquerda nacionalista, é dicir, criadeiro de terroristas, que aínda por riba se emborrachaban (non coma nesas grandes festas patronais, ou verbenas de orquesta, nas que só se venden gaseosas, nen nas grandes comilonas, nas que só se serve zume...'. algo semellante a esto é o que se me ocorre que pensan/pensaban todos aqueles que non están/estaban de acordo con que se celebre/celebrara este festival.....
daquela fíxose o imposible por que Música na noite tivera un fin próximo.....



.......... este ano, volve Música na noite

dirán que calquera que colabore con este festival é nacionalista, ou amigo de Martiño, ou busca un favor do concelllo......

a asociación Lúa Chea non lle pide a ninguén carné de militante (de ningún partido) para facerse socio, nen para asistir ó festival, nen para colaborar con el........ non llo pideu nunca; é por iso que da asociación Lúa Chea formaban parte persoas con diferentes ideas políticas..... ou con ningunha idea política feita pública....
non será isto o que se diga...... e eu "serei nacionalista "(unha vez máis) por 'facer propaganda' desta festa, como xa o fun por dar a miña opinión sobre outros temas...... a mentalidade dalgunha xente non dá para máis: ou branco, ou negro; ou estás conmigo ou estás contra min.....

non sei se é a mesma xente que hai anos non apoiaba Música na noite a que agora se adica a arrincar dos pasos elevados as pancartas que anuncian o festival; sexan esas ou outras 'persoas novas', dicirlles que acudan sen medo ó festival, que os que tocan non son amigos do alcalde, que a festa é para xente de tódalas idades e tódalas cores políticas (non coma insinúan por aí os que comparan as actividades culturais que comeza a haber en Teo coas que NON había cando gobernaba o señor Armando Blanco, sinal de que acuden óa actos realizados na actualidade, para ter tanta información....).
vanlle vender de beber e de comer sexa do Barcelona ou do Madrid, vai poder aparcar igual que os do Sevilla, e terá posibilidade de bailar na herba, ir mexar e pedir 'outra' coma os siareiros do Bilbao.... outra cousa é que non queira ir....... pero se é así: lembrar de novo que AS NOSAS LIBERDADES REMATAN ONDE COMEZAN OS DEREITOS DOS DEMAIS..... e se o veciño do lado pode colgar unha pancarta anunciando que deixou preñada á da porta de enfrente e se casan, este festival pode ser anunciao no mesmo lugar público; se considera que non é lugar axeitado para poñer propaganda, que o denuncie, que iso de 'ir de avogados' está de moda....

rematando..... agradecerlle ó Concello que apoie a recuperación de Música na Noite, polos esforzos feitos para sacar adiante este reencontro, en colaboración coa asociación.... e dicir que me gustaría que a partir do ano que ven, a asociación Lúa Chea recuperase forzas e de novo poidese facerse cargo de toda a organización do festival....

lembrar que NON É OBRIGATORIO ASISTIR ÁS ACTIVIDADES ÁS QUE NON SE QUERE IR, SÓ PARA ANOTAR QUEN VAI OU NON, A QUEN LLE GUSTA ESA 'MÚSICA NACIONALISTA' OU NON, QUEN MEXA POR FÓRA OU NON


miércoles, 2 de julio de 2008

lectura conxunta: gaceta do psoe de Teo*

inxenuo: que ten excesiva confianza nos demais e na súa boa intención, e que el mesmo actúa de boa fe [persoa]. Demasiado inxenuo para ser político (exemplo do diccionario, non meu) ./ cándido, miñaxoia, pánfilo./ que manifesta esa actitude ou calidade. / inocente







lin hai pouco un comentario no que se insinuaba que "alguén" lle tiña medo á gacetiña do psoe de Teo.... que eu saiba, os únicos que lle teñen medo á letra impresa son os "queimadores de libros".... aqueles que pretenden que os demais non lean, non vaia ser que teñan ideas, que saquen conclusións.... ou aqueles que censuran, non vai ser que as letras lles saquen a razón (da que case sempre carecen)....




o tridente.... como as partes incomprensibles da 'santísima trinidade', tres. acontece que dos tres grupos da oposición, un xuntou cartos e inxenio para 'editar' un folletiño coas súas 'ideas políticas'.... e entre as súas ideas políticas hai unha que consiste en considerar a quen non lle segue o xogo sucio como tránsfuga e a empregar e eses supostos tránsfugas para inventarse novos tridentes e coalicións segredas....

acontece tamén que hai coalicións ocultas e perversas se se vota a favor do grupo municipal; pero cando todos votan en contra do grupo municipal non é porque se reuniran en segredo os grupos que pretenden/pretenderon nalgunha ocasión a moción de censura, nen que haxa antes de cada pleno 'reunións' nas que se poñen en común as votacións para os puntos do día, senón por 'sentido común'....


que acontece, pois, con todos os puntos nos que o pp, o psoe e inteo votaron igual (a maioría, por certo), ou votaron de xeito que as propostas non sairan adiante (coa negativa duns e a abstención dos outros)? resposta lóxica que se le entre as liñas rectas da gaceta dos socialistas de Teo: son froito do sentido común, sen máis. resposta lóxica segundo o sentido común: son froito dalgunha 'posta en común' entre psoe de Teo e pp de Teo.



vólvese a falar na gaceta do PXOM; volvemos a falar logo aquí do PXOM: é certo que no pleno no que se tratou o asunto do PXOM o partido socialista de Teo lle falou ó grupo municipal das súas consultas a avogados que 'certificaban' que de pedir a volta do PXOM non se tardaría máis de 5/6 meses en solucionalo todo..... por certo, esa información presentárona directamente en pleno, sen pasala por comisión, para causar un impacto maior nos asistentes ó pleno, supoño, e chamar a atención dos mesmos (así coma do resto de concelleiros) sobre o seu gran saber e a súa profunda preocupación en que as cousas no concello saian ben.... 'aínda que sexan outros os que manden'.... sen embargo, meses antes, non dixo o mesmo Jano Leis nunha das asambleas socialistas, cando pensou en voz alta aquilo de que a ver se a Xunta aprobaba axiña o plan, antes de que eles gañaran as eleccións, porque xa non había marcha atrás, e se gañaban as eleccións (meus pobres!!!) con ese asunto a medias ían ter un gran problema....



como ben di a gaceta, uns erre que erre con taxas e ordenanzas que non había feitas.... (e claro, unha de convivencia cidadá é urxente, porque xa a teñen moitos concellos en España.... outras que regulen o funcionamento/uso dos servicios públicos, ruídos, vallas publicitarias, augas e sumidoiros.... esas, aínda que noutros concellos funcionen dende o principio dos tempos, non nos fan falla porque en Teo somos o suficientemente responsables como para vivir e pagar respetuosamente o noso sen molestar ós demais....); outros, erre que erre con asuntos que xa están en marcha (concesión de terreos ASPAMITE, máis policía para o concello).... como será que lucen tanto as propostas feitas polo partido socialista de Teo cando son as mesmas que fixeron outros antes e que os mesmos socialistas se encargaron de que non sairan adiante? será que lles votan o verniz este que empregan nas pastelerías para que os croissants de onte parezan de hoxe?



sen dúbida, Teo debería estar gobernando polo psoe de Teo, así sacarían adiante rúas e beirarúas poñendo cartos do seu peto.... como se entende senon que pretendan trasladar a Gran Avenida a Rarís sen tocar cartos doutros lados? cartos que, por certo, non se ían quitar de ningún proxecto non realizado, senón daqueles proxectos xa feitos con outra partida orzamentaria, ou que xa non se van realizar por incompatibilidade con terceiros proxectos....



agora chega o momento de introducir o termo 'miñaxoia, cándido, pánfilo....': pluralidade ideolóxica NON é falar en inglés!! nen sequera é 'saber latín'.... que entende o grupo socialista de Teo por pluralidade ideolóxica?? se non lembro mal son eles os que levan tempo asociando 'nacionalismo' a 'terrorismo'...., 'galescola' a 'nacionalismo radical', 'pluralidade ideolóxica' a 'bandeira de España' (debería ter a bandeira de Teo aguilucho??).... e estas son ideas bastante extendidas, pero ata o de agora só as escoitara de voces da dereita.... e dereita e pluralidade ideolóxica.... debe de residir aí iso da 'pluralidade ideolóxica': ideas que en Teo defenden tanto os da dereita como os que queren pasar por esquerda....



hai máis cousas que non me encaixan moi ben.... tránsfuga non significa 'ter ideas propias', nen 'non acatar as ordes sectarias do dictador'.... hai xente que pensa por si mesma, e iso é o que lle fastidia tremendamente a outra xente acostumada a que a sigan a cegas, a que lle deixen facer e desfacer sen criticar nen valorar se as súas palabras e/ou os seus feitos son os correctos, sen cuestionalos.... a cegueira é un problema ben grande, que nada ten que ver co órgano dos ollos, senón coa carencia do sentido de interpretación por parte do cerebro....


exemplo de interpretación confusa:

lendo os titulares da gaceta sobre os transxénicos a idea primeira que un lector interpreta é que negando os transxénicos o grupo municipal fai mal.... menos mal que me dou por ler a noticia enteira e vin que, ó fin, o grupo socialista de Teo apoiou dito punto (e ademais "por suposto" que o apoiou.... se é algo tan evidente que deba ser así, por que tanta volta se lle da ó feito de que o bng fixera dita proposta?); unha proposta ha de ser orixinal ou funcional para ser aprobada? porque o que se interpreta deste texto é que ó goberno lle falta orixinalidade nas súas propostas.... non sei, poderían empezar a propoñer que se estableza en Teo a primeira granxa estatal de elefantes mariños, ou que ós plenos os concelleiros deban ir vestidos todos da mesma cor, de pés a cabeza, e cada mes dunha cor diferente.... iso si serían boas medidas (por orixinais), e non as taxas e regulamentos e ordenanzas (funcionais de merda).




pero como todo neste mundo, a orixinalidade ás veces tamén depende dos ollos que a miren.... isto na actualidade pasa ata coa información!! explícome: se alguén di que 'o goberno local se nega a construir unha gardería se esta non é unha galescola', non está mintindo, nen sequera manipulando..... sinxelamente: é orixinal.... ou alomenos agardo que con esta afirmación o(s) autor(es) desta gaceta pretenderan ser orixinais, xa que o que acontece é que o goberno local NON TEN CARTOS para sacar adiante unha nova gardería (CONSTRUCCIÓN, PERSOAL, MANTEMENTO....) e , se se contruira, tería que depender da Xunta, que, casualmente (sendo o presidente, nen máis nen menos que socialista!!!) ten un plan de garderías cimentado nas GALECOLAS.... é por iso que tería que ser unha galescola (por outra banda, un perigo público, criadeiro de terroristas e homes-bomba-lapa) .



ben, non vou ir pedir seriedade a onde sei que non a hai.... cando os asuntos se levan a pleno é para ser debatidos e votados, non para retiralos porque a un grupo non lle guste que saian adiante; se a dito grupo non lle gusta que saian adiante, o que ten que facer, sinxelamente, é votar en contra.... claro que ás veces isto é un compromiso, porque un se ve na obriga de votar en contra de cousas que sabe que o pobo quere, ou en contra de puntos que pretendían propor eles máis adiante para quedar ben.... e claro, como votas en contra diso?? corres o risco da incoherencia, ou o que é peor para un partido: quedar mal!!!




chegando o final non podo perder a oportunidade de dar as gracias, gracias , gracias, (etc varias veces) ó señor Jano Leis, porque por el, e só por el, haberá un novo campo de herba artificial para o concello.... nada teñen que ver as axudas exteriores, nen que se presentaran as solicitudes para tales axudas, nen bla bla bla bla.... é gracias ós seus contactos que haberá en Teo un novo campo de herba artificial.... gracias ás súas reunións (oficiais, por suposto), que mil voltas lle dan ás reunións que o señor alcalde apunta na súa axenda e despois non fai.... gracias de novo, heroe!! como é posible que os mortais teñamos dereito a ver, tocar, escoitar a seres coma este??




'veracidade, obxectividade, claridade e transparencia'.... volvamos ós pánfilos.... imos ver!!! quen é quen de insultar de tal xeito e 'quedar tan ancho-a'?? hai máis transparencia nas miñas opinións que na 'súa información'....

está moi ben que proxecten as súas ideas e as súas opinións a través de papel escrito, pero, por favor, que non nos fagan parvos intentando vender que 'ese escrito' está libre de prexuizos e opinións e que tan só é información, veraz, transparente, OBECTIVA(!!!!!)




* lectura conxunta entre o blog de taménsomossocialistasdeteo (é dicir, dos que 'envexan a Jano' segundo as malas linguas.... non sei se os seus ollos azuis turquesa, a súa estatura titánica, a súa elocuencia demagóxica ou a súa figura grega....) e osmentirososcompulsivosvisitanopsicologo